venres, 3 de novembro de 2023

Oubeos na biblioteca

O pasado martes visitou o colexio Francisco J. Lema, de profesión veterinario e experto no mundo do lobo en Galicia. A xornada comezou cun encontro co alumnado de 6º de EP no que descubriron moitas das curiosidades que lles contou o noso convidado e a realidade do animal nos montes e bosques de Galicia, tamén puideron comprobar, con mostras e vídeos que nos trouxo, como son e como se moven os lobos.

Previamente o alumnado de 5º e 6º de EP estivo preparando unha entrevista que lle fixeron ese día no estudio de Emilia na Onda e que podedes escoitar a continuación:

 Para finalizar tivo un encontro co alumnado de 5ºB de EI, que desde o mes de setembro estivo aprendendo sobre este animal a través dos libros e outras fontes, das cales xurdiron diversas preguntas como: os lobos comen nenos e nenas? Os hai bos e malos? Tamén en libros estiveron vendo que os raposos construían tobos, entón os lobos tamén os fan? Gústalles bañarse? Poderían facelo nunha pisicina? Como agasallo recitáronlle un poema de Manuel María e despois na clase reflexionaron sobre a xornada.





Agradecemos a "Chisco" a súa visita e todo o que aprendemos sobre este animal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario