martes, 30 de xuño de 2026

GUÍA DE LECTURAS E XOGOS DE FICCIÓN DIXITAL DE VERÁN

 Aquí vos deixamos a guía de lectura de verán na que poderes atopar obras en castelán, galego e inglés en canto ás lecturas e xogos de ficción dixital para descargar en PC, Android ou IOS.

Desfrutade moito das vacacións, pero non vos esquezades de viaxar e de soñar a través de novas historias e aventuras. 


Grazas ás bibliotecas municipais da Coruña e en concreto á dos Rosales por colaborar con nós facilitándonos unhas recomendacións cheas de calidade moi ben seleccionadas para a nosa cativada. Poderedes emprestar os libros amosados na guía na biblitoeca dos Rosales xa que estarán dispoñíbles nun espazo diferenzado na súa biblioteca.

Vémonos á volta, en setembro!

mércores, 24 de xuño de 2026

LEÓNS DOURADOS 2026


E faltaba ensinarvos os gañadores e gañadores dos premios xa coñecidos "Leóns dourados" do Emilia. Son uns agasallos para aquel alumnado máis lector e lectora de cada curso. 

Neste caso, tivemos 7 gañadores xa que no curso de 4ºEP houbo un empate e tivemos dous leóns dourados. 

Queremos agradecer á libraría "Clunia" por colaborar con nós na realización dos vales agasallos. 

Os premiados poderán acudir á libraría e mercar un libro ou xogo educativo por un valor de 20€ e a maiores, levaron a dona Emilia dourada realizada na impresora 3D do colexio.

Noraboa, lectores e lectoras!

AGASALLOS E DIPLOMAS EQUIPO VOLUNTARIOS/AS DA BE


O pasado 17 de xuño tivo lugar no noso colexio a entrega de agasallos e diplomas ao noso equipo de voluntarios e voluntarias da BE de 5ºEP e 6ºEP. 


Agradecemos profundmente a labor que desempeñan na xestión do funcionamento da biblioteca, nas actividades de dinamización da biblioteca e tamén nas propostas voluntarias nas que participan. 


Agardamos ter a mesma sorte para o vindeiro curso de contar con alumnado tan implicado e responsable no desempeño das súas funcións. 

FEIRA DAS MARABILLAS - PDI "VIVIR NA CORUÑA"

 E por fin podemos compartir con vós un vídeo recopilatorio da xornada de convivenza que tivo lugar o pasado martes 16 de xuño no colexio. 

Para rematar o noso PDI deste curso "Vivir na Coruña" organizamos unha feira expositiva dos produtos que o alumnado elaborou durante o curso relacionados co proxecto. 

Quixemos insipirarnos na tradicional feira medival coruñesa que ten lugar todos os anos na cidade vella da cidade no verán. 

Nós chamámoslle "Feira das marabillas coruñesas". Acudiron todo o alumnado e profesorado, así como as familias. 


Desfrutamos moito dese día, puxemos en valor todo o que o alumnado investigou e elaborou durante o curso e tamén tivemos tempo para xogar a distintos xogos elaborados polo propio alumnado con material de reciclaxe.


Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible que esta proposta pensada hai tempo, saíra adiante a todas as persoas que puideron vir aompañarnos. Para aqueles e aquelas que non puideron vivilo con nós, vos deixamos un vídeo para que tamén poidades ser partícipes. 


E agora sí, pechamos o noso PDI 2025-2026, pensando xa nas ideas para o vindeiro curso. 



martes, 23 de xuño de 2026

ÚLTIMA ENTREVISTA DO CURSO

 Queremos deixarvos por aquí unha entrevista que se fixo ao profesorado do Emilia, de sorpresa. De aí a naturalidade dalgunhas respostas. 

Eran os derradeiros días e desde o equipo da biblioteca EPB quixemos chegar a todo o profesorado e membros da comunidade educativa que cada día aportan o seu gran de area no cole. Esperamos cumprir esta espectativa para o curso que vén. 

Nesta entrevista faise unha mención especial ao alumnado de 6ºEP que marcha e deixa a súa andaina no Emilia para continuala no Instituto. Moita sorte, rapaces e rapazas. Vinde sempre a onde fochedes felices, vinde vernos ao Emilia. 

PILAR NOS CONTA COUSAS SOBRE O BARRIO DOS ROSALES

O pasado luns 15 de xuño a nosa veciña Pilar visitou o grupo de 4ºC para contarlles como era o barrio vai 70 anos. 

O que máis lles chamou a atención foi que era unha pequena aldea con casiñas de pedra e as súas lareiras e cuadras para os animais. Tiñan que recoller a auga na fonte con sellas e para pasar á cidade a vender tiñan que pagar un "fialato". 

E a que non sabedes que o noso cole era unha canteira? Para chamar por teléfono ían ao Bar La Parra e tamén recibían os recados alí pero tamén sabían novas grazas ás campás da igrexa. 

Pilar dixo que agora estaba contenta no barrio porque tiña moitas cousas: centro médico, colexios, comercios... pero que votaba en falta a colaboración entre veciños e veciñas porque se coñecían todos e a aos alumnos e alumnas de 4º o que máis lles gustou foi imaxinar os xogos en tanto espazo como tiñan.

O grupo de 4ºC agradécelle a Pilar a súa visita  xa que reviviron con ela aquela época na que comezaba todo no barrio dos Rosales.


Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. 



OS ROMANOS PASARON POLA CORUÑA 3ºC

 Este curso o alumnado de 3ºC buscou información sobre o paso dos romanos na Coruña. Descubriron monumentos que construiron eles e viron algúns restos que aínda quedaron. 

Aprenderon sobre a cultura da época romana, como vestían, a que xogaban, que alimentos comían e que territorios conquistabaron. 

Aquí vos deixamos, por un lado, un vídeo dos mosaicos romanos que elaborou o grupo para expoñer na Feira das Marabillas, e por outro lado, a entrevista de radio que gravamos. 



xoves, 18 de xuño de 2026

10 anos do "Xardín de Juanita"

Publicamos o programa de radio xa moi arraigado na nosa emisora Emilia na Onda. Esta sección do programa leva xa un percorrido longo xa que está de aniversario porque cumpre 10 anos. O alumnado de Educación Infantil convértese en pequenos e pequenas xardiñeiros/as e aprenden sobre os procesos de plantación e crecemento das plantas e dos seus conviventes os bechos. 

Aquí podedes oír a entrevista:


EMILIA NA ONDA CON LUISA, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DOS ROSALES

 Fai unhas semanas tivemos a visita de Luisa, a presidenta da asociación de veciños do barrio dos Rosales. O alumnado de 4ºC fíxolle unha entrevista no estudo de radio. Contounos que facían desde a asociación polo barrio e como comezaron. Tamén nos falou das festas do barrio e de actividades que organizan para a rapazada. E así pechaba este curso o alumnado a súa andaina e busca de información sobre a cidade da Coruña, contido relacionado co noso PDI "Vivir na Coruña".

Aquí vos deixamos a entrevista para que a poidades escoitar. 

Grazas, Luisa pola túa visita e ata pronto!

luns, 8 de xuño de 2026

PECHE DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026 - ENQUISA FAMILIAS

 

Boas, familias. Chegando ao final de curso, gustaríanos saber desde o equipo de biblioteca como valorades os espazos da nosa biblioteca EPB. 


E para iso, vos deixamos unha pequena enquisa, que agradadeceríamos moito que responderades. 

Sempre estamos dispostos a mellorar e a contar con vós e coas vosas aportacións para levar o mundo da lectura, da busca de información, da escritura e das vivenzas onde os vosos pequenos e pequenas para ofrecerlles os mellores espazos de biblioteca. Os mellores espazos que eles mesmos elixen por seren os seus lugares de confianza, refuxio e lugar seguro, así como o sitio onde len, aprenden, interactúan, xogan e conviven. 


Pincha aquí para responder á enquisa.

Ata o próximo ano, familias! 

XOSÉ. A. TOURIÑÁN EN EMILIA NA ONDA!!!


 Pois si, estás lendo ben. Visitounos o humorista, actor e veciño da Coruña: XOSÉ. A. TOURIÑÁN!!!

Foi un día moi emocionante, polo cal levábamos agardando moito tempo. E saiu a pedir de boca. A verdade é que se nota que Xosé se dedica a isto da comunicación. E temos que dicir que o noso alumnado de 2ºEP fíxolle unha entrevista moi á altura.

Non podemos estar máis contentos/as no Emilia con esta visita. 

Aquí vos deixamos un vídeo para que sempre o poidamos recordar. Pero, como dixo Xosé que estivera moi cómodo, igual volvía...

E tamén a entrevista na radio que estivo moi entretida e divertida! ESCOITADEA, estes nenos e nenas parece que van á radio todos os días! AQUÍ TE ESPERAMOS, TOURI!

VISITAS DAS FAMILIAS CONTACTONTOS - LENDAS A CORUÑA

Pola semana do libro invitamos ás familias a vir contar un conto, contar algo sobre as súas experiencias na cidade da Coruña, falar dalgunha lenda coruñesa... e as aulas e a biblioteca enchéronse de persoas con moitas historias que contar.

Foron momentos inesquecíbles que as crianzas puideron vivir coas súas mamás, papás ou familiares. E estes momentos ás veces irrepetibles, son os que quedan. Por iso desde a biblioteca do Emilia queremos animar ás familias a que participen e agradecemos a todas as que fixeron posible esta actividad, que tivo unha moi boa acollida. 

Grazas, familias por compartir con nós!



CONTACONTOS VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca pasou polas aulas para contar un conto. Estiveron moi atentos e atentas xa que viñeron falar coas mestras titoras e os mestres titores para saber os gustos dos nenos e nenas e así elixir correctamente a obra que ían contar. 

Foi un éxito total. 

Aquí vos deixamos algunha fotografía destes momentos que vivimos.






TEATRO "A PEQUENA OSA QUERE XOGAR"







O alumnado de 1º ciclo de primaria tivo a sorte de desfrutar do conto teatralizado "A pequena osa quere xogar" no SUM. Estivo moi divertido e pasaron un bo momento xuntos.

Ademais, o alumnado coñece moi ben a obra e darlle vida aos personaxes é unha experiencia marabillosa. 

DINAMIZACIÓN DA LECTURA






 En 3ºEP o alumnado levou á clase un xogo ou un libro que lle gustaba moito para ensinar aos compañeiros/as e explicar o xogo ou ler un resumo do libro. Deste xeito, aprenden a  importancia de compartir momentos xuntos e compartir as súas afeccións e gustos.

AMIZADE NUN LIBRO "APADRIÑAMENTOS LECTORES"

Durante o curso, tiveron lugar 3 apadriñamentos lectores, un por cada trimestre, onde se levou a cabo a actividade de lecturas acompañadas chamada "amizade nun libro" onde un curso apadrina a outro curso e xuntos, len e realizan outras actividades.

Fotografías do apadriñamento lector do 1º trimestre: 




Fotografías do apadriñamento lector do 2º trimestre:







Fotografías do apadriñamento lector do 3º trimestre: 










OBRADOIRO "PAISAXES CREATIVAS"

 


Nesta ocasión, contamos con "arteygarabato" de Vigo que veu impartir un obradoiro de paisaxes creativas relacionadas coa nosa cidade de A Coruña. 


A este obradoiro asistiu o equipo de voluntariado da biblioteca do curso pasado e deste curso. Así, fixemos unha xuntanza entre ex-voluntari@s e actuais voluntari@s. 


Saíron creacións moi chulas, que nun principio, os propios artistas creadores das obras non pensaban que ían saír tan ben. 

Grazas a "arteygarabato" pola súa visita!


OBRADOIRO COLLAGE 1º EP






Cando algo funciona, sempre repetimos. Este é o caso do obradoiro de collage impartido polo ilustrador Carlos Gallego. Os grupos de 1ºEP tiveron a oportunidade de participar neste obradoiro onde a través da técnica do collage, elaboraron as súas composicións de monumentos e lugares da cidade da Coruña.


Grazas, Carlos e ata sempre! 

ENTREVISTA PROTAGNOSITAS MUSICAL "LÚA"

Viñeron ao colexio Katia e Gael, anitgos alumn@s do Emilia, que hoxe están a participar como protagonistas na obra "Lúa". Tamén os acompañou o director da obra: Fernando Brones, aos que queremos agradecer a súa visita. 


O alumnado de 5ºB de primaria entrevistáronos e aquí vos deixamos un recordo desta, xunto coa entrevista por se a queredes escoitar. 

É unha sorte contar con antigos alumnos/as e ver ata onde conseguiron chegar perseguindo eses soños que algún día tiñan na cabeza cando formaban parte do Emilia. 

Desde a biblioteca do Emilia, vos dicimos "ata sempre, rapaces"!

EXPOSICIÓN ARTÍSTICA - JOSÉ SUÁREZ - INFANTIL

 Hoxe vos queremos ensinar tamén a exposición artística que fixo o alumnado de Educación Infantil en honor a José Suárez. 

Esta exposición foi visitada por varios grupos de educación primaria, que tentaron adiviñar que era o que estaban a representar nas súas creacións o alumnado de infantil. Imaxinación, non faltou. 


OBRADOIRO POESÍA - FAMILIAS





Seguindo co día da poesía, tamén levamos a cabo un obradoiro no programa de "Lectura e familias" con Dores Tembrás e as familias do noso colexio. 

Dores veu para que as familias e os seus fillos/as escribiran sobre papel "as súas cousas favoritas" relacionadas coa cidade da Coruña. 


Foi, coma sempre, moi emotivo e moi necesario. Compartir ese ratiño de tempo xuntos, falando e comentando recordos con persoas e lugares que son importantes para nós é algo que vai quedar para sempre nas nosas memorias. 

Grazas ás familia que participaron e grazas de novo á nosa Dores, visitante xa habitual e case obrigatoria do noso colexio.

OBRADOIRO POESÍA 6ºEP

 Este curso volvemos repetir o obradoiro de poesía da man de Dores Tembrás para o alumnado de 6ºEP. Parécenos importante que poidan plasmar as súas inquedanzas, preocupacións ou sentimentos e emocións, sobre todo neste último curso, despois de 9 anos no mesmo colexio. Ese paso á secundaria vén acompañado de moitas sensacións, e a rapazada sempre é capaz de exteriorizar estas, a través deste obradoiro de poesía. 




Grazas de novo, Dores por vir sempre onde nós como se fose "casa".


8M DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Este ano, polo 8M (8 DE MARZO), o día que conmemoramos "a muller traballadora" recibimos a visita de Inés Rey e o concelleiro de educación no noso estudo de radio. O alumnado de 6ºEP preparou e realizou a entrevista dun xeito moi profesional. 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de fotos cos recordos.


Foi unha experiencia moi gratificante, xa que a rapazada descubriu información relacionada coas tarefas que desenvolve unha alcadesa, e neste caso, a nosa alcadesa de A Coruña. 

Tamén vos deixamos o programa de radio do 2º trimestre ao completo, onde poderedes atopar a entrevista feita á nosa alcadesa.

CONTACONTOS 3ºEP CON MARTA VILLAR

 Este curso,  dentro dos itinerarios lectores, os grupos de 3º de primaria leron o libro "Os peidos máxicos de Sultán", da autora Marta villar. E tivemos a sorte de que Marta nos viñera visitar á biblioteca e con ela, os rapaces e rapazas vivenciaron escenas no conto, donde incluso xogaron con pombas de xabón, que simulaban aos peidos máxicos do protagonista do conto: o can Sultán. 




Marta contounos en quen se inspirou para escribir esta obra. Explicounos o proceso. E compartiu con nós varias experiencias persoais para que puidésemos relacionar estas coas escenas e historias do conto.


Grazas, Marta.