xoves, 20 de xuño de 2024

A radio na biblio

Presentamos os podcast que realizou o alumnado e profesorado dos grupos de 5º de EP xunto co equipo de Laboratorio de radio, dentro do programa Radio na Biblio.

Este traballo coa radio como medio serviulle ao alumnado para desenvolver o traballo en equipo, diversos contidos do currículo das diferentes áreas, procurar información, analizala, transmitila, pero sobre todo para gozar facendo radio xuntos desde o colexio. Grazas a todas as persoas convidadas que colaboraron no desenvolvemento destas pezas e parabéns para o alumnado, profesorado e ao equipo de Laboratorio de radio.

O grupo de 5ºA nos falará sobre a utilización das algas no ámbito da alimentación.

O grupo de 5ºB fálanos sobre as algas e fixéronlle unha entrevista a Xandro García Regueiro (biólogo mariño).

O grupo de 5ºC achega a biodiversidade dos bosques mariños a través da entrevista a Rodolfo Barreiro (biólogo mariño).

Agardamos que vos gustara!

Ningún comentario:

Publicar un comentario