luns, 27 de novembro de 2023

Obradoiros do PDI Paisaxes encantadas

A semana pasada comezaron os obradoiros do PDI Paisaxes encantadas, nas que poderán participar todos os cursos do centro. Estes desenvolveranse nos espazos da biblioteca, para tratar de achegarnos, a través de diversos recursos aos bosques e montes de Galicia, por medio actividades de procura de información e consulta de diversas fontes, tamén acompañadas doutras actividades relacionadas coa parte máis creativa da biblioteca, co que combinaremos a formación de usuario na procura e tratamento da información coa creatividade do alumnado.

Nestes talleres relacionaranse coa Intelixencia Artificial, co deseño 3D, a escritura creativa e a ilustración, os robots e outros aspectos como aprender a manexar, comprender a linguaxe audiovisual. Sempre desde unha perspectiva de traballo en equipo e de compartir a información cos demais. No seguinte documento está a información detallada de cada un dos obradoiros.

 

Aprendemos xuntos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario