venres, 31 de marzo de 2023

BOOKWORMS CLUB: "The happy prince and The selfish giant"

Today we have celebrated a spring session in our Bookworms Club. Surrounded by the colours and smells of beautiful flowers, we have read Oscar Wilde´s story of "The selfish giant", becoming gardeners for a day. We learned the names of some flowers, we remembered the steps to grow a plant and we planted some seeds in a pot to check if we have green fingers or not. Now we have to take care of it and hopefully, in a few weeks, we will have colourful flowers. Be patient!

Onda Ti episodio 2

Finaliza o segundo trimestre e chega o segundo episodio da 4ª temporada de Onda Ti, xa chegamos ao programa número vinte! Nestes meses no estudio de Emilia na Onda fomos gravando e realizando diversas gravacións que nalgúns casos xa foron sendo publicadas na canle, pero noutros poderedes escoitalas por primeira vez neste programa. Atentos/as porque vos agardan seccións coas que esperamos que desfrutedes. 

domingo, 26 de marzo de 2023

Poesía para comezar o día (semana 4)

Entramos na última semana do mes de marzo na que soarán pola megafonía do centro, na entrada e na hora de ler, os poemas que gravaron diversos membros da comunidade educativa. Xa están á vosa disposición na canle de "Emilia na Onda", as seguintes obras de Emilio pita, Xosé Mª Álvarez, Antonio García Teijeiro e o alumnado de 3ºC, recitadas polo alumnado de EI, 3ºC de EP, Marco e Noa.

luns, 20 de marzo de 2023

A amizade nun libro polo Día da poesía

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, nós, como xa sabedes, estamos a celebrar todo o mes, adicando as entradas e algún momento da Hora de ler para que soe por megafonía un poema relacionado con Galicia recitado por algún membro da comunidade educativa, pero para hoxe temos resevada unha celebración moi especial, como é a segunda xornada da "Amizade nun libro", no que o alumnado compartirá libros de poesía e obras creadas por eles/as mesmos.

Nesta entrada publicaremos as imaxes desta xornada. Feliz Día da poesía!

domingo, 19 de marzo de 2023

Poesía para comezar o día (semana 3)

Nova semana na que soarán
pola megafonía do centro, na entrada e na hora de ler, os poemas que gravaron diversos membros da comunidade educativa. Xa están á vosa disposición na canle de "Emilia na Onda", as seguintes obras de Federico García Lorca, Rosalía de Castro, Luisa Villalta e Dores Tembrás, recitadas por Montse, alumnado de EP, Nieves, Mar e alumnado de EI.

xoves, 16 de marzo de 2023

Entrevistas en Emilia na Onda

A pasada semana tivemos un encontro con Esther Gómez e Eva Fernández con motivo da celebración da semana da muller. Na biblioteca compartiron co alumnado de 1º de EP diversas cuestións sobre o papel das mulleres no seu oficio, sobre os hábitos lectores do alumnado e fixeron unha actividade na que comezaron un pequeno conto.

A continuación o alumnado de 6º de EP realizou unha entrevista sobre algunhas destas cuestións no estudio de Emilia na Onda na bibliolab, aquí tedes o resultado.

domingo, 12 de marzo de 2023

Poesía para comezar o día (semana 2)

Esta semana emitiranse pola megafonía do centro na entrada e na hora de ler as poesías que gravaron diversos membros da comunidade educativa. Xa están á vosa disposición na canle de "Emilia na Onda", as seguintes obras de Manuel María, Emily Dickinson, Celso Emilio Ferreiro, María Ares e Manuel Rivas, recitadas por Gonzalo, Rosa, Conchy, Aurora e María José.

venres, 10 de marzo de 2023

Biblioteca e familia

As próximas semanas desenvolveremos a segunda e terceira xornada de biblioteca e familia nas que teredes a oportunidade de comnpartir cos vosos fillos/as un achegamento á poesía e a creatividade a través de dúas actividades que serán dirixidas por Pablo Otero (artista visual e ilustrador), co que faremos un Libro de familia, e por Dores Tembrás (licenciada en Filoloxía Hispánica e poetisa), coa que se espallará a poesía.

martes, 7 de marzo de 2023

Día da muller

Celebramos o Día da muller, para unirnos a esta visibilización do papel da muller na sociedade teremos con nós esta semana a tres mulleres profesionais. Na exposición da entrada da biblioteca xa tedes a exposición con libros de ficción e non ficción na que as mulleres e as nenas son as protagonistas. Recordade que o ODS número 5 reclama a "Igualdade de xénero", unha igualdade real en todos os ámbitos da sociedade e na que haxa unha igualdade de oportunidades. Nesta entrada poderedes seguir os dous encontros que teremos esta semana, o mércores 8 coa redeira e o venres 10 coas libreiras de Moito conto.

domingo, 5 de marzo de 2023

Poesía para comezar o día

BY r2hox Licenza CC BY-SA
Continuamos emitindo pola megafonía do centro na entrada e na hora de ler as poesías que diversos membros da comunidade educativa gravaron e que soarán esta semana. Xa están á vosa disposición na canle de "Emilia na Onda", as seguintes obras de Antonio García Teijeiro, Carlos Negro, Emilia Pardo Bazán, A. Noriega Varela e Celso Emilio Ferreiro, recitadas por Iolanda, Marco e Pablo, Diego, Conchy, Gianni e Isabel.

sábado, 4 de marzo de 2023

BOOKLAND CLUB: "The secret of the stones"

Would you like to join Laura and Max to discover
"The secret of the Stones"? Get ready for an exciting adventure near Stonehenge, the ancient monument in the south of England, a magical and mysterious place. Help them decipher the old book of secrets, full of strange symbols and secret codes. Yesterday, in the latest session of our Bookland Club, we already found out the meaning of one: a big circle with a triangle and a cross inside. We are pretty sure about what the circle and the triangle represent but... and the cross?  Ready for the adventure?