xoves, 18 de abril de 2024

Semana do libro

A próxima semana celebraremos que o próximo 23 de abril celébrase o Día do Libro, por este motovo nos espazos da biblioteca desenvolveremos diversas actividades de conmemoración deste día.

No espazo da biblioteca na planta baixa de luns a venres os voluntarios/as da biblioteca desenvolverán en cada recreo sesións de contacontos dirixidas ao alumnado de 1º, 2º e 3º de EP. Nas horas de ler poderán acceder a estes contacontos os grupos de Educación Infantil.

No espazo BiblioLab haberá diversos obradoiros durante a semana:

O luns leremos unha obra de ficción dixital no monitor.

O martes e o mércores realizaremos e construiremos uns marcapáxinas personalizados.

O xoves poderedes escoller, dos libros de poesía que teredes á vosa disposición, os poemas que máis vos gustan, escribilos e decoralos na cristaleira.

O venres poderedes gravar audiolibros das obras que escollades no estudio de radio.

Tanto na biblioteca como na bibliolab poderedes escribir os vosos libros favoritos nos modelos que vos facilitaremos e que formarán parte da gran árbore que queremos montar coas vosas achegas.

Tamén celebraremos a terceira, e última, sesión deste curso da "A amizade nun libro" o xoves 25 de abril.

Esperámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario