Amosando publicacións coa etiqueta autoras/es. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autoras/es. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de marzo de 2025

Encontro con Raúl Vacas

O poeta Raúl Vacas visitounos hoxe para iniciar as celebracións polo Día da poesía e, unha semana antes, compartir co alumnado de 1º e 3º de Educación Primaria a maxia da poesía.

Que ben o pasamos!

mércores, 15 de maio de 2024

Encontro con Andrea Maceiras


Esta semana recibimos a Andrea Maceiras para conversar co alumnado de 6ºEP sobre as obras que leron ao longo do curso. Ademais de comentar sobre as personaxes, o proceso de creación literaria tamén se achegaron á profesión de escritora e algunhas cuestións personais da autora.

venres, 22 de marzo de 2024

Obradoiros de poesía con Dores Tembrás

O alumnado de 6ºEP estivo o venres experimentando coa poesía con Dores Tembrás a través do obradoiro de "Poesía e Grafitti" exploraron este xénero literario e tamén as súas emocións nunha xornada na que este xénero literario engaiolou a alumnado e profesorado.

mércores, 21 de febreiro de 2024

Encontro con Angélica Sátiro

Xornada compartida con Angélica Sátiro no colexio, visitounos para compartir con alumnado e profesorado os seus coñecementos sobre filosofía e sobre o fomento da creatividade. Pola mañá estivo co alumnado de 5º de EP para que lle fixesen unha entrevista, previamente prepararon o encontro cunha serie de cuestións que lles pareceron de interese despois de coñecer a biografía e traballos de Angélica. Esta entrevista a poderedes escoitar na próxima edición de Onda Ti, que se publicará o venres 22 de marzo.

venres, 24 de febreiro de 2023

Encontro na biblioteca

O alumnado de 5º de EP aprenderá sobre unha profesión con grande arraigamento en Galicia, como é a de pescador. Así volveremos a escoitar a Rogelio Santos Quiruga, que máis aló do seu labor de concienciación en redes, é quen de transmitir o amor pola súa profesión e tamén pola conservación do medio ambiente, facendo compatibles ambas. Se tedes a oportunidade non podedes perdervos a entrevista que lle fixo o alumnado o pasado curso.

 

Feliz venres!

 

martes, 31 de xaneiro de 2023

Encontro con Xesús Fraga

A emigración nos diversos períodos da historia de Galicia tamén forma parte do noso patrimonio inmaterial, así teremos a Xesús Fraga, xornalista e escritor (premio nacional de narrativa en 2021). Compartirá co alumnado de 4º de EP, e todo aquel que queira seguilo por vídeo en directo, cuestións relativas á emigración e as súas vivivencias e das familiares relativas a ela. O encontro comezará ás 12:20h, previamente o alumnado de 6ºEP realizaralle unha entrevista no estudio de Emilia na Onda. Nesta entrada poderedes seguir o encontro.

sábado, 19 de decembro de 2020

Viaxeiros por papel en liña con Diego Arboleda

Onte pola tarde compartimos uns minutos dialogando con Diego Arboleda sobre a súa obra "Prohibido leer a Lewis Carroll". Aínda que tamén abordamos temas como o proceso creativo das súas obras, a relación que establece cos ilustradores/as, compartiu algunhas curiosidades sobre as personaxes do libro, vimos algunhas das edicións noutros idiomas, como a que se publicou en idioma chinés.

xoves, 17 de decembro de 2020

Encontro virtual con Diego Arboleda

Os nenos/as do club "Viaxeiros por papel" estiveron lendo a obra de Diego Arboleda e Raúl Sagospe "Prohibido leer a Lewis Carroll". Durante este período de tempo falaron sobre a historia, dialogaron sobre as personaxes e gozaron compartindo opinións sobre o libro. Contamos coa colaboración da Biblioteca Municipal de Los Rosales e das súas bibliotecarias, que prepararon este fermoso vídeo, colofón da primeira etapa do club, no que aparecen as nenas/os e tamén as mestras mediadoras.

luns, 19 de outubro de 2020

Día das escritoras, comezo do PDI deste curso

Hoxe, 19 de outubro, celébrase o Día das escritoras. Con motivo desta conmemoración queremos iniciar o Proxecto Documental Integrado deste curso, que estará adicado a unha escritora coruñesa.

Esta celebración foi promovida desde 2016 pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, ejecutivas, profesionles y empresarias (FEDEPE) e  a Asociación Clásicas y Modernas co obxectivo de "reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia". 

Nesta ligazón aparecerán as distintas propostas que xurdan das bibliotecas da rede PLAMBE de Galicia.

mércores, 30 de setembro de 2020

Morre Quino, o pai de Mafalda

© Quino Vía Pinterest
Todos os xornais recollen hoxe  a triste nova do pasamento de Quino, pseudónimo do debuxante Joaquín Salvador Lavado.  Quino residía Mendoza (Arxentina), a cidade onde tamén nacera hai 88 anos. O seu personaxe máis coñecido é Mafalda, esa nena tan divertida e peculiar, capaz de deixar coa boca aberta a todos coas súas ocorrencias.

domingo, 12 de maio de 2019

Divertímonos e aprendemos na biblioteca

Durante o mes de abril e maio a biblioteca acolleu distintas visitas, como foron as de diversos autores/as e alumnos/as doutro centro educativo.

martes, 19 de marzo de 2019

Visita de Pedro Mañas

O pasado luns, día 11, visitou o noso Centro o coñecido escritor Pedro Mañas. Este madrileño é autor de máis de vinte obras literarias dirixidas ao público infantil e xuvenil.

venres, 8 de marzo de 2019

Pedro Mañas na Biblioteca

Vía Revista Babar
O próximo luns 11 de marzo visitará a biblioteca Pedro Mañas para conversar cos nenos/as de 5º de E.P. sobre a lectura de Apestoso tío Muffin, editado por Anaya e que recibiu o XV premio Anaya.
Autor de álbums como O segredo de avó oso ou Señor aburrimiento, obras de narrativa para distintas idades como Cuarenta cuentos a todo vapor ou Cuentos criminales e de poesía como Trastario ou Ciudad Laberinto.
Os nenos/as do CEIP Emilia Pardo Bazán poderán gozar do humor e do enxeño do autor, que predomina en toda a súa obra.
Benvido Pedro!

domingo, 17 de febreiro de 2019

Ana Alcolea na Biblioteca EPB

Créditos: dream-alcala.com/
A biblioteca acollerá mañá a visita da escritora Ana Alcolea. Durante a mañá dialogará co alumnado de 6º de Educación Primaria sobre a lectura do seu libro "El retrato de Carlota".
Benvida Ana!