O alumnado de 4ºEP estivo na bibliolab aprendendo e ademais de escoitar puido "plantar" diversas especies nunha maqueta que simulaba un monte galego e tamén recibimos 50 bidueiros que plantaremos na contorna nas próximas semanas.
mércores, 31 de xaneiro de 2024
Alto ao lume!
O 30 de xaneiro celebramos o
Día Escolar da Non violencia e a Paz,
no que, ademais das diversas propostas que xurdiron desde o EACE e
EDLG, quixemos promover a importancia de protexer os bosques fronte á violencia provocada polo ser humano contra eles, como son os incendios. Fixemos unha escolla de títulos de ficción e non ficción, dirixidos a todo o alumnado, no que se tratase este tema e que foron expostos na entrada da biblioteca durante estes días. Ademais recibimos a Ángela, nai dun alumno do centro, que estivo explicando as diferentes especies que viven nos bosques de Galicia, a importancia de protexelas e distintas medidas de protección e medidas de seguridade para que os incendios non se propaguen e dañen a vida nos bosques e montes de Galicia.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
día da paz,
encontro,
familia,
libros,
natureza,
ODS,
PDI Paisaxes encantadas,
recomendacións
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario