venres, 30 de decembro de 2022

Feliz 2023!

Hai unhas semanas os clubs de lectura do colexio recibiron o terceiro premio dos clubs de lectura escolares 21/22 do Ministerio de educación, aproveitamos a ocasión para felicitar tanto ao alumnado como ao profesorado mediador destes e para que, a través deste vídeo, os participantes vos animen a unirvos a un dos clubs que están a desenvolverse.

Feliz 2023!

xoves, 22 de decembro de 2022

Volve Onda Ti - T4

Comeza a 4ª temporada de Onda Ti, o programa no que condensamos moitos dos produtos radiofónicos que imos producindo durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, e con ela a continuación de seccións xa tradicionais, mais tamén o inicio doutras que de seguro que vos parecerán moi interesantes.

luns, 19 de decembro de 2022

É tempo de ler!

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade, continuando co desenvolvemento do PDI Galeguízate! incluímos lagunha obra que pode axudar a coñecer máis o patrimonio material e inmaterial de Galicia, lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén dous xogos de mesa para divertirnos e aprender co patrimonio.

Entrevista a Cristina Pato

A semana pasada, e aproveitando a visita ao centro de Cristina Pato, o alumnado de 6ºEP entrevistou integramente en inglés á, entre outras facetas, escritora e música no estudio de Emilia na Onda. Queremos agradecerlle a xenerosidade que demostrou con nós durante toda a xornada.Nesta entrevista atoparedes moita información sobre o patrimonio que vos axudará nas vosas investigacións, dentro do PDI Galeguízate!, sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia.

domingo, 18 de decembro de 2022

BOOKWORMS CLUB: "A Christmas carol"

What better than a Christmas story to finish the readings of this first term? Last Friday, we enjoyed the spirit of Christmas in the latest session of our club with the novella "A Christmas carol" by Charles Dickens. Written in the 19th century, during the Victorian era, a period when the British were exploring and reevaluating their Christmas traditions, the treatment of the poor and the ability of a selfish man to redeem himself by transforming into a kinder person are the key themes of the story.  

venres, 16 de decembro de 2022

Venres de ciencia en familia

O alumnado de 4ºEP rematou hoxe no último venres de mes coas actividades dos VenreXperimentos. Nesta ocasión realizaron unha postal con luz para felicitar as festas a quen elas/es desexen. Ademais realizamos a primeira sesión de "Biblioteca e familia", na que familias acudiron xuntas á BiblioLab para elaborar cadansúa felicitación navideña con moita luz. A continuación tedes algúns dos momentos destas xornadas.

martes, 13 de decembro de 2022

Encontro con Cristina Pato

© http://www.cristinapato.com
Mañá visitará a biblioteca Cristina Pato, música, escritora, educadora e produtora, para falar co alumnado de 5º e 6º de EP sobre a súa experiencia nos Estados Unidos en relación coa música, tamén das súas experiencias como emigrante. O encontro desenvolverase totalmente en inglés como parte das actividades relacionadas co PDI Galeguízate! (Galicianise yourself) desde o área de lingua inglesa.

Poderedes seguir o encontro desde as vosas clases ou casas desde as 12h., hora de comezo da primeira charla para 5ºEP, accedendo a esta mesma entrada.

venres, 9 de decembro de 2022

Premio para os clubs de lectura

O programa de clubs de lectura do centro vén de ser galardonado cun 3º premio na categoría A no "Concurso de clubs de lectura escolares". Esta mención é para os clubs que se desenvolveron durante o pasado curso 21/22. As mediadoras Rosa, Dolores e Aurora reciben con agarimo este galardón, cunha dotación económica de 1500€, que servirá para que todos os participantes das edicións deste curso 22/23 poidan seguir gozando coa lectura xunto coas súas mediadoras, ás que se incorporaron María José (CL para 4ºEP) e Manuel (CL "Entre liñas" para mestras/es).

Grazas a todas!

Edición especial de Onda Ti

O pasado 24 de novembro Antía e Sonia, da cadea RadioVoz, acudiron ao centro para preparar unha edición especial de Onda Ti, o programa de radio trimestral do centro,
no estudio de radio Emilia na Onda, xunto co alumnado de 3º e 4º de EP. No programa La tarde es tuya do 1 de decembro emitiuse en directo esta peza do alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Lembrade que na última semana de decembro emitirase o programa trimestral de Onda Ti coa duración e seccións habituais, ademais dalgunha sorpresa.

Aquí tedes a edición especial de Onda Ti:

venres, 2 de decembro de 2022

BOOKLAND CLUB: The little match girl

Today we attended the most Christmassy session of our BookLand Club with a reading  related to this time of the year: "The little match girl" by the famous Danish author Hans Christian Andersen. Throughout this story, we had the chance to analyze the life conditions 200 years ago, especially for children in poor families. We also mentioned all the children´s rights we can enjoy nowadays: the right to a name, a family, education, medical care, protection against all kinds of violence... But the most beautiful part was when we lit some matches to imagine our nicest visions, as it happened to the girl that night.