Amosando publicacións coa etiqueta diálogos filosóficos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diálogos filosóficos. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de xuño de 2025

Os nosos pensamentos en luces led

DIÁLOGOS FILOSÓFICOS é unha actividade extraescolar mensual na que o alumnado de Educación Primaria dialoga entre si, compartindo e argumentando os seus puntos de vista sobre a vida que lles e nos rodea.

Como di Irene de Puig, quen foi ata a súa xubilación directora do GrupIREF (Grupo de Innovación e Investigación polo Ensino da Filosofía), non se trata de que logren convencer aos seus compañeiros e compañeiras para que copien o seu estilo de vida, pero tampouco é un simple falar por falar. Este diálogo supón facer o esforzo necesario para que outras persoas poidan comprender, con claridade e consistencia, o que de verdade pensan.

luns, 16 de setembro de 2024

Apertura de inscrición aos Clubs de lectura

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogo aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

venres, 7 de xuño de 2024

Filosofía lúdica na biblioteca: "Espellos poéticos dialogando"

Por que ofertamos, como actividades extraescolares, Diálogos Filosóficos? Sabemos que o diálogo, se se fai ben, axuda ao noso alumnado para aprender a pensar porque teñen que compartir as súas ideas, argumentalas e dar boas razóns sen pretender convencer. E fano xunto aos seus compañeiros/as, escoitándoos/as e aceptando que, aínda que pensen de forma distinta, poden ter razón.

venres, 22 de marzo de 2024

Onda Ti versión primavera

Programa que coincide co inicio da primavera e coa semana da poesía no que aproveitamos para publicar diversos produtos sonoros que se foron gravando no estudio de Emilia na Onda ao longo do trimestre.

mércores, 28 de febreiro de 2024

Diálogo filosóficos


Arte como medio para dialogar sobre os diferentes aspectos da vida, ademais de continuar coa creación artística e literaria deste curso.

xoves, 21 de decembro de 2023

Tardes na biblioteca

Neste mes foron finalizando e comezando lecturas diversas os diferentes clubs de lectura que se desenvolven na biblioteca.

Os viaxeiros por papel lerán unha nova versión poética do conto de Carapuchiña vermella co libro "La noche de la visita". Os BookClub visitaron Londres, mentres Papalibros rematou o cómic de "El árbol que crecía en mi pared" e as Bolboretas Lectoras comezaron "La guerra de Catherine".

Pola súa parte, o alumnado participante en ENRE2 EPB rematou o xogo de Botánicula e no mes de xaneiro comezaremos cunha nova obra.

En diálogos filosóficos continuaron coa construción dunha nova mirada a través das súas conversas.

Nestas presentacións poderedes ver algunhas imaxes dos encontros.

venres, 15 de setembro de 2023

Clubs de lectura e diálogos

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos Filosóficos aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

martes, 20 de xuño de 2023

Onda Ti episodio 3

Remata a 4ª temporada de Onda Ti gravada integramente no novo estudio. Neste último programa do curso poderedes escoitar en primicia os audios das diversas seccións do programa e ademais a música do Coro das emocións. Preparados para desfrutar de case 90' de radio?

xoves, 1 de xuño de 2023

Así son os Diálogos Filosóficos...

Este curso 2022-2023 os Diálogos Filosóficos na Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán estiveron centrados no AUTOCOÑECEMENTO.

mércores, 28 de setembro de 2022

Clubs de lectura

Este venres 30 de setembro comeza o "BookWorms" dirixido aos nenos/as de 6º EP, máis de 30 alumnos/as están citados coa lectura en inglés na tarde do venres. Como sempre, a teacher Rose ten moitas sorpresas a agardarvos.

luns, 26 de setembro de 2022

Achégase a hora!

Benvidos a un novo curso, no que haberá bastantes novidades. Empezamos por unha que non o é tanto, xa que recuperaremos dinámicas que perderamos hai dous anos, pois este curso será o primeiro postpandemia no que non haberá un protocolo específico para a biblioteca escolar.

mércores, 22 de xuño de 2022

Episodio 3 de Onda Ti

Publicamos o último episodio da terceira tempora do programa Onda Ti, no que recollemos as gravacións dos nenos/as das diferentes etapas e cursos do CEIP Emilia Pardo Bazán. Este programa, que comezou no confinamento e que xa vai pola terceira temporada e 17 episodio publicados, quere ser unha recompilación do traballo que desenvolve o alumnado no estudio de Emilia na Onda. Como en anteriores ocasións a próxima semana cada sección estará publicada no respectivo programa da canle en Ivoox.

mércores, 23 de marzo de 2022

Episodio 2 de Onda Ti

Publicamos o segundo episodio da terceira tempora do programa Onda Ti, no que recollemos as gravacións dos nenos/as das diferentes etapas e cursos do CEIP Emilia Pardo Bazán. Este programa, que comezou no confinamento, quere ser unha recompilación do traballo que desenvolve o alumnado no estudio de Emilia na Onda. Como en anteriores ocasións a próxima semana cada sección estará publicada no respectivo programa da canle en Ivoox.

xoves, 5 de marzo de 2020

Medos... ao mar!

O pasado venres celebramos unha nova sesión de diálogos filosóficos na BiblioLab na que a partir de anacos de imaxes foron falando sobre aquilo que vían desde como se divertían os peixes, onde estaba a persoa da imaxe, que estaba a facer... ata chegar aos motivos polos que esta nena parecía ter medo. Os nenos de 2º e 3º escribiron o seu medo (un pallaso, un virus ou estar so) nunha cuncha e a decoraron con pintura.

mércores, 19 de febreiro de 2020

Diálogos filosóficos coa arte

O pasado venres 13 de febreiro desenvolveuse a segunda sesión de diálogos filosóficos na biblioteca cos grupos puntuais de 2º e 3º de E.P. Nesta ocasión a mestra Nieves animou aos nenos/as a dialogar a través do cadro de Picasso "Niña con barco" e a desenvolver distintas habilidades de pensamento. Ao final elaboraron uns pequenos contos que están expostos na biblioteca.

domingo, 9 de febreiro de 2020

O movemento dos fíos

"De repente, la niña notó que su hilo la llevaba a ver a personas que se movían de diferentes formas...¿Qué divertido era!
Angélica Sátiro. La niña del hilo. Editorial Octaedro.
Miraron o movemento que xeran outros fíos: “É un mozo de madeira, un monicreque, cun fusil de asalto na man. Ten fíos porque só non se pode mover, precisa de alguén que o mova, móvese coa man dunha persoa. Incluso sen fíos, coma un robot, os humanos terían que programalo para moverse como lle mandaran. Quérenos dicir que a guerra é mala”.

mércores, 5 de febreiro de 2020

Diálogos filosóficos


O pasado venres comezaron na BiblioLab unha serie de tres sesións de Diálogos filosóficos na biblioteca e que se desenvolven paralelamente ao grupo permanente de Diálogos Hilomundos. Esta actividade está dirixida a alumnado de 2º e 3º de E.P. As próximas terán lugar o 13 e o 28 de febreiro.

martes, 21 de xaneiro de 2020

Uns obxectos moi queridos

Na primeira sesión do ano, formularon hipóteses do que podería haber detrás da imaxe que vían a través de pequenos buratos: “un enreixado similar á que hai nas pistas do colexio (para protexernos de caídas nos desniveis), un tendal de roupa, o disfrace de Halloween (porque a roupa está manchada de sangue)”…

mércores, 11 de decembro de 2019

Diálogos Hilomundos

A segunda sesión de diálogos Hilomundos (mércores 4 de decembro), comezou coa reflexión coa que Antía pechaba a anterior ... “Nació una niña con un hilo en las manos...” (Sátiro, A. (2018). La niña del hilo. Barcelona: Editorial Octaedro) ... “é un rollo, eu cortaríano”. Pero os seus compañeiros e compañeiras, viron unha similitude entre ese fío e a vida da nena: “sería longa” como a lonxitude da corda, “chea de xogos” porque é o que a nena fai, “con incomodidades por non poder facer sempre o que quere” representadas polos nós e “en movemento”.

domingo, 20 de outubro de 2019

Diálogos na biblioteca

O venres 18 de outubro, un grupo de 4º e 5º de E. Primaria, comezou a participar na proposta de dialogar na biblioteca empregando como bibliografía de base o libro: Angélica Sátiro. “La niña del hilo”. Editorial Octaedro. O tema central foi o xogo.
Para eles e elas, xogar individualmente ou en grupo, é “pasar o tempo sen aburrirse mentres facemos cousas que nos gustan” (entre elas “falar cos compañeiros e ler libros”). Dáballes moita mágoa non poder adicar máis tempo a esta actividade, e dicían que “os compromisos familiares e escolares deben ser o primeiro” aínda que non moi convencidos/as xa que tanto o tempo de escola como de xogos son situacións de aprendizaxe, afirmando que o único que cambia é a metodoloxía.