xoves, 20 de xuño de 2024

Compartimos coñecemento

Onte pechamos o proxecto deste curso que adicamos a aprender e descubrir os bosques e montes de Galicia. A intención era colocar e explicar os carteis ao longo co camiño ao monte de San Pedro, pero debido á chuvia tivemos que facelo no pavillón de Los Rosales. Estes son os carteis que temos preparados coa información para que sexa descuberta polos camiñantes ata o monte, no que poderán atopar especies de árbores autóctonas, especies invasoras, flores, especies do bosque submarino, ata como facer un herbario.

Todos os grupos escoitaron e aprenderon o que os demais grupos estiveron investigando. Poderedes aprender máis e coñecer o desenvolvemento do proxecto na web do PDI Paisaxes Encantadas.


Animámosvos a descubrilas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario