Amosando publicacións coa etiqueta imaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta imaxe. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de decembro de 2024

Obradoiro "Pintando historias"

No mes de decembro comezamos un novo obradoiro que chamamos "Pintando historias" na que pretendemos achegarnos ao mundo da fotografía, tan importante no desenvolvemento do cine, e que nos permitirá introducirnos en diversas historias. Utilizamos a técnica de Light painting para xuntar arte, fotografía e literatura.

venres, 15 de novembro de 2024

Logo "Un cole de cine"

O 24 de outubro comezamos a desenvolver as actividaes relacionadas co proxecto, un delas foi a convocatoria de ideas para definir a imaxe que identificaría ao proxecto de "Un cole de cine" durante o curso. Tras unha decisión moi difícil pola calidade das propostas recibidas por parte do alumnado este foi o deseño escollido realizado por Alicia, unha alumna de 6ºC de EP, o resto de deseños están pendurados na entrada do colexio.

Moitas grazas polas vosas ideas!

venres, 7 de xuño de 2024

Filosofía lúdica na biblioteca: "Espellos poéticos dialogando"

Por que ofertamos, como actividades extraescolares, Diálogos Filosóficos? Sabemos que o diálogo, se se fai ben, axuda ao noso alumnado para aprender a pensar porque teñen que compartir as súas ideas, argumentalas e dar boas razóns sen pretender convencer. E fano xunto aos seus compañeiros/as, escoitándoos/as e aceptando que, aínda que pensen de forma distinta, poden ter razón.

mércores, 28 de febreiro de 2024

Diálogo filosóficos


Arte como medio para dialogar sobre os diferentes aspectos da vida, ademais de continuar coa creación artística e literaria deste curso.

luns, 6 de novembro de 2023

Sinal de identidade

Como ben sabedes temos unha misión, que é recuperar e coñecer os nosos bosques e montes. Por iso queriamos pedirvos que, para dárlle unha imaxe ao proxecto coa que idintificaremos todas as accións que desenvolvamos relacionadas co PDI Paisaxes encantadas, deseñedes un logotipo que represente os valores e o tema do proxecto.

luns, 30 de xaneiro de 2023

A emigración galega

Hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz, no que, ademais das diversas propostas que xurdiron desde o EACE e EDLG, quixemos promover a influencia que tivo en Galicia a emigración, no que, por motivos de guerra, económicos, entre outros, moita poboación tivo que abandonar a súa terra, como actualmente sucede noutros países ou rexións do planeta. Podedes ler algunhas das "Historias de ida e volta" do Consello da Cultura Galega.

Ademais da exposición de fondos relacionados co tema para todas as idades, o alumnado recreou diversas imaxes relacionadas coa emigración nas que tiveron que integrarse tanto nas emocións que se transmitían nelas como na indumentaria. Nesta entrada iranse publicando as fotografías que se vaian realizando.

Mañá ás 12h recibiremos na biblioteca ao Premio Nacional de Literatura Xesús Fraga, na que nos falará de primeira man do que supuxo e do que supón a emigración en Galicia, mañá activarase unha entrada na que se poderá seguir o encontro en directo. O alumnado de 6ºEP faralle unha entrevista no estudio de radio de Emilia na Onda.

martes, 19 de abril de 2022

O mar e a arte

O mar foi fonte de inspiración para diversos artistas ao longo da historia. Pintores, escultores, músicos, escritores... utilizaron os mares e océanos para dar a súa interpretación e visión persoal a algo tan presente nas nosas vidas. Esta semana serán pintoras e escultoras as que centren as preguntas, podedes utilizar os recursos do corredor de entrada ou as páxinas webdo repositorio do proxecto, acudindo á sección de "Arte".

venres, 22 de outubro de 2021

Logotipo Mergúllate!

Hai unhas semanas o obxecto que apareceu nas clases animaba a facer un deseño que identificase o desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado Mergúllate! Todos os traballos que nos chegaron estiveron expostos esta semana no corredor de entrada. O seleccionado para aparecer na información relacionada co proxecto foi o que elaborou Simón, alumno de 4º EP, no que transmite a través dunha onda cun peixe, unha gaivota e unhas algas a imaxe do PDI.

venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro (actualizado)

Chegou o día no que celebramos o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor . Desde o equipo de biblioteca quixemos poñer en marcha tres iniciativas coas que pretendemos visibilizar a importancia dos libros nas nosas vidas.

Presentámosvos o resultado destas propostas que estivemos a desenvolver estas semanas e que permanecerán abertas a novas achegas que nos queiradees enviar nos próximos días. Agardamos que vos gusten e gocedes con elas. FELIZ DÍA DO LIBRO!

martes, 22 de decembro de 2020

Gañadoras do concurso

No mes de novembro convocouse un concurso de ideas dirixido aos nenos/as do colexio. Establecéronse unhas bases para a escolla dunha imaxe que identificase ao centro, sería o logotipo do noso centro educativo, aproveitando o desenvolvemento do PDI Paseando con Emilia. Hoxe coñeceuse o deseño gañador que se anunciou na web do centro. A partires de agora esta imaxe acompañará os documentos oficiais e servirá para identificar a toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Queremos dar os parabéns ás dúas gañadoras polo seu deseño, así como ao resto de alumnos/as e familias que participaron coas súas ideas e imaxes. Moitas grazas pola vosa participación!

mércores, 1 de abril de 2020

Día do libro Infantil e Xuvenil

Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil promovida polo Ibby. A data desta celebración coincide co nacemento de Hans Christian Andersen e celébrase desde 1967 co obxectivo de espertar o gusto pola lectura desde a infancia. Iniciativas como o concurso que organiza Galix serven para poñer en valor a literatura infantil e xuvenil, tedes de prazo ata o venres 10 de abril.
Desde a biblioteca queremos propoñervos a todas as familias que nos enviedes un "bookface". Esta actividade consiste en coller unha cuberta ou portada dun libro infantil ou xuvenil e fundirse con ela, e dicir, substituír o voso rostro ou parte do corpo coa imaxe da cuberta do libro, neste caso queremos amplialo tamén ás páxinas interiores do libro, se utilizades este último método indicaredes tamén o título e autor/a da obra. A través deste xogo queremos  promocionar a lectura destes libros infantís e xuvenís a través das vosas propias recomendacións.

xoves, 27 de febreiro de 2020

Día de Rosalía

Tal e como fixemos o pasado curso, o 24 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro), nesta ocasión celebrámolo uníndonos á proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) e tratamos o tema dos errantes polo mundo a través da poesía de Rosalía. As actuacións propostas polo EACE, EDLG e Biblioteca que estamos a desenvolver son:

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Lembramos a Lección de August

Para finalizar a lectura do primeiro trimestre quixemos realizar unha actividade na que se recollesen aquelas frases que foron chamando a atención dos nenos/as do club de lectura.

mércores, 18 de decembro de 2019

Bota a andar "Emilia na onda"

Hoxe publicouse a resolución do concurso para escoller a imaxe e o nome da nosa emisora de radio, dentro do programa "Radio na biblio". A gañadora foi Martina de 4º de E.P. tanto no apartado do logotipo como no nome.
O xurado composto por mestras/es e alumnas/os escolleu o nome proposto de "Emilia na onda" e o logotipo que o acompañaba.
Así comeza a andaina da emisora de radio da biblioteca EPB no CEIP Emilia Pardo Bazán, dámoslle a benvida a EMILIA NA ONDA.

xoves, 20 de decembro de 2018

Diálogo a través da imaxe

Hoxe na segunda sesión de Diálogo Filosófico na biblioteca, tamén con nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria, miramos unha imaxe dun xeito inhabitual para apreciar pequenos detalles que usualmente pasan desapercibidos e poder relacionar así as súas partes con todo.