Os obradoiros de biblioteca durante este trimestre exploran e aprenden cos escornabot para achegarnos a diferentes aspectos sobre o cinema. A través dos taboleiros realizados polo equipo de biblioteca o alumnado percorre xunto co escornabot películas, personaxes, xéneros, entre outros aspectos. O alumnado, ademais das aprendizaxes adquiridas, levou un agasallo realizado coa impresora 3D.
Amosando publicacións coa etiqueta escornabot b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escornabot b>. Amosar todas as publicacións
venres, 21 de febreiro de 2025
luns, 27 de novembro de 2023
Obradoiros do PDI Paisaxes encantadas
A semana pasada comezaron os obradoiros do PDI Paisaxes encantadas, nas que poderán participar todos os cursos do centro. Estes desenvolveranse nos espazos da biblioteca, para tratar de achegarnos, a través de diversos recursos aos bosques e montes de Galicia, por medio actividades de procura de información e consulta de diversas fontes, tamén acompañadas doutras actividades relacionadas coa parte máis creativa da biblioteca, co que combinaremos a formación de usuario na procura e tratamento da información coa creatividade do alumnado.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
ciencia,
contos,
escornabot,
escritura,
formación de usuarios,
información,
lectura,
libros,
natureza,
obradoiro,
ODS,
PDI Paisaxes encantadas,
vídeos
mércores, 13 de setembro de 2023
Estamos de volta!
O pasado luns comezamos as clases, aínda que como xa sabedes necesitamos un tempo para organizar os espazos e recursos da biblioteca. Deste xeito a biblioteca non estará aberta ata o luns 2 de outubro. Non vos preocupedes mentres tanto, tedes as bibliotecas de aula con libros moi interesantes e pronto chegarán as caixas de Tédelos que coñecer! cunha variedade de libros que fará que estas semanas pasen máis rápido.
Nas próximas semanas comezaremos coa formacións de usuario dos grupos de voluntarios de biblioteca, do profesorado e das distintas aulas para que recordedes o funcionamento da biblioteca.
Temas relacionados:
actividade,
benvida,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
ciencia,
contos,
escornabot,
información,
lectura,
libros,
xogos
domingo, 28 de novembro de 2021
Mochila robótica
Mañá saen na súa primeira viaxe as "Mochilas robóticas" e con este nome xa saberedes que conteñen... efectivamente, queremos promover a introdución dunha nova linguaxe entre o alumnado de 2º de EP. Facilitarlle aos nenos/as destes cursos os recursos para iniciarse na programación e desenvolver o pensamento computacional, pero sen olvidarnos da lectura tanto de ficción como de non ficción.
Esta actividade está dentro das iniciativas que desenvolvemos dentro do programa Biblioteca Creativa no que continúa a biblioteca escolar do colexio.
Esta actividade está dentro das iniciativas que desenvolvemos dentro do programa Biblioteca Creativa no que continúa a biblioteca escolar do colexio.
Temas relacionados:
biblioteca creativa,
escornabot,
lectura,
mochila viaxeira,
robot
mércores, 9 de decembro de 2020
Paseando co EscornaEmilia
Proximamente Dona EscornaEmilia sairá pasear polas clases do colexio a través deste xogo que preparamos para fomentar o coñecemento da escritora coruñesa e incentivar a curiosidade e as gañas de coñecer máis sobre a autora, centro de interese do PDI Paseando con Emilia. Ademais, pretendemos introducir o pensamento computacional a través da utilización dos escornabots nas aulas de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, xa que o material está preparado para estas idades.
Este traballo está baseado nos libros de Escornactividades de Rubén Molinero, no que desenvolve distintas temáticas para o traballo na aula.
Agradecemos a colaboración de Xulia e Patricia, traballadoras da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, por todo o apoio e asesoramento na realización deste traballo, que é posible grazas ao traballo da comunidade que sustenta e desenvolve o proxecto Escornabot.
Temas relacionados:
biblioteca creativa,
ciencia,
escornabot,
PDI Paseando con Emilia,
robot,
xogos
xoves, 13 de febreiro de 2020
Escornabots para todos/as
A pasada semana Ángel Villanueva veu de publicar una actualización de EscornaVoz, que se trata dunha aplicación para controlar o escornabot a través da voz. Este é un de varios proxectos que promoven a inclusión e a accesibilidade a distintos dispositivos, que podedes consultar na súa web Mecatrónica Lab.No noso centro temos alumnos/as que ata agora tiñan dificultades para o uso dos escornabots e este proxecto vainos permitir achegalos a todo o alumnado e desenvolver actividades que ata agora non podiamos.
Temas relacionados:
biblioteca,
biblioteca creativa,
escornabot,
inclusión,
mochila viaxeira,
robot
sábado, 23 de novembro de 2019
VenreXperimentos
Seguimos celebrando os VenreXperimentos na biblioLab. O pasado venres 15 e mércores 20 os nenos/as puideron montar os escornabots que nos proporcionou o programa biblioteca creativa e que sairán o próximo luns nas mochilas semanais de Educación Infantil.
O venres 22 experimentamos co magnetismo en diferentes zonas con actividades como diferenciar os obxectos que atrae un imán dos que non, a potencia de diversos imáns, crear un compás...
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca creativa,
ciencia,
escornabot,
experimentos,
obradoiro,
robot,
VenreXperimentos
mércores, 11 de setembro de 2019
Arrincamos...
Hoxe iniciamos un curso con novidades en canto a proxectos, actividades, libros, materiais... que vos iremos adiantando pouco a pouco. Comezaremos desenvolvendo un proxecto moi ilusionante no que queremos que toda a comunidade educativa estea implicada, pero teredes que esperar un pouco para coñecer máis detalles.A biblioteca abrirá as súas portas o próximo 14 de outubro, xa sei que estades desexando acudir aos dous espazos dos que dispón, pero antes temos que preparalos para as vosas visitas e que gocedes coa lectura en distintos formatos e coas diferentes actividades que podedes desenvolver na Biblioteca EPB. Como petisco, hoxe a biblioteca saía ao patio dentro da tradicional xornada de xogos de benvida do alumnado. Nunha zona do patio había libros, revistas e lecturas dixitais e noutro espazo no exterior do centro podía experimentarse cos robots e cos dispositivos dixitais.
A continuación podedes ver a algún dos momentos do día a través destas imaxes...
Temas relacionados:
actividade,
benvida,
biblioteca,
escornabot,
lectura,
robot
martes, 23 de outubro de 2018
Mochilas viaxeiras en Educación Infantil
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
escornabot,
lectura,
mochila viaxeira,
robot
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





