Amosando publicacións coa etiqueta microrrelatos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta microrrelatos. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de novembro de 2026

FINALISTAS E GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2026

 Xa temos por fin todos os finalistas e gañadores do concurso de Microrrelatos deste curso. 

Na categoría de Infantil os gañadores foron:

- Marco de Donato co debuxo dun faro e un barco pirata feito a rotulador.

- Hugo Paz  co debuxo dun faro e un barco feito con lápices de cores.




No 1º ciclo de Educación Primaria houbo un único gañador grupal  que foi a clase de 2ºB co microrrelato chamado: "A luz do faro". 


No 2º ciclo de EP gañaron: 

- Lucía Andrade de 4ºC co microrrelato titulado: "O monstro do faro"



-Martina Blasco 4ºA co microrrelato titulado: "A lenda de Mariña"



Os finalistas foron: 

-Leonard Sudomii de 4ºB co seu relato: "Na tormenta"


-Pablo Dios de 3ºC co seu relato: "A pantasma"


No 3º ciclo de EP gañaron: 

- Elisa Rego de 6ºB co seu relato: "A grande aventura"


-Adrián Martín de 5ºC co seu relato: "O ladrón do faro"


Os finalistas foron: 

- Daniela Pérez de 6ºC co seu relato: "A man de Ouro"


- Lucía Canosa de 5ºA co seu relato: "O enmascarado"

E en canto á categoría de adultos, houbo tamén dous finalistas e dous gañadores, seleccionados de entre as familias do colexio que participaron e ás cales agradecemos moito a súa colaboración:

Finalistas:

- Jorge Fresco co microrrelato: "Resplandor"



-Lucía Mares co microrrelato: "A luz   que queda"



Gañadores:

-Belén Barajas co microrrelato: "En tempos de tormenta" 



-Nerea García de Dios co microrrelato: "Lembranzas co avó"


Xa se fixo a entrega de premios no centro e aquí vos deixamos unhas fotografías deste día. 



venres, 9 de outubro de 2026

CONCURSO DE MICRORRELATOS 2026


 Chega o xa típico concurso de microrrelatos. Animádevos a participar:

QUEN PODE PARTICPAR? Poden participar o alumnado, as familias, o profesorado e o persoal non docente (toda a comunidade educativa). 

PRAZO DE PARTICIPACIÓN: ata o 15 de outubro 

COMO PARTICIPAR? 

Adultos: enviar dixitalmente o microrrelato por mail a: bibliotecaepb@gmail.com

Alumnado: a través das titorías, na aula. 

REQUISITOS: 

- Ten que levar título 

-Extensión de 150 palabras máximo (sen incluir o título) - Excepto Infantil que se valorará ilustracións.

-Frase que debe incluir o microrrelato e non pode ser o título: Como piloto na tormenta, busca o faro que lle guía ao porto - extraído do poema de Rosalía de Castro "Tan sólo dudas y terrores siendo de "Las orillas del Sar". 

As bases do concurso van publicadas no seguinte enlace: pincha aquí para ver as bases.

Unha vez finalizado o prazo e avaliados os microrrelatos recibidos, a comisión de avaliación de Biblioteca elixirá os microrrelatos gañadores e finalistas. Estes serán publicados nas nosas redes sociais e farase a entrega de premios no colexio. 

IDEAS A BROTAR, LÁPICES A ESCRIBIR!

martes, 18 de novembro de 2025

V CONCURSO DE MICRORRELATOS 2025

Presentamos as obras seleccionadas no Concurso de Microrrelatos do 2025 nas categorías de Primeiros lectores (1º e 2º EP), Lectores Autónomos (3º e 4º EP) e Lectores Expertos (5º e 6º EP). 

Tamén vos deixamos un pequeno recordo da entrega de premios aos gañadores/as  que tivo lugar o pasado 11 de novembro no Salón de Usos Múltiples do edificio de Infantil.  

 PRIMEIROS LECTORES


 



LECTORES AUTÓNOMOS 




LECTORES EXPERTOS




MICRORRELATOS FINALISTAS:

 


Recordo da entrega de premios