xoves, 3 de marzo de 2022

Dous poemas ao día

O próximo 21 de de marzo celebrarase o Día da poesía, pero queremos promocionar este xénero entre o profesorado e alumnado durante todo o mes, así, hoxe comezamos coa iniciativa de "Dous poemas ao día". No momento de entrada ao centro unha mestra/e ou adulto da comunidade educativa do centro soará pola megafonía recitando un poema da súa elección, "Poesía para comezar o día". A intención é que se fale deste poema e que se utilice para algunha actividade dentro da aula.

Na saída tamén soará un poema, "Poesía para rematar o día", neste caso recitado por alumnado voluntario da biblioteca escolar.

Hoxe comezamos coas dúas primeiras propostas por parte da mestra de Educación Infantil Mar e polo voluntario da aula de 6ºD Martín. Na nosa canle de iVoox de "Emilia na onda" iremos publicando os audios de cada xornada.

Gozade coa poesía!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario