Amosando publicacións coa etiqueta apadriñamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta apadriñamento. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO 2026

 


No Emilia este ano celebramos o "día do libro" durante as dúas derradeiras semanas de abril. 

Queremos levar a cabo lecturas compartidas entre o alumnado e tamén coas familias. 

Animádevos a vir, familias, anotádevos no enlace da publicación anterior. 


martes, 28 de outubro de 2025

 Por fin podemos desvelar a temática do Proxecto Documental Integrado deste curso: A CORUÑA. 

Leva o nome de: VIVIR NA CORUÑA... E este mes comezamos coas investigacións e actividades de motivación. 

Durante tres días, levamos a cabo unha actividade chamada "Un paseo por Coruña" sen movernos da nosas bibliotecas, pero vendo, dialogando, comentando, e resolvendo cuestións sobre monumentos, barrios, obras, personaxes coruñeses e outros elementos significativos da nosa cidade. 

Ademais, tivo lugar tamén o noso 1º apadriñamento lector "Amizade nun libro" entre amiguiñ@s pequen@s e maiores. Dentro vídeo:


Pasámolo moi ben no día das bibliotecas escolares inaugurando o PDI 2025-2026. 

luns, 29 de abril de 2024

Así foi a semana do libro

Ao longo da semana pasada celebramos a Semana do libro con diferentes accións que tiveron por obxectivo facernos pensar que é un libro para nós, compartir libros e lecturas cos demais e tamén crear obxectos e elemrntos artísticos relacionados cos libros. Deste xeito:

martes, 12 de marzo de 2024

Primavera poética

Comezamos a celebración do Día da poesía con varias accións nas que trataremos dar visibilidade e fomentar a lectura e escritura deste xénero literario.

Xa tedes na entrada da biblioteca expostos diversos fondos para todos os lectores/as que nos achegan á poesía. Lembrade que en todas as caixas de Tédelos que coñecer! hai poemarios adaptados ás vosas idades.

martes, 31 de outubro de 2023

A amizade nun libro

A pasada semana, con motivo do Día da Biblioteca, realizamos o primeiro encontro de "A amizade nun libro", no que o alumnado de primaria acompañou ao alumnado de educación infantil compartindo a lectura dun libro. Libros diversos que mediaron entre alumnado diverso. Debido ás condicións metereolóxicas a actividade desenvolveuse nos edificios de Educación Infantil e Primaria.

sábado, 29 de abril de 2023

Así foi a Semana do Libro 23...

Esta semana desenvolvéronse no centro diversas accións para darlle visibilidade e darlle significado á celebración do Día do Libro, que culminaron onte coa terceira xornada do curso da actividade "A amizade nun libro", no que todo o alumnado do colexio estivo lendo nun balcón ao océano Atlántico. Todas as imaxes desta xornada podedes atopalas na páxina web do centro.

luns, 24 de abril de 2023

Semana do libro 2023

O pasado domingo 23 de abril foi o Día Internacional do libro e do Dereito de autor.
Debido á coincidencia cun día non lectivo quixemos adiar esta celebración ao longo desta semana, na que desenvolveremos algunha serie de accións para visibilizar este Día do Libro:

luns, 20 de marzo de 2023

A amizade nun libro polo Día da poesía

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, nós, como xa sabedes, estamos a celebrar todo o mes, adicando as entradas e algún momento da Hora de ler para que soe por megafonía un poema relacionado con Galicia recitado por algún membro da comunidade educativa, pero para hoxe temos resevada unha celebración moi especial, como é a segunda xornada da "Amizade nun libro", no que o alumnado compartirá libros de poesía e obras creadas por eles/as mesmos.

Nesta entrada publicaremos as imaxes desta xornada. Feliz Día da poesía!

martes, 25 de outubro de 2022

A amizade nun libro

O 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas, no que se trata de dar visibilidade ao papel das bibliotecas de diferente tipo, e que este curso, co cartel da galega Xulia Vicente, preséntase co lema "BiblioTEcuida".

Desde a nosa biblioteca quixemos celebralo con todo o centro realizando a actividade de "A amizade nun libro", na que alumnado dos últimos cursos de Educación Primaria compartiron lecturas co alumnado de Educación Infantil e dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.

xoves, 24 de outubro de 2019

O día da biblioteca

A Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en 1997 quixo lembrar o incendio da Biblioteca de Saraxevo en 1992 para homenaxear e resaltar o valor da bibliotecas, por este motivo o 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. Este ano o Ministerio de Cultura e Deporte súmase á celebración deste día coa iniciativa "Aptas para todos os públicos. Coa igualdade de xénero".
No pregón deste ano titulado "A sen conto", elaborado por Gemma Pasqual e traducido por Héctor Cajaraville, unha nena fai un recorrido ata chegar ao refuxio máis fermoso.
A biblioteca EPB e todo o CEIP Emilia Pardo Bazán organizou unha xornada de apadriñamento lector no que os nenos de maior idade de primaria léronlle un conto, recitaron unhas poesías, aprenderon sobre algún tema e descubriron as sorpresas que se agachan nos libros aos nenos de Educación Infantil e a 1º de E.P., os nenos/as de 2º de Primaria leron obras entre os tres grupos. Como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia un bo exemplo de "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía."