Remata a 5ª temporada de Onda Ti gravada no noso estudio de Emilia na Onda e nos espazos do colexio. Neste último programa do curso poderedes escoitar en primicia os audios das diversas seccións do programa. Preparados para desfrutar de máis 90' de radio?
venres, 21 de xuño de 2024
Onda Ti edición verán
xoves, 20 de xuño de 2024
Compartimos coñecemento
A radio na biblio
Presentamos os podcast que realizou o alumnado e profesorado dos grupos de 5º de EP xunto co equipo de Laboratorio de radio, dentro do programa Radio na Biblio.
Este traballo coa radio como medio serviulle ao alumnado para desenvolver o traballo en equipo, diversos contidos do currículo das diferentes áreas, procurar información, analizala, transmitila, pero sobre todo para gozar facendo radio xuntos desde o colexio. Grazas a todas as persoas convidadas que colaboraron no desenvolvemento destas pezas e parabéns para o alumnado, profesorado e ao equipo de Laboratorio de radio.
mércores, 19 de xuño de 2024
Un verán entre as follas
luns, 29 de abril de 2024
Así foi a semana do libro
xoves, 25 de abril de 2024
Obradoiro de Lectura e familia
Dores Tembrás achegounos hoxe na biblioLab á poesía en familia a través do obradoiro "Recortando palabras que son paxaros", co que conseguiu que compartísemos a tarde nenos/as, familias e profesorado. estas son algunhas mostras do ben que o pasamos esta tarde...
xoves, 18 de abril de 2024
Semana do libro
A próxima semana celebraremos que o próximo 23 de abril celébrase o Día do Libro, por este motovo nos espazos da biblioteca desenvolveremos diversas actividades de conmemoración deste día.
venres, 12 de abril de 2024
Axentes forestais no centro
O xoves 11 de abril visitáronnos axentes forestais da Consellería de Medio Rural, que nos falaron sobre o seu traballo e tamén concienciarnos no coidado dos nosos montes e bosques. Ademais da charla que tivemos na biblioLab para o alumnado de 6º de EP, tamén puideron visitar e aprender sobre o funcionamento da motobomba e o equipamento persoal necesario dos bombeiros forestais para a extinción de incendios. Algúns dos momentos desta xornada...
venres, 22 de marzo de 2024
Onda Ti versión primavera
Programa que coincide co inicio da primavera e coa semana da poesía no que aproveitamos para publicar diversos produtos sonoros que se foron gravando no estudio de Emilia na Onda ao longo do trimestre.
Encontro con Antonio Sandoval
mércores, 31 de xaneiro de 2024
Alto ao lume!
venres, 26 de xaneiro de 2024
Os bosques submarinos
xoves, 21 de decembro de 2023
Onda Ti nas ondas
Iniciamos unha nova temporada de Onda Ti, e xa imos pola quinta! Neste programa, no que publicamos moitos dos produtos radiofónicos que imos producindo durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, atoparemos seccións tradicionais desde hai un lustro e que continuamos coas vosas voces.
mércores, 20 de decembro de 2023
Historias para descubrir os bosques
Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade e por estar relacionados co PDI "Paisaxes encantadas", lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén obras de ficción dixital que nos parece interesante que sexan coñecidas
luns, 27 de novembro de 2023
Logotipo de Paisaxes Encantadas
Hai unhas semanas convocamos un concurso de ideas para definir a imaxe que identificaría ao proxecto de Paisaxes encantadas durante o curso. Tras unha decisión moi difícil pola calidade das proposts recibidas por parte do alumnado este foi o deseño escollido realizado por unha alumna de 5º de EP. A continuación tedes todos os logotipos recibidos.
Obradoiros do PDI Paisaxes encantadas
A semana pasada comezaron os obradoiros do PDI Paisaxes encantadas, nas que poderán participar todos os cursos do centro. Estes desenvolveranse nos espazos da biblioteca, para tratar de achegarnos, a través de diversos recursos aos bosques e montes de Galicia, por medio actividades de procura de información e consulta de diversas fontes, tamén acompañadas doutras actividades relacionadas coa parte máis creativa da biblioteca, co que combinaremos a formación de usuario na procura e tratamento da información coa creatividade do alumnado.
xoves, 9 de novembro de 2023
Primeiras achegas da procura inicial do PDI Paisaxes encantadas
O pasado mes de outubro chegaron ás aulas unhas caixas sorpresa, que tiñan unha mensaxe solicitando a súa axuda para recuperar a flora e fauna dos bosques e montes, ademais dalgunha mostra, con esta proposta as aulas poñéronse mans á obra e aquí tedes o primeiro produto desta investigación. Fermoso vídeo da aula de 3ºB de Educación Primaria.
luns, 6 de novembro de 2023
Sinal de identidade
Como ben sabedes temos unha misión, que é recuperar e coñecer os nosos bosques e montes. Por iso queriamos pedirvos que, para dárlle unha imaxe ao proxecto coa que idintificaremos todas as accións que desenvolvamos relacionadas co PDI Paisaxes encantadas, deseñedes un logotipo que represente os valores e o tema do proxecto.
venres, 3 de novembro de 2023
Oubeos na biblioteca
O pasado martes visitou o colexio Francisco J. Lema, de profesión veterinario e experto no mundo do lobo en Galicia. A xornada comezou cun encontro co alumnado de 6º de EP no que descubriron moitas das curiosidades que lles contou o noso convidado e a realidade do animal nos montes e bosques de Galicia, tamén puideron comprobar, con mostras e vídeos que nos trouxo, como son e como se moven os lobos.

















