Iniciamos unha nova temporada de Onda Ti, e xa imos pola quinta! Neste programa, no que publicamos moitos dos produtos radiofónicos que imos producindo durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, atoparemos seccións tradicionais desde hai un lustro e que continuamos coas vosas voces.
Neste episodio escoitaredes aos nenos/as de 6ºEP na sección en inglés, trátase de "The book nook". Iniciaremos os monográficos relacionados co Proxecto Documental Integrado Paisaxes encantadas, nas que iremos coñecendo diversos aspectos dos bosques e montes galegos. A mestra Mar, xunto coa súa clase de 5º de Educación Infantil, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión coa colaboración do profesor Cristiano Rogério Alcântara. Durante todo programa iredes escoitando a lectura dos microrrelatos premiados no concurso convocado polo Día das Escritoras, agrupando nunha sección os "micros" da categoría de adultos, no que escoitaremos a Jorge, pai de alumnas do centro e a Aurora, a directora do colexio. Durante o trimestre visitounos Francisco J. Lema, que nos falou sobre os lobos, neste espazo poderedes recuperar a entrevista que lle fixo o alumnado de 5ºEP. Lilí e Clara, bibliotecarias da BM Los Rosales, achégannos algunhas recomendacións para este Nadal, na tradicional sección de "Na onda dos libros". Remataremos con "Temos unha mensaxe de..." As presentacións, seguindo a escaleta do programa, realizouna o alumnado de 6º de EP.
Lembrade
que a partires da mes de xaneiro iranse publicando os diversos audios
do programa de xeito individual nas distintas seccións da canle en
Ivoox. Agora gozade durante as vacacións deste primeiro episodio da nova temporada de Onda
Ti!
Ningún comentario:
Publicar un comentario