luns, 14 de setembro de 2026

OFERTA CLUBS DE LECTURA 2026-22027


Neste novo curso, os Clubs de Lectura ofertados son os seguintes: 


Como novidade,  este curso ofértase un Club de Lectura para 3ºEP co obxectivo de mellorar a competencia e a comprensión lectora do alumnado. Este club chámase "CONTOS Á BEIRA DO MAR". Terá lugar o 2º mércores de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí

Preinscrición  ao Club de Lectura  "CONTOS Á BEIRA DO MAR" 3ºEP




Para 4ºEP o Club de Lectura ofertado é o de PAPALIBROS. Narrativa en galego e castelán. A súa periodicidade será o 2º martes de cada mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                       Preinscrición  ao Club de Lectura  "PAPALIBROS" 4ºEP



Seguimos coa oferta dos Clubs para 5ºEP. Neste caso hai varias opcións: 

Opción VIAXEIROS POR PAPEL. Narrativa en galego e castelán. Club de Lectura que terá lugar todos os primeiros mércores de mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                Preinscrición  ao Club de Lectura "VIAXEIROS POR PAPEL" 5º EP

COMPLETO 


Opción ENRE2 EPB. Club de Ficción Dixital (videoxogos) no que o alumnado aprende a analizar a narrativa que hai detrás de videoxogos de calidade, tendo en conta a historia que se conta no xogo, as estratexias a levar a cabo, o obxectivo a conseguir. Así o alumnado emite un xuízo crítico e participa nun debate entre compañeiros e compañeiras. Este club terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí

Preinscrición ao Club de Ficción Dixital "ENRE2 EPB" 5ºEP



Opción FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS. Actividade baseada no diálogo, que terá como tema este curso a banda deseñada (cómic). Terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí

          Preinscrición á actividade "FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS" 5ºEP


E por último, ofértanse dous Clubs de Lectura para 6ºEP: 

Opción en galego e castelán: Club de Lectura BOLBORETAS LECTORAS que terá lugar o primeiro xoves de mes. Para máis información, podedes pinchar aquí

Preinscrición ao Club de Lectura "BOLBORETAS LECTORAS" 6ºEP


Opción en inglés: Club de Lectura BOOKWORMS que terá lugar o primeiro venres de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí

Preinscrición ao Club de Lectura en inglés "BOOKWORMS" 6ºEP

COMPLETO


Recordade que o feito de inscribirse nesta web non confirma a participación aos Clubs de Lectura. Unha vez recibidas as preinscricións, os participantes seleccionados recibirán o díptico informativo do Club no que foi aceptado a modo de formalización de matrícula e deberá vir cumplimentado e asinado pola familia. 

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario