Amosando publicacións coa etiqueta conexión familiar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conexión familiar. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2026

FAMILIAS, VIDE CONTAR UN CONTO... OU O QUE QUEIRADES!


Co motivo da celebración do día do libro, desde a biblioteca EPB queremos convidar a todas as familias do colexio a  visitarnos para contar un conto, un poema, dramatizar algo, contarnos algo relacionado coa cidade da Coruña...

Queremos que poidades desfrutar de pasar un bo rato cos vosos cativos e cativas e que poidades colaborar coas actividades propostas polo equipo da biblioteca. 

Apostamos por unha conexión familia - escola real e nos gustaría compartir con vós estes momentos, que ademais, aos que máis ilusión lles fai é aos vosos nenos e nenas.

CANDO PODEDES VIR?

Desde o luns 20 de abril ata o xoves 30 de abril do 2026 en horario de mañá. 

COMO ME PODO INSCRIBIR?

Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos. 


Animádevos a participar! 

martes, 25 de novembro de 2025

MOCHILAS TEMÁTICAS CONEXIÓN E FAMILIA

 

Volven as mochilas temáticas de conexión familiar que tanto éxito tiveron. Estes préstamos van dentro do programa "Lectura e Familias", definida como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas"

Para solicitalas, poderedes acceder ao FORMULARIO que se atopa ao final desta publicación. 

Esta actividade comezou xa hai dous cursos e agradecemos a acollida dela xa que as mochilas estiveron en movemento desde o comezo da iniciativa. 

Poñemos a disposición de todas as familias do noso centro 10 mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade.

As mochilas que están a disposición da comunidade educativa para o empréstito serán as que aborden os temas de Trastorno de Espectro AutistaTrastorno de Déficit de Atención e HiperactividadeAltas Capacidades IntelectuaisConduta e Disciplina PositivaConduta Positiva e Educación emocionalDislexiaCreatividade 1Creatividade 2Educación e Igualdade e "Ao teu xeito" (esta última mochila configúraa a propia familia cun máximo de tres libros para adultos e/ou de non ficción a escoller entre a nosa colección). A selección dos recursos foi realizada polo Departamento de Orientación en colaboración co equipo de biblioteca.

As primeiras mochilas comezarán a saír o próximo 9 de decembro e poderán permanecer en préstamo un máximo de 30 días sen posibilidade de renovación, co obxectivo de favorecer a rotación e que o acceso a estes fondos sexa o máximo posible. As mochilas poderán reservarse, quedando en lista de espera as persoas que o vaian solicitando.


A recollida das mochilas realizarase na biblioteca do centro en diferentes momentos da xornada escolar e que deberán explicitarse no formulario de solicitude. A devolución realizarase do mesmo xeito que se fixo o préstamo. Cada familia só poderá ter emprestada unha das mochilas ofertadas.


Aquí vos deixamos a un click onde podedes anotarvos para solicitar as mochilas temáticas: 

FORMULARIO DE SOLICITUDE