Amosando publicacións coa etiqueta inscrición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inscrición. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2026

OBRADOIRO PARA ALUMNADO DE 6ºEP QUE FORMA PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA DO EMILIA:

✍️ OBRADOIRO PARA ALUMNADO DE 6ºEP QUE FORMA PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA DO EMILIA:

Convidamos ao equipo de voluntariado de 6ºEP da biblioteca do Emilia á participar nun obradoiro sobre "paisaxes creativas" impartido por @arteygarabato_vigo para agradecer e valorar a súa colaboración coas funcións da biblioteca.

Tamén está convidado o equipo de voluntariado do curso pasado que agora está no Insituto (soamente os que confirmaron asistencia por teléfono 📞).

🌐COMO ME INSCRIBO se son voluntario/a de 6ºEP ESTE CURSO?
Pinchando neste enlace e cubrindo os datos solicitados ou pinchando no enlace facilitado tamén no Post do Instagram da biblioteca (bibliotecaepb).

🗓️CANDO É?
Este venres 17 de abril de 16:30 a 18:30.

📍ONDE É?
Na BiblioLab do colexio.

✂️QUE TES QUE TRAER?
Un estoxo con tesoiras, pegamento, ceas de cores variadas, un rotulador negro (tipo Edding 1200).

Vos esperamos!

luns, 28 de xaneiro de 2019

Diálogos filosóficos

Publicamos as inscricións para os Diálogos filosóficos que se desenvolverán o 5 e 15 de febreiro de 16h. a 17h. para o alumnado de 3º e 4º de E.P. Continumos coa actividade que se desenvolveu cos nenos/as de 1º e 2º de Primaria.

luns, 22 de outubro de 2018

Inscricións para os Diálogos Filosóficos na biblioteca

Primeiro agradecervos a gran acollida da actividade entre todos vós, pero debido a gran demanda de prazas tivemos que organizar todas as solicitudes en tres sesións. Temos programadas dúas sesións de Diálogos Filosóficos na Biblioteca, a primeira desenvolverase o 6 de novembro e a segunda o 20 de decembro, ambas en horario de 16:15 a 17:00h. A terceira sesión está pendente de data.