sábado, 27 de marzo de 2021

BOOKWORMS: "The happy prince and The selfish giant"

The author selected for our lattest session of the Book Club was Oscar Wilde, a well-known Irish novelist, poet and playwright. After completing school, Wilde moved to LondonIn 1888, he published a collection of children’s stories, "The Happy Prince and Other Tales", from where we took the 2 tales we are reading this month: The happy prince and The selfish giant.
After having read aloud the first one, suffering with the generosity of the prince and the swallow, we received one of the prince´s jewels as a memory: a rubby or a sapphire. Then we became gardeners for a day to recreate the garden of The selfish giant: we took a pot of yoghourt to the session and we planted some seeds of marigold in it, adding some soil and water. Luckily, with a little bit of patience and care, we will enjoy a beautiful flower in a few weeks. 

Unha semana con pingas de poesía

Rematamos a semana na que recibimos unhas pingas de poesía de diversos xeitos e con distintas iniciativas que se foron desenvolvendo.

Comezamos coa exposición de obras de poesía que montamos na entrada da biblioteca e coa queriamos visibilizar estas obras e favorecer a súa lectura.

luns, 22 de marzo de 2021

Concurso semana 8

Photo by Thought Catalog on Unsplash
Como sabedes estamos celebrando a semana da poesía, por este motivo cremos que as preguntas do concurso debían estar relacionadas. Aproximarémonos á única obra de poesía que escribiu Emilia Pardo Bazán, prestade atención ás preguntas!

domingo, 21 de marzo de 2021

Pingas de poesía

Vía accionpoetica.com

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, no que se conmemora "unha das formas máis apreciadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade". Esta celebración promovida pola UNESCO vense realizando desde o ano 1999.

Esta semana queremos que haxa unhas pingas de poesía por todo o colexio, por isto non vos extranedes se na entrada ao centro ou dentro dos edificios de Educación Infantil e Primaria atopádesvos cunhas pingas multicolor que conteñen dentro algunha das poesías que escolleron as voluntarias/os da biblioteca. Para descubrilas teredes que utilizar a aplicación Assembler, no vídeo desta entrada vén explicado como descargala e escanear os códigos.

Continuaremos con esta semana adicada á poesía o martes, xa que visitará o colexio Dores Tembrás. Os nenos/as de 6º de E.P. participarán nuns obradoiros de Poesía+Graffitti. Recuperamos esta actividade, que quedou pendente hai un ano debido ao confinamento pola pandemia e coa que estamos devecendo "adentrarnos no misterio da linguaxe e a emoción".

luns, 15 de marzo de 2021

Episodio 3 (T2) - Onda Ti

Primeiro programa do ano  de Onda Ti e terceiro na temporada, que vén cargado de contido, con información e diversión. Comezamos coa sección "4 in a year" na que coñeceremos a unha personaxe do inverno. Continúa a serie de pandemias, neste episodio coa variola. Os nenos/as de 1ºA fan un pouco de publicidade do concurso e do traballo que están a realizar. No espazo verde de El jardín de Juanita as nenas/os de 5ºB de E.I. contan nesta ocasión coa colaboración da mestra Ángeles Abelleira

A esperada entrevista á ilustradora Xulia Pisón vén incluída neste episodio, así como o segundo episodio de Conversando coa Emilia, o teatro lido que fan os nenos/as de 6ºA e 5ºC. As bibliotecarias de Los Rosales traen algunhas das novidades e a recomendación dun libro de Xabier P. Docampo. Iremos finalizando coa previsión metereolóxica de hai uns días e Temos unha mensaxe de...

Concurso semana 7

Fonte: ©La Voz de Galicia
 A pasada semana comezamos o  desenvolvemento da tarefa de Paseando con Emilia feminista, no que tratamos de descubrir as rúas da Coruña que teñen nome de muller e quen foi cada unha delas. Xa comezamos a recibir os traballos dos nenos/as que xa están expostos nas escaleiras do centro e tamén no mapa virtual que temos na páxina web do proxecto.

 Esta semana preguntaremos pola información que conteñen estes traballos elaborados polo alumnado de diversos cursos de Educación Primaria e sobre as pegadas de Emilia Pardo Bazán na cidade.

xoves, 11 de marzo de 2021

Entrevista con Kelly Conde

Publicamos a entrevista que fixeron Sabela, Teo e Noa, en representación da clase de 5ºC, a Kelly Conde biologa molecular nun laboratorio do CHUAC e con numerosas liñas de investigación en marcha, que poderedes ir descubrindo ao longo da entrevista.

luns, 8 de marzo de 2021

Concurso semana 6

O 8 de marzo celébrase o Día da muller. Emilia Pardo Bazán destacou por defender o papel da muller na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades. Foi precursora do movemento feminista, tanto nas súas obras como nos seus artigos reclama a mesma educación para a muller que para os homes.

Esta semana nas preguntas do concurso tratamos que coñezades a outras mulleres galegas que destacaron polo seu labor en prol da igualdade das mulleres e dos homes, pero tamén pola súa relevancia social, cultural e profesional, nunha época na que era moi complicada esta igualdade, de feito moitas delas foron as primeiras no seu ámbito.

domingo, 7 de marzo de 2021

8M Día da muller

Na semana do 8 ao 12 de marzo queremos visibilizar o labor das mulleres e concienciar na importancia da igualdade na vida en sociedade, así como resaltar aqueles estereotipos que moitas veces pasan desapercibidos.

martes, 2 de marzo de 2021

Biblioteca aberta!

Este curso o noso colexio non poderá acoller as visitas das familias que queren coñecer o centro no que estudarán os seus fillos/as no próximo curso nas xornadas de portas abertas. Debido a este inconveniente, desde o equipo directivo veñen de publicar na páxina web do colexio un documento para que vos acheguedes aos espazos e opinións dos nenos/as que xa estudan no CEIP Emilia Pardo Bazán.

Os voluntarios/as de 6º de E.P. quixeron mostrar os distintos espazos da biblioteca a través de tres vídeos nos que mostran algunhas das actividades que se poden desenvolver e falan da súa experiencia neles.

Deixámosvos co seu traballo...

luns, 1 de marzo de 2021

Concurso semana 5

Esta semana achegarémonos á obra de Emilia Pardo Bazán e a ambientación que fai nalgunha delas na Coruña, deste xeito achegámonos á cidade tal e como era hai máis de 100 anos.

O concello de A Coruña vén de presentar o programa de homenaxe á escritora coruñesa con 40 eventos previstos para o presente ano, está xa a poñer en marcha algunhas destas actuacións. Unha delas son as mensaxes de Emilia e de figuras que a coñecen en profundidade, como Isabel Burdiel e Marilar Aleixandre, que están pintadas nos pasos peonís dalgunhas das rúas da cidade. Un bo motivo para pasear e coñecer a nosa cidade.