Durante este trimestre recibimos a varias persoas relacionadas co mundo do cinema no Estudio de Emilia na Onda. Nestas actividades de radio pretendemos que haxa un traballo previo de preparación da información e de que preguntas lles podemos realizar as diferentes persoas que acuden ao noso centro, ademais de achegarnos á visión adulta das diferentes profesións do cine que foron pasando polo estudio e a relación entre entrevistado/a e entrevistadores/as.
xoves, 3 de abril de 2025
venres, 8 de marzo de 2024
Soy mujer
xoves, 16 de marzo de 2023
Entrevistas en Emilia na Onda
A pasada semana tivemos un encontro con Esther Gómez e Eva Fernández con motivo da celebración da semana da muller. Na biblioteca compartiron co alumnado de 1º de EP diversas cuestións sobre o papel das mulleres no seu oficio, sobre os hábitos lectores do alumnado e fixeron unha actividade na que comezaron un pequeno conto.
A continuación o alumnado de 6º de EP realizou unha entrevista sobre algunhas destas cuestións no estudio de Emilia na Onda na bibliolab, aquí tedes o resultado.
martes, 7 de marzo de 2023
Día da muller
luns, 7 de marzo de 2022
Semana da Muller e o mar
Mañá 8M celébrase o Día da muller, para unirnos a esta visibilización do papel da muller na sociedade teremos con nós esta semana a tres mulleres profesionais que teñen vinculación co mar. Na entrada da biblioteca xa tedes a exposición con libros de ficción e non ficción na que as mulleres e nenas son as protagonistas.
O EACE montou un mural no corredor de entrada ao centro que...
Recordade que o ODS número 5 reclama a "Igualdade de xénero", unha igualdade real en todos os ámbitos da sociedade e na que haxa unha igualdade de oportunidades.
A muller e o mar
Retomamos o concurso logo do entroido cunha semana na que celebramos o Día da muller. Para responder ás preguntas desta semana teredes que procurar nos libros que hai na exposición e nos recursos Mergúllate! para atopar a estas mulleres que desafiaron leis e loitaron polos seus dereitos, neste caso no ámbito marítimo.
luns, 15 de marzo de 2021
Concurso semana 7
A pasada semana comezamos o desenvolvemento da tarefa de Paseando con Emilia feminista, no que tratamos de descubrir as rúas da Coruña que teñen nome de muller e quen foi cada unha delas. Xa comezamos a recibir os traballos dos nenos/as que xa están expostos nas escaleiras do centro e tamén no mapa virtual que temos na páxina web do proxecto.
Fonte: ©La Voz de Galicia
Esta semana preguntaremos pola información que conteñen estes traballos elaborados polo alumnado de diversos cursos de Educación Primaria e sobre as pegadas de Emilia Pardo Bazán na cidade.
xoves, 11 de marzo de 2021
Entrevista con Kelly Conde
Publicamos a entrevista que fixeron Sabela, Teo e Noa, en representación da clase de 5ºC, a Kelly Conde biologa molecular nun laboratorio do CHUAC e con numerosas liñas de investigación en marcha, que poderedes ir descubrindo ao longo da entrevista.
luns, 8 de marzo de 2021
Concurso semana 6
O 8 de marzo celébrase o Día da muller. Emilia Pardo Bazán destacou por defender o papel da muller na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades. Foi precursora do movemento feminista, tanto nas súas obras como nos seus artigos reclama a mesma educación para a muller que para os homes.
Esta semana nas preguntas do concurso tratamos que coñezades a outras mulleres galegas que destacaron polo seu labor en prol da igualdade das mulleres e dos homes, pero tamén pola súa relevancia social, cultural e profesional, nunha época na que era moi complicada esta igualdade, de feito moitas delas foron as primeiras no seu ámbito.
domingo, 7 de marzo de 2021
8M Día da muller
Na semana do 8 ao 12 de marzo queremos visibilizar o labor das mulleres e concienciar na importancia da igualdade na vida en sociedade, así como resaltar aqueles estereotipos que moitas veces pasan desapercibidos.
xoves, 18 de febreiro de 2021
Paseamos con Emilia feminista
O próximo 8 de marzo celebrarase o Día da muller e, como é tradicional, desde a Biblioteca programaremos durante esa semana unha serie de propostas que promovan o papel da muller.
Como ben sabedes xa, Emilia foi unha escritora que reclamou a maior importancia da muller na sociedade do s.XIX e de principios do s.XX, xunto con outras mulleres contemporáneas.
sábado, 7 de marzo de 2020
Exposición Día da muller
Durante esta semana e a que vén estarán expostos os fondos seleccionados polo equipo de biblioteca relacionados coa muller, con historias nas que as mulleres son as protagonistas, biografías, historia da muller, entre outras. Hai libros para todas as idades, incluído o profesorado.
A exposición está montada na entrada da biblioteca e na entrada ao centro.
luns, 25 de marzo de 2019
Semana da muller
venres, 8 de marzo de 2019
A mirada de mulleres extraordinarias
Este venres 8 de marzo celébrase o día Internacional da Muller con numerosos actos conmemorativos en diversos lugares do planeta. Desde a Biblioteca EPB queremos sumarnos a esta data con diversas actuacións como é a Exposición de fondos referidos a mulleres empoderadas da ciencia, da cultura, da ficción...







