Amosando publicacións coa etiqueta ficción dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ficción dixital. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xuño de 2025

Familias e lectura

Hoxe finalizamos dous programas como son "Biblioteca e Familias" e os Clubs de lectura co acto no que Pablo Díaz fixo unha actividade de animación a lectura contándonos uns contos e combinando coa súa música.

venres, 31 de xaneiro de 2025

ENRE2 nas Xornadas de Biblioteca Creativa

Este próximo mércores presentaremos dentro da Xornada de biblioteca creativa 2025 a experiencia de creación e desenvolvemento do Club de videoxogos ENRE2 EPB que botamos a andar no curso pasado. Aproveitamos para lembrar que ontes comezamos a xogar a Gorogoa e no que o alumnado tivo a oportunidade de pensar xuntos no significado das imaxes que se ían presentando ao longo do xogo e tamén nos mecanismos de xogo que se presentan nesta obra de Buried Signal, na que a banda sonora está composta por Joel Corelizt e publicado por Annapurna.

xoves, 28 de novembro de 2024

Unha nova viaxe...

Segunda sesión de ENRE2 EPB na que nos seguimos movendo pola natureza, hoxe comezamos unha viaxe cun home vello que percorrerá, ademais dun camiño pola contorna natural, un camiño pola súa propia vida, na que terá que enfrontarse a diferentes situacións, algunhas moi alegres e outras non tanto.

venres, 25 de outubro de 2024

ENRE2 EPB está de volta

Comezou a segunda edición de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, na que nos achegaremos a diferentes videoxogos. Os obxectivos serán que os nenos/as coñezan outra concepción dos xogos, nos que as paletas de colores, o modo de xogar, a música, a interrelación entre o xogador/a e o xogo, en definitiva, achegarnos a diferentes temas desde un punto de vista artístico.

luns, 16 de setembro de 2024

Apertura de inscrición aos Clubs de lectura

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogo aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

Aniversario de Emilia Pardo Bazán

A pasada semana retomas as clases, o mércores participamos da festa de benvida con diferentes postos para a lectura e para gozar aprendendo cos robots e coas pezas de construción.

Hoxe celebramos o aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha homenaxe decorando unhas máscaras que inclúen unha biografía da autora que dá nome ao noso colexio. Nesta entrada publicaremos as imaxes nas que todo o centro lle cantará o Feliz aniversario! e tamén leremos a biografía lucindo as nosas máscaras. Lembrámosvos que podedes aprender sobre Emilia Pardo Bazán no PDI "Paseando con Emilia".

mércores, 19 de xuño de 2024

Un verán entre as follas

O curso remata e queremos compartir con vós algunhas recomendacións de lecturas para este verán, no que vos poderedes perder entre as follas dos libros baixo as follas das árbores dos nosos bosques e montes. Como en anteriores ocasións están ordenadas por niveis de lectura, desde prelectores ata lectores expertos. poderedes atopar diferentes xéneros en diferentes idiomas, ademais, nesta edición incluímos as recomendacións dos nenos/as que acuden ao club de ficción dixital ENRE2 EPB . Agardamos que vos resulten interesantes!

xoves, 18 de abril de 2024

Semana do libro

A próxima semana celebraremos que o próximo 23 de abril celébrase o Día do Libro, por este motovo nos espazos da biblioteca desenvolveremos diversas actividades de conmemoración deste día.

xoves, 7 de marzo de 2024

xoves, 25 de xaneiro de 2024

Xogamos a construír

Na primeira sesión deste ano en ENRE2 EPB xogamos a unha nova obra na que tivemos que construír un pobo imaxinado, porque non todas as construcións son iguais.

mércores, 20 de decembro de 2023

Historias para descubrir os bosques

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade e por estar relacionados co PDI "Paisaxes encantadas", lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén obras de ficción dixital que nos parece interesante que sexan coñecidas

xoves, 30 de novembro de 2023

ENRE2 EPB avanza!

O pasado mes comezamos o club de lectura de ficción dixital ENRE2 EPB, no que nos achegaremos a obras adaptadas ás idades dos nenos/as e que pola súa calidade merecen ser coñecidas e desfrutadas. Comezamos por GNOG creado por Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP. Ademais de dialogar sobre as nove cabezas robóticas que compoñen o xogo, e que teñen cadansúa historia detrás, tamén crearon o seu propio nivel do xogo, que xuntaron a aquelas imaxes que lles chamaron a atención durante a experiencia.

venres, 15 de setembro de 2023

Clubs de lectura e diálogos

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos Filosóficos aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

luns, 19 de xuño de 2023

Viaxes cos libros

O curso remata e queremos compartir con vós algunhas recomendacións de lecturas para este verán. Como en anteriores ocasións están ordenadas por niveis de lectura, desde prelectores ata lectores expertos. poderedes atopar diferentes xéneros en diferentes idiomas, ademais, nesta edición incluímos obras de ficción dixital. Agardamos que vos resulten interesantes!

xoves, 1 de xuño de 2023

ENRE2 EPB seguinte nivel

Segunda sesión de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, no que nos estamos achegando a obras dixitais que nos fagan pensar e reflexionar sobre os diferentes aspectos que se presentan nos videoxogos.

martes, 18 de abril de 2023

Xogo en familia

Nace o novo club de lectura da biblioteca ENR2 EPB, neste caso de lectura de ficción dixital, no que nos achegaremos a obras dixitais que nos fagan pensar e reflexionar sobre os diferentes aspectos que se nos presentan nos videoxogos.

Hoxe pola tarde reunímonos na biblioteca para coñecer e xogar a GNOG, unha obra de Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP.

mércores, 12 de abril de 2023

ENRE2 EPB

Falamos sobre videoxogos? Queredes xogar en familia?

Apuntádevos ao club Enre2 EPB! Nestas sesións ademais de xogar falaremos sobre diversos temas que estarán relacionados coa experiencia de xogo, tamén unha excusa para compartir tempo de lecer xuntas a través da ficción dixital de calidade.