Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO 2026

 


No Emilia este ano celebramos o "día do libro" durante as dúas derradeiras semanas de abril. 

Queremos levar a cabo lecturas compartidas entre o alumnado e tamén coas familias. 

Animádevos a vir, familias, anotádevos no enlace da publicación anterior. 


xoves, 16 de abril de 2026

FAMILIAS, VIDE CONTAR UN CONTO... OU O QUE QUEIRADES!


Co motivo da celebración do día do libro, desde a biblioteca EPB queremos convidar a todas as familias do colexio a  visitarnos para contar un conto, un poema, dramatizar algo, contarnos algo relacionado coa cidade da Coruña...

Queremos que poidades desfrutar de pasar un bo rato cos vosos cativos e cativas e que poidades colaborar coas actividades propostas polo equipo da biblioteca. 

Apostamos por unha conexión familia - escola real e nos gustaría compartir con vós estes momentos, que ademais, aos que máis ilusión lles fai é aos vosos nenos e nenas.

CANDO PODEDES VIR?

Desde o luns 20 de abril ata o xoves 30 de abril do 2026 en horario de mañá. 

COMO ME PODO INSCRIBIR?

Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos. 


Animádevos a participar! 

luns, 29 de abril de 2024

Así foi a semana do libro

Ao longo da semana pasada celebramos a Semana do libro con diferentes accións que tiveron por obxectivo facernos pensar que é un libro para nós, compartir libros e lecturas cos demais e tamén crear obxectos e elemrntos artísticos relacionados cos libros. Deste xeito:

xoves, 18 de abril de 2024

Semana do libro

A próxima semana celebraremos que o próximo 23 de abril celébrase o Día do Libro, por este motovo nos espazos da biblioteca desenvolveremos diversas actividades de conmemoración deste día.

sábado, 29 de abril de 2023

Así foi a Semana do Libro 23...

Esta semana desenvolvéronse no centro diversas accións para darlle visibilidade e darlle significado á celebración do Día do Libro, que culminaron onte coa terceira xornada do curso da actividade "A amizade nun libro", no que todo o alumnado do colexio estivo lendo nun balcón ao océano Atlántico. Todas as imaxes desta xornada podedes atopalas na páxina web do centro.

luns, 24 de abril de 2023

Semana do libro 2023

O pasado domingo 23 de abril foi o Día Internacional do libro e do Dereito de autor.
Debido á coincidencia cun día non lectivo quixemos adiar esta celebración ao longo desta semana, na que desenvolveremos algunha serie de accións para visibilizar este Día do Libro:

xoves, 26 de maio de 2022

Actividades polo Día do Libro

Actividade en 6ºEI
Actividade en 6ºEI
Publicamos o resultado das diversas accións que desenvolvemos con motivo do Día do Libro 2022. Comezamos o día 29 de abril realizando no recreo un programa de radio que emitimos pola megafonía do centro e na que alumnas voluntarias de biblioteca foron dando paso ás recomendacións de libros e lectura de parágrafos destes que fomos gravando durante a semana. Todas as accións sonoras pola celebración do Día do Libro 22 están recollidas na canle de Emilia na Onda.

xoves, 21 de abril de 2022

Festexamos o libro!

Comezamos a celebrar o Día do Libro (sábado 23 de abril), xa que desde o equipo de biblioteca consideramos que é un día especial e no que pretendemos resaltar a importancia que teñen nas nosas vidas os libros, desde que nos iniciamos como lectores ata que somos uns lectores xa experimentados. Festexamos con estas propostas, abertas a toda a comunidade educativa do centro, o Día do Libro, convidámosvos a participar!

venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro (actualizado)

Chegou o día no que celebramos o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor . Desde o equipo de biblioteca quixemos poñer en marcha tres iniciativas coas que pretendemos visibilizar a importancia dos libros nas nosas vidas.

Presentámosvos o resultado destas propostas que estivemos a desenvolver estas semanas e que permanecerán abertas a novas achegas que nos queiradees enviar nos próximos días. Agardamos que vos gusten e gocedes con elas. FELIZ DÍA DO LIBRO!

luns, 19 de abril de 2021

Concurso semana 11

Photo by Jaredd Craig on Unsplash
Esta semana está adicada ao libro, xa que o próximo venres será 23 de abril será o Día do libro, polo que continuamos coas preguntas relacionadas co libro no cuestionario desta semana. Ademais da selección de recursos relacionados con Emilia Pardo Bazán  engadimos a ligazón dun vídeo no que se explican as partes dun libro. Lembramos que tedes as distintas propostas que realizamos esta semana para conmemorar esta data tan especial para o equipo de biblioteca.

mércores, 14 de abril de 2021

Semana do libro


A próxima semana celébrase o Día do Libro, unha data especialmente sinalada nas actividades que se desenvolven desde o Equipo de biblioteca. Estas son algunhas das iniciativas que comezamos a por en marcha esta semana.

luns, 12 de abril de 2021

Concurso semana 10

Photo by Laura Kapfer on Unsplash
O próximo 23 de abril será o Día do libro, así que as próximas dúas semanas as preguntas estarán relacionadas cos libros que escribiu Emilia Pardo Bazán durante a súa vida e tamén por aqueles relacionados con ela que escribiron outras persoas, que estudiaron moito tanto sobre a súa vida como a súa obra.

xoves, 23 de abril de 2020

Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor: lemos O Principiño

Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor no que queremos reivindicar o libro nos diferentes formatos nos que podemos atopalo. Todos/as temos libros que apareceron nas nosas vidas e aí seguen, outros pasaron deixando algo deles en nós, algúns permanecen agardando a nosa volta e moitos agardan nos andeis das librarías ou bibliotecas, máis tamén nos andeis virtuais da rede, xa que o libro mudou nalgúns aspectos, pero no fundamental non, porque seguimos aprendendo, divertíndonos, compartindo, viaxando... En definitiva, non deberiamos concebir a nosa vida sen os libros.
Queremos tamén resaltar as iniciativas da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia na que propoñen reivindicar un libro, un autor/a e unha libraría, tan importantes e que necesitarán toda a nosa axuda proximamente. Así como a das Bibliotecas Públicas Municipais coa súa proposta "Mollámonos polo libro" na que podedes reponder á pregunta"Como te mollas ti polo libro?" utilizando #mollamonospololibro.

mércores, 22 de abril de 2020

O vosos marcapáxinas

Nesta entrada recompilamos os marcapáxinas dos nenos/as que quixeron compartir con todos/as as súas creacións.

martes, 21 de abril de 2020

Semana do Libro - Papiroflexia para non perderse

Dentro da celebración do Día do Libro deixámosvos unha serie de propostas que nos achegaron desde o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias para elaborar os vosos propios marcapáxinas, para que cando utilicedes os libros en papel non perdades a páxina na que estabades.
Se vos animades a facer algúns dos desta entrada ou outro que faga alusión ao Día do libro podedes enviarnolos á dirección de correo bibliotecaepb@gmail.com e os publicaremos noutra entrada neste blog.
Agardamos que vos gusten!

venres, 17 de abril de 2020

Semana Do Libro: As pasaxes favoritas

Nesta entrada presentaremos a lectura das pasaxes dos libros que vos arcaron ou que vos gustan dun xeito especial. Atentos/as que seguro que atopamos moitos tesouros!