Presentamos un ciclo de actividades de promoción da lectura dirixido ás familias do centro dentro do programa de "Lectura e familia" ano que este centro foi incluído. Estas actividades desenvolveranse nos espazos da biblioteca. Estas son as actividades confirmadas ata o momento, no caso de que houbese algunha outra programada anunciariamola coa debida antelación para facilitar a súa asistencia.
O próximo 31 de marzo teremos con nós a Cristina Novoa. A través de "Sobre lectura e crianzas. Claves e recursos" permitirá "estimular o gusto pola mediación lectora entre adultos responsables de nenas ou nenos, no contexto familiar, con aproveitamento dos recursos que o medio máis próximo facilita, como a propia biblioteca escolar, entre outros. Actividade dirixida a nais ou pais, avoas ou avós da comunidade educativa, con crianzas de infantil ou primaria, interesados no fenómeno da lectura e no seu papel de formadores dos pequenos lectores e lectoras."
A inscrición para esta primeira sesión realizarase a través deste formulario,
o aforo é de 20 persoas, aquelas que desexen anotarse
posteriormente entrarán nunha lista de espera que se activará no caso de
que haxa algunha renuncia.
Agardámosvos a todas nestas xornadas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario