O alumnado de 2ºC fixo sobre el unha tarefa de investigación e plasmaron as súas pesquisas en formato "mural". Este mural lle foi entregado a Rubén Santamarta durante a súa visita no colexio.
Ademais, o grupo de 2ºC entrevistou a Rubén na nosa emisora "Emilia na Onda" para que todos e todas o poidades coñecer mellor. Aquí vos deixamos o podcast que se gravou e unhas fotografías da visita e gravación.luns, 1 de xuño de 2026
RUBÉN SANTAMARTA (director actual do xornal "La Voz de Galicia" en EMILIA NA ONDA!
venres, 8 de maio de 2026
BOOK CLUBS: Mark Guscin and the other Corunnas
Thank you so much to Mark, for his passion and knowledge, and to Lilí, of course, our favourite librarian. She has been sending us videos of every reading. This is her last one!
And don´t miss this time line. It has got our research. Hard work!!!
martes, 5 de maio de 2026
PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE PODCAST "RADIO NA BIBLIO" 2026
📻 Os cursos de 3°C, 2°C e varios nenos e nenas de E. Infantil participaron no concurso de “Podcast de radio” proposto pola @bescolaresgal.
As tres clases investigaron, trataron información, a usaron para trasladar información sobre Begoña Caamaño, persoa a quen se lle adican este ano as “Letras Galegas 2026”.
Deixamos por aquí as gravacións de radio que fixemos por se queredes escoitalas:
Foi un proxecto moi chulo no que nenos e nenas se involucraron completamente, cos axuda das súas mestras.
Noraboa polo traballo!
E noraboa tamén aos colexios gañadores!
OBRADOIRO DE PINTURA 🎨
Aqui vos deixamos un obradoiro que tivo lugar nas aulas de 3ºEP da man de Vanessa Lodeiro.
Nenos e nenas pintaron paisaxes coruñesas e elementos fermosos da nosa cidade.
xoves, 23 de abril de 2026
OBRADOIRO DE "ALOUETTE MACHINE"
Este curso tivemos a sorte de repetir este obradoiro dirixido ao alumnado de 2ºEP.
Como están en pleno afianzamento o proceso de lectoescritura, esta proposta foi pensada para eles.
Aprenderon como se facían hai anos os carteis e anuncios publicitarios.
E elaboraron eles mesmos varias propostas relacionadas co noso PDI "Vivir na Coruña".
Grazas de novo. Por facernos desfrutar!
venres, 17 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO 2026
No Emilia este ano celebramos o "día do libro" durante as dúas derradeiras semanas de abril.
Queremos levar a cabo lecturas compartidas entre o alumnado e tamén coas familias.
Animádevos a vir, familias, anotádevos no enlace da publicación anterior.
xoves, 16 de abril de 2026
FAMILIAS, VIDE CONTAR UN CONTO... OU O QUE QUEIRADES!
Co motivo da celebración do día do libro, desde a biblioteca EPB queremos convidar a todas as familias do colexio a visitarnos para contar un conto, un poema, dramatizar algo, contarnos algo relacionado coa cidade da Coruña...
Queremos que poidades desfrutar de pasar un bo rato cos vosos cativos e cativas e que poidades colaborar coas actividades propostas polo equipo da biblioteca.
Apostamos por unha conexión familia - escola real e nos gustaría compartir con vós estes momentos, que ademais, aos que máis ilusión lles fai é aos vosos nenos e nenas.
CANDO PODEDES VIR?
Desde o luns 20 de abril ata o xoves 30 de abril do 2026 en horario de mañá.
COMO ME PODO INSCRIBIR?
Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos.
Animádevos a participar!
mércores, 15 de abril de 2026
FAMILIAS, SE VOS GUSTA EMOCIONARVOS... ISTO É PARA VÓS!
Desde a Biblioteca EPB e dentro do programa "Lectura e familias" queremos convidar ás familias do noso colexio que teñan nenos ou nenas matriculados nos cursos a partir de 3º de Educación Primaria a participar nun obradoiro de poesía.
QUEN SERÁ A POETA QUE NOS VISITA?
A nosa queridísima Dores Tembrás, que xa leva colaborando con nós desde hai varios anos. Ela vaise encargar de que nos emocionemos a través da poesía co obradoiro que nos presenta tal que así: "As miñas cousas favoritas. O poema sen fin".
QUEN PODE PARTICIPAR?
Familias que teñan nenos ou nenas matriculados no noso colexio a partir de 3ºEP. Vide cos vosos cativos e cativas a pasar un momento emocionante e fermoso xuntos.
CANDO E ONDE É?
Será o vindeiro mércores 22 de abril do 2026 de 17:00 a 18:45 na BiblioLab.
COMO VOS PODEDES INSCRIBIR?
Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos.
Haberá prazas limitadas e se adxudicarán estas por orde de inscrición.
Espermámosvos, familias!
martes, 14 de abril de 2026
OBRADOIRO PARA ALUMNADO DE 6ºEP QUE FORMA PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA DO EMILIA:
Tamén está convidado o equipo de voluntariado do curso pasado que agora está no Insituto (soamente os que confirmaron asistencia por teléfono 📞).
🌐COMO ME INSCRIBO se son voluntario/a de 6ºEP ESTE CURSO?
Pinchando neste enlace e cubrindo os datos solicitados ou pinchando no enlace facilitado tamén no Post do Instagram da biblioteca (bibliotecaepb).
🗓️CANDO É?
Este venres 17 de abril de 16:30 a 18:30.
📍ONDE É?
Na BiblioLab do colexio.
✂️QUE TES QUE TRAER?
Un estoxo con tesoiras, pegamento, ceas de cores variadas, un rotulador negro (tipo Edding 1200).
Vos esperamos!
domingo, 12 de abril de 2026
BOOK CLUBS: Amerging and his invocation song
Well, this is what we learned in our lattest session of our Book Clubs: we met Amergin and we recited his song from the Mount of San Pedro, one of the highest spots in Coruña to contemplate the immensity of the sea. And we also read, of course: "The selfish giant", by Oscar Wilde and "The secret of the stones", by Victoria Heward, both connected to our ancestors the Celts.
Now, if you wish, you can follow our session or the whole project. And don´t forget to watch the video that Lilí, the best librarian ever, sent us!
sábado, 7 de marzo de 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23F
BOOK CLUBS: Ith and the green land
If you wish, you can follow our lattest session or the whole project. You can also see the video that Lilí, our favourite librarian, has sent this time. Her creativity and imagination has no limits! Thanks, Lilí!
domingo, 1 de marzo de 2026
CONCURSO PDI POESÍA - MES DE MARZO
Xa está aquí o concurso de marzo do noso PDI "Vivir na Coruña".
Esta vez pedímosvos que escribades un poema en galego, vendo as fotografías de A Coruña antiga que vos propocionamos. Buscade ideas nos libros que vos facilitamos.
Poñede en xogo a vosa creatividade, emocións e poder de imaxinación.
Deixamos abaixo as instrucións por cursos.
Lápiz e papel a crear.
xoves, 19 de febreiro de 2026
CLUBS DE LECTURA
Os clubs de lectura este curso seguen vento en popa. Aquí vos deixamos unhas fotografías dalgúns dos momentos capturados durante as sesións dos nosos clubs. Esperamos que vos guste. E que para o curso que vén, vos animedes a participar nestes clubs.
venres, 6 de febreiro de 2026
BOOK CLUBS: sir Francis Drake
Now please take a look at our project to learn more about pirates, sir Francis Drake and these two fascinating stories. Remember to visit Lilí, our favourite librarian. She has also a treasure for you all: the two videos she has just prepared for us: "5 children and it" - "The tempest". Thank you, Lilí, for all your hard job!!!!
luns, 2 de febreiro de 2026
CONCURSO CORUÑÉS DO MES DE FEBREIRO
Boas, publicamos o concurso do mes de febreiro sobre o noso PDI "Vivir na Coruña". Atréveste?
Mira as fotografías destas mulleres e responde a estas preguntas segundo o nivel no que esteas:
INFANTIL: (1 tarefa) coa axuda das vosas mestras, buscar os nomes e as fotografías destas mulleres e poñerlle o nome a cada imaxe.
1º e 2º de primaria: (2 tarefas) coa axuda das vosas mestras, buscar os nomes e as fotografías destas mulleres e poñerlle o nome a cada imaxe + ordenar de máis antiga a máis actual estas mulleres.
3º e 4º de primaria: (3 tarefas) coa axuda das vosas mestras, buscar os nomes e as fotografías destas mulleres e poñerlle o nome a cada imaxe + ordenar de máis antiga a máis actual estas mulleres + dicir onde naceron estas mulleres e que teñen en común.
5º e 6º de primaria: (4 tarefas): coa axuda das vosas mestras (so se é necesario), buscar os nomes e as fotografías destas mulleres e poñerlle o nome a cada imaxe + ordenar de máis antiga a máis actual estas mulleres + dicir onde naceron estas mulleres e que teñen en común + por que son importantes (o que lograron).
Deixaremos na planta baixa do colexio a información onde indagar as respostas.
Poderedes coller as follas de respostas directamente na vosa clase, preguntando aos vosos titores/titoras.
Poededes participar desde o venres 6 de febreiro ata o venres 27 de febreiro do 2026.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
martes, 20 de xaneiro de 2026
GAÑADOR E FINALISTAS CONCURSO LOGO DO PDI VIVIR NA CORUÑA
sábado, 10 de xaneiro de 2026
BOOK CLUB: Breogan and Hercules
Here is a memory of our unforgettable afternoon and remember that Lilí, our favourite librarian, is waiting for you with a great selection of books. Here are her two videos for this session: "Charlie and the Great Fire of London" and "Arthur and the sword in the stone". Thank you, Lilí! You are simply the best!














