xoves, 27 de xuño de 2019

Recomendacións de verán


A biblioteca EPB pechou as súas portas, pero podedes atopar as novidades da guía, e moitos libros máis, na Biblioteca Municipal de Los Rosales. Estanvos agardando!

mércores, 26 de xuño de 2019

As mochilas volveron...

Photo by Tyler Nix on Unsplash
Rematou a viaxe das mochilas que percorreron os fogares do alumnado de 5º de E.P. Durante o verán descansarán na biblioteca agardando comezar un novo roteiro con diversos contidos no próximo curso.

luns, 24 de xuño de 2019

Premios dos Leóns dourados

O pasado xoves entregáronse os premios dos "Leóns dourados" aos lectores/as  de primaria que máis fondos levaron prestados da biblioteca.

domingo, 23 de xuño de 2019

Libros para ver o mundo

Esta é a guía de recomendacións de lecturas para estas datas que fai o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán. Todas estas obras están presentes e  á vosa disposición na Biblioteca do centro.

domingo, 2 de xuño de 2019

Diálogos ao aire libre

Na derradeira sesión de diálogo na biblioteca, o pasado martes 28 de maio, xs do primeiro ciclo dialogaron sobre a nova das manifestacións que apoian a proposta de Greta Thumberg ante a falta de medidas contra o cambio climático. 

Falaron dos seus DEREITOS a estar informadxs do que sucede no mundo e tamén dos seus DEBERES: pequenas accións que deberían converterse nun hábito e que axudarían a coidar do noso planeta, entre elas a proposta de Educación Infantil de axardinar o noso colexio.