Amosando publicacións coa etiqueta investigar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta investigar. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de xuño de 2026

FEIRA DAS MARABILLAS - PDI "VIVIR NA CORUÑA"

 E por fin podemos compartir con vós un vídeo recopilatorio da xornada de convivenza que tivo lugar o pasado martes 16 de xuño no colexio. 

Para rematar o noso PDI deste curso "Vivir na Coruña" organizamos unha feira expositiva dos produtos que o alumnado elaborou durante o curso relacionados co proxecto. 

Quixemos insipirarnos na tradicional feira medival coruñesa que ten lugar todos os anos na cidade vella da cidade no verán. 

Nós chamámoslle "Feira das marabillas coruñesas". Acudiron todo o alumnado e profesorado, así como as familias. 


Desfrutamos moito dese día, puxemos en valor todo o que o alumnado investigou e elaborou durante o curso e tamén tivemos tempo para xogar a distintos xogos elaborados polo propio alumnado con material de reciclaxe.


Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible que esta proposta pensada hai tempo, saíra adiante a todas as persoas que puideron vir aompañarnos. Para aqueles e aquelas que non puideron vivilo con nós, vos deixamos un vídeo para que tamén poidades ser partícipes. 


E agora sí, pechamos o noso PDI 2025-2026, pensando xa nas ideas para o vindeiro curso. 



luns, 1 de xuño de 2026

RUBÉN SANTAMARTA (director actual do xornal "La Voz de Galicia" en EMILIA NA ONDA!

O pasado venres 29 de maio, visitounos Rubén Santamarta, persoa relevante para a nosa cidade por ser o actual director do xornal "La Voz de Galicia".

O alumnado de 2ºC fixo sobre el unha tarefa de investigación e plasmaron as súas pesquisas en formato "mural". Este mural lle foi entregado a Rubén Santamarta durante a súa visita no colexio.

Ademais, o grupo de 2ºC entrevistou a Rubén na nosa emisora "Emilia na Onda" para que todos e todas o poidades coñecer mellor. Aquí vos deixamos o podcast que se gravou e unhas fotografías da visita e gravación. 





martes, 5 de maio de 2026

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE PODCAST "RADIO NA BIBLIO" 2026

 📻 Os cursos de 3°C, 2°C e varios nenos e nenas de E. Infantil participaron no concurso de “Podcast de radio” proposto pola @bescolaresgal.


As tres clases investigaron, trataron información, a usaron para trasladar información sobre Begoña Caamaño, persoa a quen se lle adican este ano as “Letras Galegas 2026”.


Deixamos por aquí as gravacións de radio que fixemos por se queredes escoitalas:

 


Foi un proxecto moi chulo no que nenos e nenas se involucraron completamente, cos axuda das súas mestras.
Noraboa polo traballo!


E noraboa tamén aos colexios gañadores!

mércores, 10 de decembro de 2025

CONCURSO PARA ALUMNADO MES DE DECEMBRO PROXECTO "VIVIR NA CORUÑA"


ATENCIÓN! Ampliamos prazo para entregar o concurso: data límite: LUNS 12 DE XANEIRO DO 2026.

E aquí chegou tamén outro concurso, desta vez para o alumnado do noso centro. Trátase de investigar o nome destes edificios e de escribir por que teñen ese nome. 

Como o noso proxecto é "Vivir na Coruña" por suposto, estes edificios sitúanse na nosa cidade.

Así que, investigadores e investigadoras, tócavos a vós. 

Este concurso, para que todos e todas poidades participar, vai por categorías: 

INFANTIL: Debuxando os edificios, consultando as fotografías de guía.  

1º CICLO DE PRIMARIA - 1º E 2º: Buscar o nome do edificio.

2º CICLO DE PRIMARIA - 3º E 4º: Buscar o nome do edificio, dicir que é,  e dicir onde está na cidade.

3º CICLO DE PRIMARIA - 5º E 6º: Buscar o nome do edificio, dicir que é e por que recibe ese nome.

ONDE PODEDES CONSEGUIR O LIBRIÑO COAS FOTOGRAFÍAS DOS EDIFICIOS PARA RESPONDER? Pois no noso cole, na entrada, onde está o mural do noso Proxecto. 

ATA CANDO PODEDES ENTREGAR AS RESPOSTAS? Pois ata o LUNS 12 DE XANEIRO DO 2026 (prazo ampliado). 

ONDE PODES ENTREGAR O LIBRIÑO COAS TÚAS RESPOSTAS? Na biblioteca a algún mestre/a do equipo de biblioteca. 

RECORDA POÑER O TEU NOME, APELIDOS E CURSO. 

GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!