Do 8 ao 12 de marzo celebrouse a Semana da prensa, por este motivo as preguntas do concurso estarán vencelladas ao labor xornalístico que desenvolveu Emilia Pardo Bazán, máis concretamente a que realizou nunha das súas viaxes por Europa, en concreto á Exposición Universal de 1889.
Amosando publicacións coa etiqueta prensa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prensa b>. Amosar todas as publicacións
martes, 6 de abril de 2021
Concurso semana 9
Temas relacionados:
concurso,
información,
PDI Paseando con Emilia,
poesía,
prensa,
recursos,
xogos
martes, 19 de maio de 2020
Reportaxe en El Ideal Gallego
O xornal El Ideal Gallego recolle o labor das bibliotecas escolares da comarca en tempos de confinamento. Nesta reportaxe ademais das bibliotecas do CEIP Graxal (Cambre) e do IES Monte das Moas (A Coruña) achega algunha das nosas actividades e opinións durante este período.Moi agradecidos pola difusión do traballo das bibliotecas escolares.
martes, 2 de abril de 2019
Semana da prensa
![]() |
| Vía Pixabay Licenza DP |
A pasada semana quixemos resaltar aspectos relativos á prensa e ao seu labor, así como coñecer a función dos diferentes profesionais que participan do seu desenvolvemento.
Como aparece na cita da cabeceira de F. Kafka "Ler é sempre unha expedición a verdade" e máis se nos referimos aos medios de comunicación. Por isto, no tempo das novas falsas, é moi importante saber diferenciar o que é verdade do que non. Para as familias recomendamos este pequeno vídeo de Rosa María Calaf en "O rol do xornalista ante a saturación do info-entretemento".
Temas relacionados:
BiblioLab,
biblioteca,
información,
prensa,
visita,
Vós contades!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



