venres, 27 de marzo de 2020

Onda Ti

Este domingo ás 12h. comeza a emisión de OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Haberá varias seccións como a entrevista, ContamosTodos e a participación dos oíntes.

mércores, 25 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa - ContamosTodos

Sabemos que tanto tempo en casa e illados/as dos demais pode chegar a ser frustrante, por este motivo pensamos desde Emilia na Onda que podemos seguir en contacto, falarnos na distancia, alegrarnos nestes momentos, compartir experiencias... Así promovemos ContamosTodos, programa no que vos acolleremos, onde o importante seredes vós e o que digades.As familias poderedes gravarvos na casa cun dispositivo electrónico, comprobade que a calidade do son é suficiente para poder publicalo e por últimp enviarnos o arquivo de son en formato mp3 ao correo bibliotecaepb@gmail.com, lembrade poñer o nome, apelidos e curso do alumno/a (aínda que poden particpar todos os membros da familia), non poderemos publicar ningún podcast que sexa anónimo. Crearemos un programa en Emilia na Onda onde recolleremos todas as vosas gravacións.
A modo de referencia vos propoñemos:
Contos lidos ou inventados,
Dramatizacións,
Poemas,
Cancións,
Trabalinguas,
Xogos de palabras,
Chistes...

Agardamos que con esta iniciativa poidamos estar todos/as máis cerca e superar esta situación desde as nosas casas do mellor xeito posible.

Lembrade #QuedaNaCasa

#QuedaNaCasa - Recursos para estar na casa

Os próximos 14 días teremos que quedarnos na casa debido a expansión do coronavirus covid-19, non poderemos asistir a museos, bibliotecas... pero desde a casa podemos realizar distintas tarefas e visitar virtualmente estes lugares.
Para coñecer máis este coronavirus podedes consultar a páxina web da OMS ou neste vídeo de Happy Learning explícanvos:

Que é o coronavirus covid-19?

 

Alimentos con enerxía

Un dos obradoiros que estivemos desenvolvendo dentro do PDI Sabor e saber foi "Alimentos con enerxía", que consistiu en investigar se os alimentos eran capaces de producir enerxía eléctrica. O proceso tamén nos serviu para coñecer o método científico.

sábado, 7 de marzo de 2020

Vouche contar un conto...

Estreamos programa en "Emilia na Onda", chámase Vouche contar un conto... será o espazo no que as nenas/os do centro poderán expresarse a través dos relatos.

Exposición Día da muller

Durante esta semana e a que vén estarán expostos os fondos seleccionados polo equipo de biblioteca relacionados coa muller, con historias nas que as mulleres son as protagonistas, biografías, historia da muller, entre outras. Hai libros para todas as idades, incluído o profesorado.
A exposición está montada na entrada da biblioteca e na entrada ao centro.

Biblioteca con vida

Hoxe a biblioteca acolleu nos seus espazos diversas actividades nas que se experimentou, explorou, gozou coa lectura, a música e a dramatización e se compartiu coñecemento, foi unha mañá intensa, pero cremos que moi satisfactoria.

xoves, 5 de marzo de 2020

Medos... ao mar!

O pasado venres celebramos unha nova sesión de diálogos filosóficos na BiblioLab na que a partir de anacos de imaxes foron falando sobre aquilo que vían desde como se divertían os peixes, onde estaba a persoa da imaxe, que estaba a facer... ata chegar aos motivos polos que esta nena parecía ter medo. Os nenos de 2º e 3º escribiron o seu medo (un pallaso, un virus ou estar so) nunha cuncha e a decoraron con pintura.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...