Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de setembro de 2026

OFERTA CLUBS DE LECTURA 2026-22027


Neste novo curso, os Clubs de Lectura ofertados son os seguintes: 


Como novidade,  este curso ofértase un Club de Lectura para 3ºEP co obxectivo de mellorar a competencia e a comprensión lectora do alumnado. Este club chámase "CONTOS Á BEIRA DO MAR". Terá lugar o 2º mércores de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición  ao Club de Lectura  "CONTOS Á BEIRA DO MAR" 3ºEP

COMPLETO



Para 4ºEP o Club de Lectura ofertado é o de PAPALIBROS. Narrativa en galego e castelán. A súa periodicidade será o 2º martes de cada mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                       Preinscrición  ao Club de Lectura  "PAPALIBROS" 4ºEP



Seguimos coa oferta dos Clubs para 5ºEP. Neste caso hai varias opcións: 

Opción VIAXEIROS POR PAPEL. Narrativa en galego e castelán. Club de Lectura que terá lugar todos os primeiros mércores de mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                Preinscrición  ao Club de Lectura "VIAXEIROS POR PAPEL" 5º EP

COMPLETO 


Opción ENRE2 EPB. Club de Ficción Dixital (videoxogos) no que o alumnado aprende a analizar a narrativa que hai detrás de videoxogos de calidade, tendo en conta a historia que se conta no xogo, as estratexias a levar a cabo, o obxectivo a conseguir. Así o alumnado emite un xuízo crítico e participa nun debate entre compañeiros e compañeiras. Este club terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Ficción Dixital "ENRE2 EPB" 5ºEP



Opción FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS. Actividade baseada no diálogo, que terá como tema este curso a banda deseñada (cómic). Terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

          Preinscrición á actividade "FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS" 5ºEP


E por último, ofértanse dous Clubs de Lectura para 6ºEP: 

Opción en galego e castelán: Club de Lectura BOLBORETAS LECTORAS que terá lugar o primeiro xoves de mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Lectura "BOLBORETAS LECTORAS" 6ºEP


Opción en inglés: Club de Lectura BOOKWORMS que terá lugar o primeiro venres de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Lectura en inglés "BOOKWORMS" 6ºEP

COMPLETO


Recordade que o feito de inscribirse nesta web non confirma a participación aos Clubs de Lectura. Unha vez recibidas as preinscricións, os participantes seleccionados recibirán o díptico informativo do Club no que foi aceptado a modo de formalización de matrícula e deberá vir cumplimentado e asinado pola familia. 

Animádevos a participar!

xoves, 4 de xuño de 2026

CLUB DE LECTURA ENTRELIÑAS

 E poñemos fin ao resumo dos Clubs de Lectura con este, o noso primeiro club de lectura para adultos/as. Deste club forman parte persoas en activo no noso cole, e tamén persoas que formaron parte do Emilia, e que seguen a formar parte desta grande familia.

A por outro curso lector, agradecendo a Manuel a súa participación, xestión e asesoramento da literatura.

Aquí vos deixamos uns recordos, entre eles, unha xuntanza que tivo lugar na nosa biblioteca onde Dores Tembrás, autora do libro "Enxertos", obra lida polo club, veu acompañar, comentar e falar cos nosos lectores e lectoras.



CLUB DE LECTURA "PAPALIBROS"

Tamén finaliza a súa andaina lectora o Club de Lectura "Papalibros" de 5ºEP.  

Comezaron a súa viaxe, como non pode ser doutra maneira, cunha maleta. Pero non unha maleta calquera. Unha maleta que traía catro libros. O reto encomendado era viaxar polo mundo a través do mapa seguinte e relacionar os lugares significativos dos libros con sitios emblemáticos de A Coruña.

Nesta viaxe, leron "Lena, Theo y el mar" onde descubriron unha pequena aldea noruega chamada Terruño Mathilde e onde os valores da amizade e o amor estiveron moi presentes. 

Tamén se atoparon co Amazonas, lendo o libro "A folla azul" onde os protagonistas amosaron moita valentía e a natureza era o escenario maioritario.

Seguiron as sesións de lectura a través do libro "La canción del pájaro TOC" onde debatiron e comentaron sobre o importante concepto da liberdade.

E finalmente, leron "El árbol que crecía en mi pared" para coñecer e entender unha capacidade moi importante para a vida: a resiliencia.

Grazas de novo ás colabordoras da biblioteca municipal de Los Rosales por dinamizar os nosos clubs de lectura.


Ata o próximo, ano, lectores e lectoras!



CLUB DE FICCIÓN DIXITAL ENRE2EPB

Xogar si, pero doutra maneira (así nos dixo Lucas Ramada cando o coñecemos) e a partir daí, temos club de ficción dixital na biblio EPB.

Chegando ao final do curso, as mestras que levaron a cabo o club de ficción dixital Andrea e María queren facer un balance. 

Neste curso comezaron buscando obxectos e persoas no mundo en branco e negro de Hidden Folks.

Axudaron a uns pequenos insectos a derrotar ao Mal e a salvar o seu mundo en Botanicula. Tocou despois resolver moitos acertixos que recordaban algún conto clásico en Gnog.

Escapóuselles unha lágrima acompañando a Old Man na súa emotiva viaxe en busca do seu pasado... Polo medio, tentaron sobrevivir como puideron a Superhexagon (din os asistentes ao club). 

Fixeron moitas flexións cun cativo en My exercise. E remataron axudando ao traste de Milo a volver á súa casa, enfrontando as súas terribles enimigas as pegas.

Todo isto acompañado de moita charla sobre como lles fala o xogo, que historia conta, como son os protagonistas... Porque, como dixeron ao principio: "QUEREMOS XOGAR POR XOGAR, PERO AO NOSO XEITO" cunha mirada crítica que busque superpoñer a calidade sobre o comercial e que deixe claro que xogar xuntos é moito máis divertido que sos.





Vémonos o vindeiro curso!

martes, 2 de xuño de 2026

CLUB BOLBORETAS LECTORAS 6ºEP

 O club "Bolboretas Lectoras" de 6ºEP remata tamén as súas sesións coa mestra Dolores. Comezaron lendo o libro titulado "A invención de Hugo Cabret", un libro xoia que conta con 284 ilustracións e un autómata.


















Logo, Lilí, a bibliotecaria da biblioteca municipal de Los Rosales presentoulles ao alumnado a banda deseñada "La guerra de Catherine", a historia dunha adolescente que vive a segunda Guerra Mundial en Francia.

O club seguiu a súa traxectoria lectora cunha obra de Manuel Rivas, esta vez relacionada co noso Proxecto Documental Integrado de centro "Vivir na Coruña" titulada: "A nena lectora" onde Nonó fará que as traballadoras da fábrica de tabaco soñen mentres traballan. Tamén leron  "Novo Mundo" de "El primo Ramón", onde coñeceron a vida de Isabel Zendal na expedición da vacina.




E para rematar, tiveron a derradeira tertulia co libro "Corazón de pájaro" de Mar Benegas.





Ata aquí o percorrido lector deste club durante este curso. Para o ano que vén... máis, porque mellor, é complexo!




CLUB DE LECTURA "VIAXEIROS POR PAPEL" - CURSO 2025-2026

 Xa estamos a rematar o curso e queremos ensinarvos a través dun pequeno vídeo uns momentos que viviu o noso alumnado de 4ºEP no Club de Lectura "VIAXEIROS POR PAPEL".

Comezaron o club aprendendo o que era un club de lectura e coñecendo o lugar prefirido de lectura da mestra Aurora. 

Logo, coñecen os libros que van ler durante o curso, pero non ven os libros físicos, se non que a través duns paquetes sorpresa onde hai elementos relacionados cos libros descobren cales van ser as lecturas.

O alumnado viaxou polas páxinas de  "Mofeto y Tejón" donde dous animais se ven obligados a convivir sendo moi diferentes, e finalmente, nace unha bonita amizade. 

Tamén descubriron o álbum ilustrado "Las Varamillas" no que Jo, o protagonista está farto da súa familia e decide aventurarse no bosque onde vivirá múltiples experiencias con criaturas fantásticas. E todo isto a través de debuxos de acuerala de Camille Jourdy.

Outra obra que formou parte da viaxe deste club foi "El libro inclinado" que como di o título, o libro físicamente está inclinado. E trata dunha historia que transcorre na pendente máis empinada do barrio, pola que Bobby se tira nun carriño de bebé e se atopa con moitos obstáculos, que esquivará ou non...

E entre outros, tamén leron "Catro plumas de dinosaurio" unha historia que transcorre nas Fragas do Eume cando un neno vai de excursión e está convencido de que ten que abrir a porta máxima que o levará aos fósiles de Cretáceo... mais, o que descubre é que detrás da porta, non hai fósiles como pensaba, se non... dinosaurios de verdade!

A cita que tiñan cada mes sempre era moi emocionante. A esta cita tamén viñan as nosas bibliotecarias da biblioteca municipal dos Rosales, ás que queremos agradecer enormemente a súa colaboración con nós en moitas das actividades que desenvolvemos. 


xoves, 19 de febreiro de 2026

CLUBS DE LECTURA

 Os clubs de lectura este curso seguen  vento en popa. Aquí vos deixamos unhas fotografías dalgúns dos momentos capturados durante as sesións dos nosos clubs. Esperamos que vos guste. E que para o curso que vén, vos animedes a participar nestes clubs. 


 





luns, 15 de setembro de 2025

Apertura de inscrición aos Clubs de Lectura e Diálogos Creativos


Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura, o pensamento computacional e o pensamento creativo en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos aos que poderedes inscribirvos o alumnado de 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. 

Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

mércores, 11 de xuño de 2025

Familias e lectura

Hoxe finalizamos dous programas como son "Biblioteca e Familias" e os Clubs de lectura co acto no que Pablo Díaz fixo unha actividade de animación a lectura contándonos uns contos e combinando coa súa música.

venres, 31 de xaneiro de 2025

ENRE2 nas Xornadas de Biblioteca Creativa

Este próximo mércores presentaremos dentro da Xornada de biblioteca creativa 2025 a experiencia de creación e desenvolvemento do Club de videoxogos ENRE2 EPB que botamos a andar no curso pasado. Aproveitamos para lembrar que ontes comezamos a xogar a Gorogoa e no que o alumnado tivo a oportunidade de pensar xuntos no significado das imaxes que se ían presentando ao longo do xogo e tamén nos mecanismos de xogo que se presentan nesta obra de Buried Signal, na que a banda sonora está composta por Joel Corelizt e publicado por Annapurna.

xoves, 28 de novembro de 2024

Unha nova viaxe...

Segunda sesión de ENRE2 EPB na que nos seguimos movendo pola natureza, hoxe comezamos unha viaxe cun home vello que percorrerá, ademais dun camiño pola contorna natural, un camiño pola súa propia vida, na que terá que enfrontarse a diferentes situacións, algunhas moi alegres e outras non tanto.

venres, 25 de outubro de 2024

ENRE2 EPB está de volta

Comezou a segunda edición de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, na que nos achegaremos a diferentes videoxogos. Os obxectivos serán que os nenos/as coñezan outra concepción dos xogos, nos que as paletas de colores, o modo de xogar, a música, a interrelación entre o xogador/a e o xogo, en definitiva, achegarnos a diferentes temas desde un punto de vista artístico.

luns, 16 de setembro de 2024

Apertura de inscrición aos Clubs de lectura

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogo aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

Aniversario de Emilia Pardo Bazán

A pasada semana retomas as clases, o mércores participamos da festa de benvida con diferentes postos para a lectura e para gozar aprendendo cos robots e coas pezas de construción.

Hoxe celebramos o aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha homenaxe decorando unhas máscaras que inclúen unha biografía da autora que dá nome ao noso colexio. Nesta entrada publicaremos as imaxes nas que todo o centro lle cantará o Feliz aniversario! e tamén leremos a biografía lucindo as nosas máscaras. Lembrámosvos que podedes aprender sobre Emilia Pardo Bazán no PDI "Paseando con Emilia".

venres, 14 de xuño de 2024

Encontro con Xurxo Souto

O pasado mércores 12 de xuño celebramos a última xornada de Lectura e familia coa actuación no centro de Xurxo Souto, na que compartiu moitas das súas historias da Coruña. Aproveitamos a ocasión para despedir o ano dos clubs de lectura do centro.

xoves, 7 de marzo de 2024

xoves, 25 de xaneiro de 2024

Xogamos a construír

Na primeira sesión deste ano en ENRE2 EPB xogamos a unha nova obra na que tivemos que construír un pobo imaxinado, porque non todas as construcións son iguais.

xoves, 21 de decembro de 2023

Tardes na biblioteca

Neste mes foron finalizando e comezando lecturas diversas os diferentes clubs de lectura que se desenvolven na biblioteca.

Os viaxeiros por papel lerán unha nova versión poética do conto de Carapuchiña vermella co libro "La noche de la visita". Os BookClub visitaron Londres, mentres Papalibros rematou o cómic de "El árbol que crecía en mi pared" e as Bolboretas Lectoras comezaron "La guerra de Catherine".

Pola súa parte, o alumnado participante en ENRE2 EPB rematou o xogo de Botánicula e no mes de xaneiro comezaremos cunha nova obra.

En diálogos filosóficos continuaron coa construción dunha nova mirada a través das súas conversas.

Nestas presentacións poderedes ver algunhas imaxes dos encontros.

martes, 5 de decembro de 2023

Visita de Rosa Aneiros

O pasado venres Viaxeiros por papel recibiu a visita de Rosa Aneiros!!! A autora de "Catro plumas de dinosauro" contou como se lle ocurriu a historia e moitas cousas máis no encontro que tivo co alumnado de 4ºEP participante no club de lectura. Moitas grazas!!!!

xoves, 30 de novembro de 2023

ENRE2 EPB avanza!

O pasado mes comezamos o club de lectura de ficción dixital ENRE2 EPB, no que nos achegaremos a obras adaptadas ás idades dos nenos/as e que pola súa calidade merecen ser coñecidas e desfrutadas. Comezamos por GNOG creado por Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP. Ademais de dialogar sobre as nove cabezas robóticas que compoñen o xogo, e que teñen cadansúa historia detrás, tamén crearon o seu propio nivel do xogo, que xuntaron a aquelas imaxes que lles chamaron a atención durante a experiencia.