Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

VENREXPERIMENTOS!

 Volveron os VenreXperimentos ao Emilia este mes de novembro polo mes da Ciencia en galgego nas Bibliotecas.

Visitounos un antigo mestre do Emilia ao que lle agradecemos enormemente que siga colaborando con nós neste tipo de actividades, que son tan entretidas, emocionantes e cheas de creatividade para a rapazada. 

Deixamos un pequeno recopilatorio do ben que o pasou o alumnado de 3ºEP: 



venres, 29 de novembro de 2024

VenreXperimentos de decembro

Esta semana remataron os experimentos de novembro coa exploración dos efectos da luz e a tensión superficial na auga por parte do alumnado de 1º de Educación Primaria e damos comezo ás experiencias que se realizarán no mes de decembro, no que o alumnado dos diferentes grupos de cuarto de Educación Primaria elaborará a súa propia postal de Nadal que se iluminará cun led, aprendendo tamén as nocións e funcionamento dun circuíto eléctrico.

xoves, 7 de novembro de 2024

VenreXperimentos bota a andar

Comeza novembro e como todos os cursos celebramos o mes da ciencia en galego. Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando esta celebración nas propias bibliotecas. Editan un manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración, este ano elaborado por Felipe Criado-Boado, arqueólogo, Profesor de investigación del CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, con sede en Santiago.

venres, 3 de maio de 2024

Os VenreXperimentos rematan

Hoxe remataron os VenreXperimentos deste curso. Ao longo destes meses pasou pola biblioLab alumnado de todos os cursos e grupos de Educación Primaria, e puideron achegarse á ciencia e a experimentos cos que, ademais de aprender, tamén puideron divertirse. Agradecemos a Salvador que desenvolvese esta actividade con tanto agarimo e ao alumnado voluntario da biblioteca por axudarnos os venres de cada mes a desenvolver cada experiencia.

martes, 9 de xaneiro de 2024

Venres eléctricos

Esta semana comezamos os primeiros VenreXperimentos de 2024 coa visita do alumnado de 2ºEP á biblioLab para aprender e experimentar coa electricidade a través dos retos que se lles presentarán.

mércores, 20 de decembro de 2023

Venres de decembro

O venres da semana pasada rematamos os experimentos deste mes, nos que o alumnado de 4ºEP investigou sobre a electricidade e os circuítos na actividade da postal luminosa, coa que nestas datas agasallarán a alguén. Na columna da esquerda tedes as instrucións de todos os VenreXperimentos que realizamos ata agora, por se os queredes replicalos nas vosas casas.

Mirade como iluminan estas postais...

venres, 1 de decembro de 2023

Postais en decembro

Finalizado "Novembro mes da ciencia en galego", a semana pasada tamén remataron as experiencias coa luz, pero esta semana xa comeza unha nova xornada dos VenreXperimentos, coa elaboración das postais de Nadal iluminadas cun led alimentado por unha batería grazas a un circuíto eléctrico. Nesta ocasión pasarán os cursos de 4º de EP pola BiblioLab para aprender sobre electricidade e para felicitar as festas a aquelas persoas que desexen.

martes, 7 de novembro de 2023

Novembro mes da ciencia en galego

E xa estamos en novembro! Como cada curso comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas da USC, investigador principal e divulgador na USC. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos. En novembro cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz. Nos meses seguintes, ata maio, pasarán os demais cursos para aprender a través de experiencias científicas.

venres, 12 de maio de 2023

VenreXperimentos en maio

No mes de maio rematamos a actividade que estivemos desenvolvendo con todos os grupos de educación primaria durante os venres desde novembro. Nestes obradoiros quixemos dar acceso á ciencia a través de diversos experimentos. O alumnado doutros cursos pode realizar os experimentos coas súas mestras seguindo as instrucións que tamén están dispoñibles na biblioLab.

Neste último mes, o alumnado de 6ºEP realizará Slime con varios ingredientes que temos na biblioLab.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Xaneiro eléctrico

Retomamos os VenreXperimentos con experiencias relacionadas coa eletricidade. O alumnado de 3ºEP realizará na biblioLab diversas actividades nas que terá que resolver diferentes retos relacionados coa electricidade, desde enviar unha mensaxe en código Morse, acender unha ou dúas lámpadas, poñer en funcionamento un motor ou deseñar un circuíto utilizando placas de prototipado de electrónica.

venres, 16 de decembro de 2022

Venres de ciencia en familia

O alumnado de 4ºEP rematou hoxe no último venres de mes coas actividades dos VenreXperimentos. Nesta ocasión realizaron unha postal con luz para felicitar as festas a quen elas/es desexen. Ademais realizamos a primeira sesión de "Biblioteca e familia", na que familias acudiron xuntas á BiblioLab para elaborar cadansúa felicitación navideña con moita luz. A continuación tedes algúns dos momentos destas xornadas.

mércores, 11 de maio de 2022

Batería salgada

Neste mes rematamos os VenreXperimentos deste curso no que nos centramos en experiencias que estiveran relacionadas co mar, así que este último non podería ser unha excepción. Utilizaremos auga salgada (do mar ou misturando auga da billa con sal), xunto con outros materiais, para producir enerxía igual que o fan as baterías que podedes comprar en calquera tenda. Na infografía que acompaña esta entrada tedes todos os materiais necesarios e os pasos a seguir para acadar acender un led.

domingo, 6 de febreiro de 2022

Peixes que nadan na biblioLab

No mes de febreiro os nenos/as de 3º de EP acudirán aos VenreXperimentos que se realizan na biblioLab. Nesta ocasión realizarán o experimento no que se descubre o que é a tensión superficial a través de facer que un peixe nade na cubeta de auga preparada.

luns, 17 de xaneiro de 2022

VenreXperimentos en xaneiro

Retomamos os VenreXperimentos neste mes de xaneiro coa experiencia para tomar conciencia da acidificación dos océanos, dos motivos polos que se produce, desde cando sufren este problema e as consecuencias sobre a vida.

Nesta actividade estamos a traballar os ODS4, ODS6, ODS7, ODS11, ODS12, ODS13 e ODS14.

domingo, 28 de novembro de 2021

VenreXperimentos de decembro

No pasado mes celebramos Novembro mes da ciencia en galego, neste mes comezamos cos VenreXperimentos, nos que os nenos/as de 1º de EP experimentaron sobre a refracción, nesta ocasión puidemos facer 6 obradoiros para que todo o alumnado accedese á experiencia.

No mes de decembro tócalle aos maiores do colexio, nestes tres obradoiros aprenderemos sobre a electricidade a través dos circuítos en papel, realizando unhas postais para felicitar o nadal.

mércores, 3 de novembro de 2021

Novembro mes da ciencia en galego

Como todos os cursos en novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando esta celebración nas propias bibliotecas. Editan un folleto co que dar visibilidade a esta conmemoración, neste folleto inclúese un manifesto elaborado por Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química e investiagdora en intelixencia artifical e que foi premio María Wonenburger 2020, no que se fai mención ó labor das bibliotecas en prol do coñecemento, os descubrimentos...

Mañá visitarannos Carlota e Ángeles para ensinarlle ao alumnado de 4º de EP o labor que se desenvolve no Oceaneográfico, ver algúns dos intrumentos que se utilizan e aprender sobre a figura de Ángeles Alvariño, dentro do programa La vida marina al microscopio.

xoves, 18 de febreiro de 2021

Peixe nadador

Remataron as experiencias coa tensión superficial. A través do movemento do seu peixe de cartolina, os nenos/as de 2º de E.P. descubriron en que consiste e os seus efectos. Na biblioLab o alumnado destes grupos divertíuse coa ciencia e viron como está presente na vida cotiá.

domingo, 31 de xaneiro de 2021

VenreXperimentos en febreiro

Esta semana comezan os VenreXperimentos de febreiro dirixidos ao alumnado de 2º de E.P. Nesta ocasión veremos en que consiste a "tensión superficial" mediante o experimento do peixe nadador. A actividade desenvolverase na biblioLab co seguinte calendario:

Venres 5 de febreiro 2ºA

Mércores 10 de febreiro 2ºB

Xoves 18 de febreiro 2ºC

Lembranos que de cada curso poderán asistir a estas sesión 10 alumnos/as.

sábado, 19 de decembro de 2020

Postais que iluminan o Nadal

O venres pola mañá, o último grupo realizou as súas postais con luz. No mes de dembro pasaron pola biblioLab os tres grupos de 3º e de 4º de Educación Primaria para elaborar as postais decoradas cun led. Había distintas propostas que cada alumna/o decorou ao seu gusto, para finalmente montar o circuíto que permitise que a postal fose interactiva e que acendese un led no momento que se pulsase o botón.

luns, 30 de novembro de 2020

VenreXperimentos en decembro

Hoxe remata o período de novembro "Mes da ciencia en galego" e mañá facemos a última sesión dos VenreXperimentos adicada ao electroimán con nenos/as dun grupo de 5º de E.P. Este curso decidimos continuar cos VenreXperimentos con outra experiencia dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E.P., aínda que non todas serán en venres, nin no último venres de cada mes, durante todo decembro continuaremos divertíndonos coa ciencia. Neste caso utilizaremos a expresión plástica para coñecer algúns aspectos sobre os circuítos eléctricos.