Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de outubro de 2026

CHEGA O SAMAÍN...


Aquí vos deixamos as actividades propostas por parte da Biblioteca EPB en colaboración co equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega para a semana do Samaín.


-Haberá contacontos por parte do equipo de voluntariado da biblioteca 📚

-Haberá contacontos das mestras titoras aos seus grupos-aulas 📖

-Haberá contacontos por parte das familias. Convidámosvos a que participedes. Inscríbete no enlace da historia de Instagram ou pinchando aquí  🔗
Prazas limitadas. 📕

-E tamén haberá un concurso de adiviñas que soarán pola radio / megafonía do colexio 📻

ATRÉVESTE?

xoves, 6 de novembro de 2025

 SAMAÍN NA BIBLIOTECA DO EMILIA!

Este ano na biblioteca do Emilia pasaron moitos nenos e nenas, e mestres e mestras, incluso algunha mamá voluntaria polo Samaín. Tíñamos ganas de contos. Así que puxémonos máns á obra. Tamén contaron contos o equipo dos voluntarios da biblioteca no recreo, que tiveron un bo público cada día. 

O recuncho que preparou o equipo de Dinamización Lingüística quedounos ben medoso. E démoslle bo uso. Para o ano, repetimos!

Aquí vos deixamos un vídeo recopilatorio dos contos do Samaín:





venres, 4 de novembro de 2022

O Samaín entra na biblioteca

Esta semana o alumnado de 6ºEP realizou na biblioteca unha representación teatral para os nenos/as de 2ºEP coa Santa Compaña como convidada especial na hora de ler. A obra está baseada na obra a Costureira das ánimas de Suso Cubeiro e Ana Prado. Agardamos ter a intervención da Santa Compaña no estudio de Emilia na Onda.

luns, 27 de decembro de 2021

En vacacións escoita Emilia na Onda

Se nestas vacacións queredes escoitar aos vosos compañeiros/as e lembrar algunhas das actividades que desenvolvimos durante o primeiro trimestre, podedes acceder á canle de Emilia na Onda e oír os podcast que se acaban de publicar, algúns deles xa ían incluídos no programa de Onda Ti da pasada semana, pero outros foron gravándose ao longo do trimestre e agora podedes oílos nas vosas casas.

Detallamos a continuación as novidades da canle...

venres, 20 de novembro de 2020

Temporada 2 de Onda Ti

Chegou un día moi esperado por todos nós, o inicio da segunda temporada de Onda Ti, que se emite en Emilia na Onda. Vén con moitas novidades, que fan do programa algo que desexabamos desde que comezou a súa andaina en momentos complicados. Un espazo creado polos nenos/as do colexio no que as súas propostas e as súas voces son as protagonistas.

xoves, 29 de outubro de 2020

Contos de medo polo Samaín

O Equipo de voluntarias/os da Biblioteca EPB elaborou uns contos de medo que queren compartir con todos vós e que poderán ser utilizados na Hora de ler de mañá. Este é un pequeno avance, a próxima semana publicaremos o resto de obras que crearon os nenos/as de 6º de E.P.

As funcións do equipo de voluntarios/as mudou, pero queremos que sigan implicados no desenvolvemento de actividades relacionadas coa biblioteca do seu colexio. Moitas grazas pola vosa implicación!