mércores, 20 de decembro de 2023

Historias para descubrir os bosques

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade e por estar relacionados co PDI "Paisaxes encantadas", lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén obras de ficción dixital que nos parece interesante que sexan coñecidas

Os libros están expostos na entrada da biblioteca e agardarán polos lectores/as nas primeira semana de xaneiro á volta destas vacacións, aínda que se non queredes esperar poderedes atopalos nas bibliotecas municipais e noutras bibliotecas públicas, compralos nas librarías ou mesmo incluílos como peticións nas cartas que escribades. 

Tamén vos recomendamos que visitedes as recomendacións e actividades que se desenvolverán neste período nas Bibliotecas Municipais, seguro que descubriredes novas lecturas!

Estas vacacións explora cos libros!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario