Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23F

Celebramos o aniversario de Rosalía de Castro cunha instalación no edificio de Infantil, nunha aula que será o novo espazo de biblioteca para o alumnado de infantil. 

As mestras prepararon unha instalación vivencial e sensorial para a cativada, e foi todo un éxito. Aquí vos deixamos un recopilatorio.

domingo, 16 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Achégase a conmemoración do día do nacemento de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía de Castro propón, como cada ano, diversas actividades para lembrar a escritora galega. Este curso coa actividade de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. O que propoñemos facer no centro é transformar unha receita de cociña, realizada con produtos de uso cotía e de orixe galego, nun poema moi saboroso. Poderedes gravar coa vosa voz estas obras no estudio de radio, ademais se queredes podemos gravarvos lendo poemas de Rosalía de Castro nos recreos coa axuda dos voluntarios de biblioteca. Animádevos a celebrar a semana de Rosalía de Castro!

venres, 22 de marzo de 2024

Onda Ti versión primavera

Programa que coincide co inicio da primavera e coa semana da poesía no que aproveitamos para publicar diversos produtos sonoros que se foron gravando no estudio de Emilia na Onda ao longo do trimestre.

xoves, 29 de febreiro de 2024

Celebración do Día de Rosalía

Celebramos o aniversario de Rosalía de Castro con diferentes propostas como foron os poemas que gravou o alumnado de 2ºB de Educación Primaria recitando a Rosalía e os poemas que crearon os alumnos/as de 6ºA de Educación Primaria dentro da proposta Caldo de Gloria, na que transformaron receitas de cociña de platos típicos galegos en poemas moi saborosos.

Desfrutade con eles!

luns, 19 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

O próximo venres 23 de febreiro, conmemoraremos o día do nacemento de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía de Castro propón, como cada ano, diversas actividades para lembrarnos da escritora galega. Este curso coa actividade de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. O que podemos facer no centro é transformar unha receita de cociña, realizada con produtos de uso cotía e de orixe galego, nun poema moi saboroso. Poderedes gravar coa vosa voz estas obras no estudio de radio, ademais se queredes podemos gravarvos lendo poemas de Rosalía de Castro nos recreos coa axuda dos voluntarios de biblioteca. Animádevos a celebrar a semana de Rosalía de Castro!

xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. Como é tradicional desde a Fundación Rosalía de Castro propoñen diversas actividades para lembrarnos da escritora galega. Neste ano a través de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. Na páxina web do centro tedes recursos para celebrar e lembrar a Rosalía compartidos polo EDLG. Desde o equipo de biblioteca na semana anterior estivemos gravando uns poemas que recitou o alumnado de Educación Infantil e Primaria e que hoxe soaron pola megafonía do centro á entrada e na hora de ler, deixámoslos tamén nesta entrada por se non tivestes oportunidade de oílos ou os queredes volver escoitar.

Feliz Día de Rosalía! 

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro. Como xa se publicou semanas atrás esta celebración, que ata agora se facía o 24 de febreiro, debido ao recente descubrimento fai que esta data se traslade a un día antes, podedes acceder á información na páxina web da Fundación Rosalía de Castro.

luns, 22 de febreiro de 2021

Concurso semana 4

O mércores 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, outra escritora galega que é universal a través da súa obra. Na entrada da biblioteca temos unha pequena exposición de obras da autora galega que vos recomendamos ler, hai lecturas para todas as idades.

Por este motivo, esta semana as preguntas do concurso terán como protagonista a Rosalía de Castro, que como sabedes era 14 anos maior que Emilia Pardo Bazán. Pese aos distintos ámbitos nos que vivían, compartiron época e mesmo foron veciñas. Hai moita lenda sobre a relación que mantiñan ambas escritoras, como nos explican distintos expertos neste artigo do 8 de xaneiro en La Voz de Galicia, pero o certo é que ambas son referentes culturais da nosa terra.

xoves, 27 de febreiro de 2020

Día de Rosalía

Tal e como fixemos o pasado curso, o 24 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro), nesta ocasión celebrámolo uníndonos á proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) e tratamos o tema dos errantes polo mundo a través da poesía de Rosalía. As actuacións propostas polo EACE, EDLG e Biblioteca que estamos a desenvolver son:

luns, 25 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o aniversario de Rosalía de Castro. No centro quixemos conmemorar esta data con diversas actividades colaborando cos EDLG e co EACE. 

Na entrada da biblioteca realizamos unha exposición cos diversos fondos relacionados coa poeta galega da nosa biblioteca e de fondos emprestados polas Bibliotecas Municipais.