Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2026

OBRADOIRO "PAISAXES CREATIVAS"

 


Nesta ocasión, contamos con "arteygarabato" de Vigo que veu impartir un obradoiro de paisaxes creativas relacionadas coa nosa cidade de A Coruña. 


A este obradoiro asistiu o equipo de voluntariado da biblioteca do curso pasado e deste curso. Así, fixemos unha xuntanza entre ex-voluntari@s e actuais voluntari@s. 


Saíron creacións moi chulas, que nun principio, os propios artistas creadores das obras non pensaban que ían saír tan ben. 

Grazas a "arteygarabato" pola súa visita!


OBRADOIRO COLLAGE 1º EP






Cando algo funciona, sempre repetimos. Este é o caso do obradoiro de collage impartido polo ilustrador Carlos Gallego. Os grupos de 1ºEP tiveron a oportunidade de participar neste obradoiro onde a través da técnica do collage, elaboraron as súas composicións de monumentos e lugares da cidade da Coruña.


Grazas, Carlos e ata sempre! 

OBRADOIRO POESÍA 6ºEP

 Este curso volvemos repetir o obradoiro de poesía da man de Dores Tembrás para o alumnado de 6ºEP. Parécenos importante que poidan plasmar as súas inquedanzas, preocupacións ou sentimentos e emocións, sobre todo neste último curso, despois de 9 anos no mesmo colexio. Ese paso á secundaria vén acompañado de moitas sensacións, e a rapazada sempre é capaz de exteriorizar estas, a través deste obradoiro de poesía. 




Grazas de novo, Dores por vir sempre onde nós como se fose "casa".


martes, 5 de maio de 2026

OBRADOIRO DE PINTURA 🎨

Aqui vos deixamos un obradoiro que tivo lugar nas aulas de 3ºEP da man de Vanessa Lodeiro.


Nenos e nenas pintaron paisaxes coruñesas e elementos fermosos da nosa cidade.

xoves, 23 de abril de 2026

OBRADOIRO DE "ALOUETTE MACHINE"


Este curso tivemos a sorte de repetir este obradoiro dirixido ao alumnado de 2ºEP.

Como están en pleno afianzamento o proceso de lectoescritura, esta proposta foi pensada para eles.

Aprenderon como se facían hai anos os carteis e anuncios publicitarios.

E elaboraron eles mesmos varias propostas relacionadas co noso PDI "Vivir na Coruña".

Grazas de novo. Por facernos desfrutar!

mércores, 15 de abril de 2026

FAMILIAS, SE VOS GUSTA EMOCIONARVOS... ISTO É PARA VÓS!

 Desde a Biblioteca EPB e dentro do programa "Lectura e familias" queremos convidar ás familias do noso colexio que teñan nenos ou nenas matriculados nos cursos a partir de 3º de Educación Primaria  a participar nun obradoiro de poesía. 

QUEN SERÁ A POETA QUE NOS VISITA? 

A nosa queridísima Dores Tembrás, que xa leva colaborando con nós desde hai varios anos. Ela vaise encargar de que nos emocionemos a través da poesía co obradoiro que nos presenta tal que así: "As miñas cousas favoritas. O poema sen fin".

QUEN PODE PARTICIPAR? 

Familias que teñan nenos ou nenas matriculados no noso colexio a partir de 3ºEP. Vide cos vosos cativos e cativas a pasar un momento emocionante e fermoso xuntos.


CANDO E ONDE É? 

Será o vindeiro mércores 22 de abril do 2026 de 17:00 a 18:45 na BiblioLab. 


COMO VOS PODEDES INSCRIBIR?

Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos.

Haberá prazas limitadas e se adxudicarán estas por orde de inscrición.


Espermámosvos, familias!

martes, 14 de abril de 2026

OBRADOIRO PARA ALUMNADO DE 6ºEP QUE FORMA PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA DO EMILIA:

✍️ OBRADOIRO PARA ALUMNADO DE 6ºEP QUE FORMA PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA DO EMILIA:

Convidamos ao equipo de voluntariado de 6ºEP da biblioteca do Emilia á participar nun obradoiro sobre "paisaxes creativas" impartido por @arteygarabato_vigo para agradecer e valorar a súa colaboración coas funcións da biblioteca.

Tamén está convidado o equipo de voluntariado do curso pasado que agora está no Insituto (soamente os que confirmaron asistencia por teléfono 📞).

🌐COMO ME INSCRIBO se son voluntario/a de 6ºEP ESTE CURSO?
Pinchando neste enlace e cubrindo os datos solicitados ou pinchando no enlace facilitado tamén no Post do Instagram da biblioteca (bibliotecaepb).

🗓️CANDO É?
Este venres 17 de abril de 16:30 a 18:30.

📍ONDE É?
Na BiblioLab do colexio.

✂️QUE TES QUE TRAER?
Un estoxo con tesoiras, pegamento, ceas de cores variadas, un rotulador negro (tipo Edding 1200).

Vos esperamos!

luns, 26 de maio de 2025

Obradoiro de caracterización no cinema

Hoxe tivemos con nós a Erea Pérez que nos mergullou no que pasa antes de que as cámaras comecen a gravar e o labor das persoas caracterizadoras de actrices e actores para desenvolver os seus papeis. Erea realizou un obradoiro co alumnado no que elaboraron unha queimadura, cun aspecto moi real, utilizando diversos materiais, ademais combinou co seu labor no mundo do cinema. Posteriormente o alumnado de 4ºB realizoulle unha entrevista no estudio de Emilia na Onda.

xoves, 22 de maio de 2025

Comerte a versos

A cociña e a poesía, que marabillosa maridaxe! Dores Tembrás tivo hoxe un encontro coas familias do colexio para poñerse a cociñar versos coas criazas e os seus familiares a través da proposta "Comerte a versos". Coñecer a poesía, identificar as nosas receitas de cociña preferidas e a vinculación coas nosas emocións, coas nosas experiencias para despois transformalo nunha obra poética. A continuación tedes algunhas das producións das familias que acudiron á biblioLab para escribir xuntos:

xoves, 8 de maio de 2025

Obradoiro coa imprenta

O alumnado de 2ºEP gozou dunha experiencia de creación de carteis cunha imprenta con Aloutte Machine, ademais de aprender como funcionaba esta puideron desenvolver a súa creatividade para o deseño dos cartaces. Ao longo da mañá foron tomando forma as súas obras que quedarán expostas na biblioLab.

Estes foron algúns dos momentos das sesións...

mércores, 7 de maio de 2025

Obradoiro de Stopmotion

O alumnado de 1º de EP participou nun taller para aprender a facer películas de animación con Algarabía animación. Primeiro tiveron que modelar con plastilina ás personaxes protagonistas da historia, que, como ía a estar ambientada no medio mariño, foron peixiños e cangarexos. A continuación, coa aplicación Stopmotion instalada nas tabletas da biblioteca comezaron a gravar as súas obras. Vendo resultado queda a vista que o fixeron moi ben, parabéns!

luns, 28 de abril de 2025

Biblioteca e familia: "Comerte a versos"

O próximo 22 de maio realizaremos unha xornada de Biblioteca e Familia titulada "Comerte a versos" dirixida por Dores Tembrás e que se centrará na relación entre poesía e cociña. Partindo do vínculo que cada un de nós mantén con determinadas receitas e aquilo que o sentido do gusto pode desatar na memoria. Dende aí faise a proposta de escrita. O enunciado é sinxelo pero desafiante: escribir o que significa unha determinada elaboración ou receita na nosa vida.
A sesión estará apoaida en poemas de autores de prestixio como Wislawa Zzymborska, Gabriela Mistral, Miguel Hernández ou Mark Strand que exploraron con éxito esta relación para achegarnos ao noso propio vínculo.
O obxectivo é que entre a familia e o alumno/a compoñan un breve texto, no que palpite o seu vínculo a través da cociña. O exercicio rematará escribindo este poema nunha cartolina a modo de receita que os nenos e nenas poderán ilustrar con recortes e debuxos.

luns, 24 de marzo de 2025

Deseño 3D e cine

Comezaron os obradoiros que se desenvolverán a partires de agora e ata final de curso no que se relacionará o deseño 3D con diferentes aspectos do cinema. Ao longo deste tempo utilizaránse diferentes aplicacións para os deseños do alumnado, adaptando a metodoloxía á idade dos nenos/as, así cos cursos de 1º a 4º de EP utilizamos a app Doodle3D Transform, en 5º e 6º de EP utilizarase Tinkercad no proceso de deseño. Complementarase o obradoiro coa participación nun Kahoot de xeito colectivo.

venres, 21 de marzo de 2025

Grafitti e poesía con Dores Tembrás

O alumnado de 6ºEP estivo o venres experimentando coa poesía con Dores Tembrás a través do obradoiro de "Poesía e Grafitti" exploraron este xénero literario e tamén as súas emocións nunha xornada na que este xénero literario engaiolou a alumnado e profesorado. Un bo modo de celebrar o Día da poesía!

venres, 21 de febreiro de 2025

Escornabot e cine

Os obradoiros de biblioteca durante este trimestre exploran  e aprenden cos escornabot para achegarnos a diferentes aspectos sobre o cinema. A través dos taboleiros realizados polo equipo de biblioteca o alumnado percorre xunto co escornabot películas, personaxes, xéneros, entre outros aspectos. O alumnado, ademais das aprendizaxes adquiridas, levou un agasallo realizado coa impresora 3D.

mércores, 18 de decembro de 2024

Obradoiro "Pintando historias"

No mes de decembro comezamos un novo obradoiro que chamamos "Pintando historias" na que pretendemos achegarnos ao mundo da fotografía, tan importante no desenvolvemento do cine, e que nos permitirá introducirnos en diversas historias. Utilizamos a técnica de Light painting para xuntar arte, fotografía e literatura.

martes, 17 de decembro de 2024

Breakout en colaboración co CEIP Rosalía de Castro

Durante este trimestre o alumnado realizou, dentro dos obradoiros da biblioteca, un "Breakout" no que tiñan que afrontar unha serie de misións, nas que o obxectivo era obter un código co que poder abrir o cofre. Esta actividade realizouse en colaboración co CEIP Rosalía de Castro (A Coruña), na que se pretendeu achegar a figura destas escritoras galegas ao alumnado de ambos centros, así no noso aprendimos sobre Rosalía de Castro e no outro centro sobre Emilia Pardo Bazán.

Nestas imaxes podedes ver algún dos momentos en ambos centros:

luns, 9 de decembro de 2024

"Estamos en obras" IV

Hoxe visitou a biblioLab o grupo de 4ºB de Educación Infantil. A visita destes artistas produciuse para realizar con diverso material unha instalación artísitica dentro dos obradorios da biblioteca "Estamos en obras". Esta obra estará exposta ata o próximo mércores. Ao principio o material estaba disposto dun xeito que eles decidiron titular como "O circo".

venres, 29 de novembro de 2024

"Estamos en obras" III

Esta semana visitou a biblioLab o grupo de 6ºA de Educación Infantil. A visita destes artistas produciuse para realizar con diverso material unha instalación artísitica dentro dos obradorios da biblioteca "Estamos en obras", esta obra estará exposta ata o próximo luns. Ao principio o material estaba disposto dun xeito que eles decidiron titular como "A pizza".

luns, 18 de novembro de 2024

"Estamos en obras" II

Novo obradoiro creativo de "Estamos en obras" no que o segundo grupo da aula de 6ºB realizou, coa súa mestra Mar, unha nova instalación, que estará aberta ata o próximo mércores. Nesta actividade o respecto é fundamental, por iso tratamos que os artistas pidan o material e xustifiquen para que o necesitan, que desenvolvan valores ademais da súa creatividade. Os artistas comezaron pensando no que podían crear, tiveron que compartir o material que estaba á súa disposición e que formaba nun principio "A selva das casas".