Este próximo mércores presentaremos dentro da Xornada de biblioteca creativa 2025 a experiencia de creación e desenvolvemento do Club de videoxogos ENRE2 EPB que botamos a andar no curso pasado. Aproveitamos para lembrar que ontes comezamos a xogar a Gorogoa e no que o alumnado tivo a oportunidade de pensar xuntos no significado das imaxes que se ían presentando ao longo do xogo e tamén nos mecanismos de xogo que se presentan nesta obra de Buried Signal, na que a banda sonora está composta por Joel Corelizt e publicado por Annapurna.
venres, 31 de xaneiro de 2025
xoves, 28 de novembro de 2024
Unha nova viaxe...
Segunda sesión de ENRE2 EPB na que nos seguimos movendo pola natureza, hoxe comezamos unha viaxe cun home vello que percorrerá, ademais dun camiño pola contorna natural, un camiño pola súa propia vida, na que terá que enfrontarse a diferentes situacións, algunhas moi alegres e outras non tanto.
venres, 25 de outubro de 2024
ENRE2 EPB está de volta
Comezou a segunda edición de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, na que nos achegaremos a diferentes videoxogos. Os obxectivos serán que os nenos/as coñezan outra concepción dos xogos, nos que as paletas de colores, o modo de xogar, a música, a interrelación entre o xogador/a e o xogo, en definitiva, achegarnos a diferentes temas desde un punto de vista artístico.
xoves, 25 de xaneiro de 2024
Xogamos a construír
Na primeira sesión deste ano en ENRE2 EPB xogamos a unha nova obra na que tivemos que construír un pobo imaxinado, porque non todas as construcións son iguais.
mércores, 13 de setembro de 2023
Estamos de volta!
O pasado luns comezamos as clases, aínda que como xa sabedes necesitamos un tempo para organizar os espazos e recursos da biblioteca. Deste xeito a biblioteca non estará aberta ata o luns 2 de outubro. Non vos preocupedes mentres tanto, tedes as bibliotecas de aula con libros moi interesantes e pronto chegarán as caixas de Tédelos que coñecer! cunha variedade de libros que fará que estas semanas pasen máis rápido.
Nas próximas semanas comezaremos coa formacións de usuario dos grupos de voluntarios de biblioteca, do profesorado e das distintas aulas para que recordedes o funcionamento da biblioteca.
domingo, 16 de xaneiro de 2022
Mergúllate na información
Reanudamos o concurso de procura de información relacionado co PDI Mergúllate! Cada semana proporanse varias preguntas relacionadas cos mares e océanos. As repostas poderedes atopalas nos libros da exposición do proxecto, na selección de recursos dixitais elaborada polo equipo de biblioteca ou noutros recursos que tedes na rede, lembrade seguir as estratexias desta infografía para obter información fiable. As clases que participen recibirán como recompensa algúns dos recursos que temos dispoñibles na biblioLab.
luns, 18 de outubro de 2021
A biblioteca do Nautilus
“O espectáculo daquelas augas ricas en especies a través dos paneis do salón, a lectura dos libros da biblioteca e a redacción dos meus apuntamentos empregaban todo o meu tempo e non me deixaban nin un minuto para o aburrimento ou o cansazo.” Xulio Verne (20.000 leguas de viaxe submarina)
Estas palabras de Xulio Verne na obra 20.000 leguas de viaxe submarina son parte das alusións que fai o autor na obra e na que describe como é a biblioteca do famoso submarino Nautilus, un tipo de biblioteca que foi evolucionando co tempo, pero que se mantén viva, por isto o día 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas, que como xa sabedes doutros anos promove desde 1997 a Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e na que están implicadas todas as bibliotecas do estado. O lema desta edición é “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” incide en “destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, doutras persoas, outras culturas e outros mundos”.
luns, 31 de maio de 2021
Finaliza o concurso "Paseando con Emilia"
luns, 24 de maio de 2021
Concurso Semana 15
luns, 10 de maio de 2021
Concurso semana 14
![]() |
Dende Licenza CC BY-SA |
Nesta ocasión as preguntas estarán referidas a esta celebración das Letras Galegas e a autora homenaxeada este ano.
Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:
luns, 3 de maio de 2021
Concurso semana 13
Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:
Centros para o control e prevención de enfermidades
Federación Española de Diabetes
luns, 26 de abril de 2021
Concurso semana 12
As preguntas desta semana estarán referidas , na súa maior parte, a unha das súas fillas de Emilia Pardo Bazán e ao papel que desenvolveu na sociedade.
Ao recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:
luns, 19 de abril de 2021
Concurso semana 11
Photo by Jaredd Craig on Unsplash |
luns, 12 de abril de 2021
Concurso semana 10
Photo by Laura Kapfer on Unsplash |
martes, 6 de abril de 2021
Concurso semana 9
luns, 22 de marzo de 2021
Concurso semana 8
Photo by Thought Catalog on Unsplash |
luns, 15 de marzo de 2021
Concurso semana 7
A pasada semana comezamos o desenvolvemento da tarefa de Paseando con Emilia feminista, no que tratamos de descubrir as rúas da Coruña que teñen nome de muller e quen foi cada unha delas. Xa comezamos a recibir os traballos dos nenos/as que xa están expostos nas escaleiras do centro e tamén no mapa virtual que temos na páxina web do proxecto.Fonte: ©La Voz de Galicia
Esta semana preguntaremos pola información que conteñen estes traballos elaborados polo alumnado de diversos cursos de Educación Primaria e sobre as pegadas de Emilia Pardo Bazán na cidade.
luns, 8 de marzo de 2021
Concurso semana 6
O 8 de marzo celébrase o Día da muller. Emilia Pardo Bazán destacou por defender o papel da muller na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades. Foi precursora do movemento feminista, tanto nas súas obras como nos seus artigos reclama a mesma educación para a muller que para os homes.
Esta semana nas preguntas do concurso tratamos que coñezades a outras mulleres galegas que destacaron polo seu labor en prol da igualdade das mulleres e dos homes, pero tamén pola súa relevancia social, cultural e profesional, nunha época na que era moi complicada esta igualdade, de feito moitas delas foron as primeiras no seu ámbito.
domingo, 7 de marzo de 2021
8M Día da muller
Na semana do 8 ao 12 de marzo queremos visibilizar o labor das mulleres e concienciar na importancia da igualdade na vida en sociedade, así como resaltar aqueles estereotipos que moitas veces pasan desapercibidos.
luns, 1 de marzo de 2021
Concurso semana 5
Esta semana achegarémonos á obra de Emilia Pardo Bazán e a ambientación que fai nalgunha delas na Coruña, deste xeito achegámonos á cidade tal e como era hai máis de 100 anos.
O concello de A Coruña vén de presentar o programa de homenaxe á escritora coruñesa con 40 eventos previstos para o presente ano, está xa a poñer en marcha algunhas destas actuacións. Unha delas son as mensaxes de Emilia e de figuras que a coñecen en profundidade, como Isabel Burdiel e Marilar Aleixandre, que están pintadas nos pasos peonís dalgunhas das rúas da cidade. Un bo motivo para pasear e coñecer a nosa cidade.