xoves, 30 de novembro de 2023

ENRE2 EPB avanza!

O pasado mes comezamos o club de lectura de ficción dixital ENRE2 EPB, no que nos achegaremos a obras adaptadas ás idades dos nenos/as e que pola súa calidade merecen ser coñecidas e desfrutadas. Comezamos por GNOG creado por Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP. Ademais de dialogar sobre as nove cabezas robóticas que compoñen o xogo, e que teñen cadansúa historia detrás, tamén crearon o seu propio nivel do xogo, que xuntaron a aquelas imaxes que lles chamaron a atención durante a experiencia.

luns, 27 de novembro de 2023

Logotipo de Paisaxes Encantadas

Hai unhas semanas convocamos un concurso de ideas para definir a imaxe que identificaría ao proxecto de Paisaxes encantadas durante o curso. Tras unha decisión moi difícil pola calidade das proposts recibidas por parte do alumnado este foi o deseño escollido realizado por unha alumna de 5º de EP. A continuación tedes todos os logotipos recibidos.

Obradoiros do PDI Paisaxes encantadas

A semana pasada comezaron os obradoiros do PDI Paisaxes encantadas, nas que poderán participar todos os cursos do centro. Estes desenvolveranse nos espazos da biblioteca, para tratar de achegarnos, a través de diversos recursos aos bosques e montes de Galicia, por medio actividades de procura de información e consulta de diversas fontes, tamén acompañadas doutras actividades relacionadas coa parte máis creativa da biblioteca, co que combinaremos a formación de usuario na procura e tratamento da información coa creatividade do alumnado.

xoves, 9 de novembro de 2023

Primeiras achegas da procura inicial do PDI Paisaxes encantadas

O pasado mes de outubro chegaron ás aulas unhas caixas sorpresa, que tiñan unha mensaxe solicitando a súa axuda para recuperar a flora e fauna dos bosques e montes, ademais dalgunha mostra, con esta proposta as aulas poñéronse mans á obra e aquí tedes o primeiro produto desta investigación. Fermoso vídeo da aula de 3ºB de Educación Primaria.

martes, 7 de novembro de 2023

Novembro mes da ciencia en galego

E xa estamos en novembro! Como cada curso comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas da USC, investigador principal e divulgador na USC. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos. En novembro cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz. Nos meses seguintes, ata maio, pasarán os demais cursos para aprender a través de experiencias científicas.

luns, 6 de novembro de 2023

Sinal de identidade

Como ben sabedes temos unha misión, que é recuperar e coñecer os nosos bosques e montes. Por iso queriamos pedirvos que, para dárlle unha imaxe ao proxecto coa que idintificaremos todas as accións que desenvolvamos relacionadas co PDI Paisaxes encantadas, deseñedes un logotipo que represente os valores e o tema do proxecto.

domingo, 5 de novembro de 2023

GLOBETROTTERS: Salem

Last Friday, 15 members of BookLand and 15 Bookworms began our adventure, turning into Globetrotters to embed ourselves in the culture and traditions of different speaking countries. And our first destination was Salem - Massachusetts (USA). After the check-in and the passport control, we took off and crossed the Atlantic ocean in a 12-hour-trip, long enough to read a bit. We spent a terrifying time reading "Max and Millie visit the haunted castle" (BookLand) and "Halloween horror" (Bookworms), both settled in the Witch Town. We also had time to consult our travel guide and decide which landmarks we would visit. Once on land, we visited the Witch House, the Old Burying Point Cemetery, Gallows Hill, the Seven Gables House, the Pioneers Village and the Witch Musem, our favourite, where we learned about the hangings of 1692 and  the evolution of witches through the years. We even had the chance to write a postcard and buy some candies with our dollars before coming back. Unforgettable!!!

venres, 3 de novembro de 2023

Oubeos na biblioteca

O pasado martes visitou o colexio Francisco J. Lema, de profesión veterinario e experto no mundo do lobo en Galicia. A xornada comezou cun encontro co alumnado de 6º de EP no que descubriron moitas das curiosidades que lles contou o noso convidado e a realidade do animal nos montes e bosques de Galicia, tamén puideron comprobar, con mostras e vídeos que nos trouxo, como son e como se moven os lobos.