Amosando publicacións coa etiqueta electricidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta electricidade. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

VENREXPERIMENTOS!

 Volveron os VenreXperimentos ao Emilia este mes de novembro polo mes da Ciencia en galgego nas Bibliotecas.

Visitounos un antigo mestre do Emilia ao que lle agradecemos enormemente que siga colaborando con nós neste tipo de actividades, que son tan entretidas, emocionantes e cheas de creatividade para a rapazada. 

Deixamos un pequeno recopilatorio do ben que o pasou o alumnado de 3ºEP: 



venres, 3 de maio de 2024

Os VenreXperimentos rematan

Hoxe remataron os VenreXperimentos deste curso. Ao longo destes meses pasou pola biblioLab alumnado de todos os cursos e grupos de Educación Primaria, e puideron achegarse á ciencia e a experimentos cos que, ademais de aprender, tamén puideron divertirse. Agradecemos a Salvador que desenvolvese esta actividade con tanto agarimo e ao alumnado voluntario da biblioteca por axudarnos os venres de cada mes a desenvolver cada experiencia.

martes, 9 de xaneiro de 2024

Venres eléctricos

Esta semana comezamos os primeiros VenreXperimentos de 2024 coa visita do alumnado de 2ºEP á biblioLab para aprender e experimentar coa electricidade a través dos retos que se lles presentarán.

mércores, 20 de decembro de 2023

Venres de decembro

O venres da semana pasada rematamos os experimentos deste mes, nos que o alumnado de 4ºEP investigou sobre a electricidade e os circuítos na actividade da postal luminosa, coa que nestas datas agasallarán a alguén. Na columna da esquerda tedes as instrucións de todos os VenreXperimentos que realizamos ata agora, por se os queredes replicalos nas vosas casas.

Mirade como iluminan estas postais...

venres, 1 de decembro de 2023

Postais en decembro

Finalizado "Novembro mes da ciencia en galego", a semana pasada tamén remataron as experiencias coa luz, pero esta semana xa comeza unha nova xornada dos VenreXperimentos, coa elaboración das postais de Nadal iluminadas cun led alimentado por unha batería grazas a un circuíto eléctrico. Nesta ocasión pasarán os cursos de 4º de EP pola BiblioLab para aprender sobre electricidade e para felicitar as festas a aquelas persoas que desexen.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Xaneiro eléctrico

Retomamos os VenreXperimentos con experiencias relacionadas coa eletricidade. O alumnado de 3ºEP realizará na biblioLab diversas actividades nas que terá que resolver diferentes retos relacionados coa electricidade, desde enviar unha mensaxe en código Morse, acender unha ou dúas lámpadas, poñer en funcionamento un motor ou deseñar un circuíto utilizando placas de prototipado de electrónica.

venres, 16 de decembro de 2022

Venres de ciencia en familia

O alumnado de 4ºEP rematou hoxe no último venres de mes coas actividades dos VenreXperimentos. Nesta ocasión realizaron unha postal con luz para felicitar as festas a quen elas/es desexen. Ademais realizamos a primeira sesión de "Biblioteca e familia", na que familias acudiron xuntas á BiblioLab para elaborar cadansúa felicitación navideña con moita luz. A continuación tedes algúns dos momentos destas xornadas.

luns, 28 de novembro de 2022

VenreXperimentos en familia

O pasado venres realizamos o último experimento do mes da ciencia, no que estivemos aprendendo sobre a refracción co alumnado de 1º de Educación Primaria, nos que durante este curso volvemos contar coa axuda das voluntarias/os da biblioteca.

O próximo mes estaremos investigando sobre a electricidade cos nenos/as de 4ºEP, para o que faremos unha postal para felicitar o nadal con iluminación propia.

mércores, 11 de maio de 2022

Batería salgada

Neste mes rematamos os VenreXperimentos deste curso no que nos centramos en experiencias que estiveran relacionadas co mar, así que este último non podería ser unha excepción. Utilizaremos auga salgada (do mar ou misturando auga da billa con sal), xunto con outros materiais, para producir enerxía igual que o fan as baterías que podedes comprar en calquera tenda. Na infografía que acompaña esta entrada tedes todos os materiais necesarios e os pasos a seguir para acadar acender un led.

domingo, 28 de novembro de 2021

VenreXperimentos de decembro

No pasado mes celebramos Novembro mes da ciencia en galego, neste mes comezamos cos VenreXperimentos, nos que os nenos/as de 1º de EP experimentaron sobre a refracción, nesta ocasión puidemos facer 6 obradoiros para que todo o alumnado accedese á experiencia.

No mes de decembro tócalle aos maiores do colexio, nestes tres obradoiros aprenderemos sobre a electricidade a través dos circuítos en papel, realizando unhas postais para felicitar o nadal.

mércores, 30 de xuño de 2021

Emilia Rebelde

Unha das actividades finais que se realizou nas aulas, dentro do PDI "Paseando con Emilia", foi "Emilia Rebelde", unha proposta dentro do Proxecta "Conversando con Dona Emilia" de 5º e 6º. O xerme da actividade estivo na formación do profesorado con Paola Guimeráns e co programa "Introdución á robótica en Primaria", xa que utilizamos as placas Echidna Shield para facer un panel interactivo como produto final e complementario á obra de teatro lido "Conversando coa Emilia".

A continuación presentamos a proposta realizada:

luns, 30 de novembro de 2020

VenreXperimentos en decembro

Hoxe remata o período de novembro "Mes da ciencia en galego" e mañá facemos a última sesión dos VenreXperimentos adicada ao electroimán con nenos/as dun grupo de 5º de E.P. Este curso decidimos continuar cos VenreXperimentos con outra experiencia dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E.P., aínda que non todas serán en venres, nin no último venres de cada mes, durante todo decembro continuaremos divertíndonos coa ciencia. Neste caso utilizaremos a expresión plástica para coñecer algúns aspectos sobre os circuítos eléctricos.

mércores, 25 de marzo de 2020

Alimentos con enerxía

Un dos obradoiros que estivemos desenvolvendo dentro do PDI Sabor e saber foi "Alimentos con enerxía", que consistiu en investigar se os alimentos eran capaces de producir enerxía eléctrica. O proceso tamén nos serviu para coñecer o método científico.

luns, 16 de decembro de 2019

Postal luminosa

O pasado venres nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. realizaron unha postal para felicitar de nadal que incorporaba luces no seu deseño. Como houbo algunhas participantes que non remataron o venres, hoxe volveron a acudir á BiblioLab para acabar a súa felicitación. Este foi o último VenreXperimento de 2019, pero o novo ano traeranos novos venres de experimentos.

luns, 4 de novembro de 2019

Ciencia en galego

Neste mes, seguindo a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura, imos celebrar "Novembro mes da ciencia en galego", queremos promocionar desde a biblioteca todo o relacionado coa ciencia.  A científica Alicia Estévez Toranzo elaborou o manifesto deste curso.

venres, 23 de novembro de 2018

Experimentamos coa electricidade

Segundo VenreXperimentos no que nos propuxemos aprender a través da experimentación coa electricidade. A través de seis retos, os nenos/as de distintos grupos de 4º, 5º e 6º de E.P. estiveron realizando circuítos eléctricos básicos.