venres, 26 de xaneiro de 2024

Os bosques submarinos

O alumnado de 5º de EP está interesado na investigación, dentro do PDI Paisaxes encantadas, sobre os bosques submarinos, por este motivo convidaron ao director do Aquarium Finisterrae, Francisco Armesto Ramón, para que lles falase sobre estes ecosistemas mariños.

Os tres grupos asistiron na biblioteca á charla na que, ademais de escoitar a información que o experto lles explicou, tamén puideron solucionar algunhas das dúbidas que tiñan sobre o tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario