Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2026

VISITAS DAS FAMILIAS CONTACTONTOS - LENDAS A CORUÑA

Pola semana do libro invitamos ás familias a vir contar un conto, contar algo sobre as súas experiencias na cidade da Coruña, falar dalgunha lenda coruñesa... e as aulas e a biblioteca enchéronse de persoas con moitas historias que contar.

Foron momentos inesquecíbles que as crianzas puideron vivir coas súas mamás, papás ou familiares. E estes momentos ás veces irrepetibles, son os que quedan. Por iso desde a biblioteca do Emilia queremos animar ás familias a que participen e agradecemos a todas as que fixeron posible esta actividad, que tivo unha moi boa acollida. 

Grazas, familias por compartir con nós!



OBRADOIRO POESÍA - FAMILIAS





Seguindo co día da poesía, tamén levamos a cabo un obradoiro no programa de "Lectura e familias" con Dores Tembrás e as familias do noso colexio. 

Dores veu para que as familias e os seus fillos/as escribiran sobre papel "as súas cousas favoritas" relacionadas coa cidade da Coruña. 


Foi, coma sempre, moi emotivo e moi necesario. Compartir ese ratiño de tempo xuntos, falando e comentando recordos con persoas e lugares que son importantes para nós é algo que vai quedar para sempre nas nosas memorias. 

Grazas ás familia que participaron e grazas de novo á nosa Dores, visitante xa habitual e case obrigatoria do noso colexio.

mércores, 15 de abril de 2026

FAMILIAS, SE VOS GUSTA EMOCIONARVOS... ISTO É PARA VÓS!

 Desde a Biblioteca EPB e dentro do programa "Lectura e familias" queremos convidar ás familias do noso colexio que teñan nenos ou nenas matriculados nos cursos a partir de 3º de Educación Primaria  a participar nun obradoiro de poesía. 

QUEN SERÁ A POETA QUE NOS VISITA? 

A nosa queridísima Dores Tembrás, que xa leva colaborando con nós desde hai varios anos. Ela vaise encargar de que nos emocionemos a través da poesía co obradoiro que nos presenta tal que así: "As miñas cousas favoritas. O poema sen fin".

QUEN PODE PARTICIPAR? 

Familias que teñan nenos ou nenas matriculados no noso colexio a partir de 3ºEP. Vide cos vosos cativos e cativas a pasar un momento emocionante e fermoso xuntos.


CANDO E ONDE É? 

Será o vindeiro mércores 22 de abril do 2026 de 17:00 a 18:45 na BiblioLab. 


COMO VOS PODEDES INSCRIBIR?

Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos.

Haberá prazas limitadas e se adxudicarán estas por orde de inscrición.


Espermámosvos, familias!

martes, 25 de novembro de 2025

MOCHILAS TEMÁTICAS CONEXIÓN E FAMILIA

 

Volven as mochilas temáticas de conexión familiar que tanto éxito tiveron. Estes préstamos van dentro do programa "Lectura e Familias", definida como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas"

Para solicitalas, poderedes acceder ao FORMULARIO que se atopa ao final desta publicación. 

Esta actividade comezou xa hai dous cursos e agradecemos a acollida dela xa que as mochilas estiveron en movemento desde o comezo da iniciativa. 

Poñemos a disposición de todas as familias do noso centro 10 mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade.

As mochilas que están a disposición da comunidade educativa para o empréstito serán as que aborden os temas de Trastorno de Espectro AutistaTrastorno de Déficit de Atención e HiperactividadeAltas Capacidades IntelectuaisConduta e Disciplina PositivaConduta Positiva e Educación emocionalDislexiaCreatividade 1Creatividade 2Educación e Igualdade e "Ao teu xeito" (esta última mochila configúraa a propia familia cun máximo de tres libros para adultos e/ou de non ficción a escoller entre a nosa colección). A selección dos recursos foi realizada polo Departamento de Orientación en colaboración co equipo de biblioteca.

As primeiras mochilas comezarán a saír o próximo 9 de decembro e poderán permanecer en préstamo un máximo de 30 días sen posibilidade de renovación, co obxectivo de favorecer a rotación e que o acceso a estes fondos sexa o máximo posible. As mochilas poderán reservarse, quedando en lista de espera as persoas que o vaian solicitando.


A recollida das mochilas realizarase na biblioteca do centro en diferentes momentos da xornada escolar e que deberán explicitarse no formulario de solicitude. A devolución realizarase do mesmo xeito que se fixo o préstamo. Cada familia só poderá ter emprestada unha das mochilas ofertadas.


Aquí vos deixamos a un click onde podedes anotarvos para solicitar as mochilas temáticas: 

FORMULARIO DE SOLICITUDE