luns, 27 de decembro de 2021

En vacacións escoita Emilia na Onda

Se nestas vacacións queredes escoitar aos vosos compañeiros/as e lembrar algunhas das actividades que desenvolvimos durante o primeiro trimestre, podedes acceder á canle de Emilia na Onda e oír os podcast que se acaban de publicar, algúns deles xa ían incluídos no programa de Onda Ti da pasada semana, pero outros foron gravándose ao longo do trimestre e agora podedes oílos nas vosas casas.

Detallamos a continuación as novidades da canle...

martes, 21 de decembro de 2021

Onda Ti - Temporada 3

Pensabades que non había Onda Ti neste curso? Pois si, aquí tedes o primeiro episodio do noso programa comezando xa a terceira temporada.

Este trimestre tivemos moitas gravacións e irémolas publicando durante este mes nas diferentes seccións da nosa canle en Ivoox, pero queriamos facer o primeiro episodio cunha escolla destes podcast e recuperando seccións clásicas do programa.

Mergúllate nos libros!

Aquí tedes recén saída do forno a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros relacionados cos mares e océanos, continuando co desenvolvemento do PDI Mergúllate! Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos dous libros para adultos de Emilia Pardo Bazán para pechar o ano do centenario da súa morte.

sábado, 18 de decembro de 2021

BOOKWORMS CLUB: "A Christmas carol"

Do you like Christmas? Do you feel the spirit of this season? Or are you one of those who say "Bah! Humbug!"? This is what the protagonist of 
"A Christmas carol" repeats all the time. This novella, written by Charles Dickens and first published in London in 1843, has become a timeless classic of this time of the year.  Yesterday, in our latest session of the Bookworms Club, we all witnessed the transformation of the greedy and selfish Ebenezer Scrooge into a kind man, after the visit of three Ghosts on Christmas Eve: the Ghost of Christmas past, the Ghost of Christmas present and the Ghost of Christmas future. You have a PPT with some facts about this story below.

luns, 13 de decembro de 2021

Paseando con Emilia de premio

Vimos de coñecer que o Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia", que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que investigamos e procuramos información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio e a época na que viviu, recibiu un dos premios do VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Esperamos que con este premio, e con motivo do centenario da súa morte, se contribúa ao coñecemento e a darlle relevancia á figura de Emilia Pardo Bazán.

Este premio é do centro, de todo o alumnado, familias e profesorado que se implicou no seu desenvolvemento. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou nas actividades propostas e a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na procura de recursos e desenvolvemento de actividades, especialmente á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Xulia Santiso e Patricia Angulo polo seu apoio e asesoramento continuo, así como ás bibliotecarias da BM Los Rosales.

Seguimos aprendendo sobre Emilia, e tamén sobre os mares e océanos.

Grazas e parabéns para toda a comuniodade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.

venres, 10 de decembro de 2021

Obradoiros Mergúllate!

En novembro comezamos co desenvolvemento dos obradoiros Mergúllate realizados polas mestras/es do equipo de biblioteca, na propia biblioteca e na biblioLab, nos que tratamos de desenvolver dinámicas que favorezan a procura de información, a expresión oral e escrita, a creatividade e a competencia dixital. Ofrécense seis actividades diferentes que poidan adaptarse aos intereses de cada unha das aulas. En cada obradoiro facilitamos unha serie de estándares para poder avaliar o realizado nestas sesións por parte do alumnado, aínda que os propios titores/as poden utilizar os que consideren para poder tirar proveito da actividade.

luns, 6 de decembro de 2021

BOOKLAND CLUB: "The little match girl"

Have you ever wonder how people celebrated Christmas 200 years ago? It was totally different depending on the family you belonged. In the lattest session of our book club, we thought about Christmas for the poor reading the story of "The little match girl" by the Danish author Hans Christian Andersen. It was a very special session because we received the visit of  Declan Matthews, father of one of our members, and an English speaker. He told us about life for the kids in the past and we commented some of the children´s rights we can enjoy nowadays. We also talked about fairytales, about our dreams and hopes, about consumerism, about Christmas... And we had time to read the story aloud and to light some matches, enjoying the magic of their glow.