Amosando publicacións coa etiqueta alimentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimentación. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

O próximo venres 23 de febreiro, conmemoraremos o día do nacemento de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía de Castro propón, como cada ano, diversas actividades para lembrarnos da escritora galega. Este curso coa actividade de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. O que podemos facer no centro é transformar unha receita de cociña, realizada con produtos de uso cotía e de orixe galego, nun poema moi saboroso. Poderedes gravar coa vosa voz estas obras no estudio de radio, ademais se queredes podemos gravarvos lendo poemas de Rosalía de Castro nos recreos coa axuda dos voluntarios de biblioteca. Animádevos a celebrar a semana de Rosalía de Castro!

domingo, 14 de xuño de 2020

Receitas "Sabor e saber"

Photo by Dan Gold on Unsplash
Ao longo do curso, en colaboración co EDLG e EACE, elaborouse un libro de receitas achegadas polo alumnado de Educación Primaria do colexio. Debido ao confinamento puidemos recompilar as do alumnado de 1º a 4º de E.P.

mércores, 19 de febreiro de 2020

Máis Legoalimentos

Nesta ocasión presentamos a investigación realizada polos nenos/as de 2ºC de E.P. que estiveron procurando información sobre os alimentos, transformándoa e creando na parede lego as réplicas.
Na pasada semana gravaron no estudo de Emilia na onda os seus produtos. Xa están dispoñibles no programa Legoalimentos, xunto coas achegas dos seus compañeiros/as de 5ºB de E.P.

mércores, 5 de febreiro de 2020

Obradoiros "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"

Mañá continúan os obradoiros "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña" impartidos por profesionais do ámbito da nutrición da empresa Nutriciona. Estes talleres véñense desenvolvendo os xoves e venres na BiblioLab e xa pasaron os nenos/as de Educación Infantil e as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria.

martes, 3 de decembro de 2019

Vós contades: nutrición

Hoxe acudiu ao centro Carmen, nai de Javier (alumno de 6º de E.P.), para compartir cos alumnos/as de 5º e 6º de E.P. Unha xornada na que se desenvolveron distintos obradoiros relacionados cos alimentos e coa cociña  e que estivo estruturada en dúas sesións. Esta é a primeira xornada deste curso da edición de Vós contades! na que as familias acuden ao colexio para contar historias, realizar actividades, entre outras cos nenos/as do colexio.

xoves, 28 de novembro de 2019

Obradoiros "Sabor e saber"

Photo by Marc Szeglat on Unsplash
Neste mes comezamos na BiblioLab unha serie de obradoiros nos que estamos relacionar os alimentos con outros aspectos como a ciencia, a investigación ou a arte.
Estanse a desenvolver catro experiencias:
- O volcán ácedo
- Alimentos con enerxía
- Legoalimentos
- Alimentos de papel
Nesta entrada presentamos o desenvolvemento do Volcán ácedo. Tamén aproveitamos para anunciar que en próximas semanas compartiremos esta experiencia con outro centro educativo da contorna a través de videoconferencia.

martes, 12 de novembro de 2019

Libros que alimentan

A próxima semana comezaremos o concurso "Libros que alimentan" no que cada semana propoñeremos unha pregunta relacionada coa alimentación, a resposta terase que buscar nos libros relacionados co P.D.I. “Sabor e saber”, que están situados na exposición permanente na entrada e no interior da biblioteca. As respostas estarán nalgún dos libros desta exposición. Ademais da pregunta haberá algunha pista como poderá ser o título do libro, o teixo ou unha imaxe da cuberta.
Poderase participar de xeito individual, parellas, grupos de cinco ou aula. Os puntos compartiranse nos grupos, parellas e aula, sendo os mesmos que de xeito individual.
Se a resposta fose correcta sumarase un punto, se ademais se cita o libro correctamente (Autor/a / Título/ Editorial) sumarase un segundo punto.

luns, 4 de novembro de 2019

Falamos sobre a alimentación

O pasado día 16 de outubro comezamos a desenvolver o proxecto documental integrado "Sabor e saber" a través do diálogo sobre tema do que imos aprender durante o curso. Nas aulas falaron sobre aquilo que sabían e o que querían saber sobre a alimentación desde diferentes perspectivas. Froito deste traballo obtivéronse estas dúas imaxes que recollen os coñecementos previos e que tamén nos mostran os intereses do alumnado respecto ás liñas de investigación que se seguirán.

mércores, 16 de outubro de 2019

Día da alimentación

O 16 de outubro celebramos o Día mundial da alimentación, aproveitamos este día para anunciar o comezo do Proxecto Documental Integrado "Sabor e saber", no que investigaremos sobre a importancia da alimentación para a saúde, tanto do noso corpo, como do planeta. As aulas de Educación Infantil xa comezaron desenvolvendo o proxecto de alimentación saudable con distintas actividades na aula.