luns, 7 de marzo de 2022

A muller e o mar

Retomamos o concurso logo do entroido cunha semana na que celebramos o Día da muller. Para responder ás preguntas desta semana teredes que procurar nos libros que hai na exposición e nos recursos Mergúllate! para atopar a estas mulleres que desafiaron leis e loitaron polos seus dereitos, neste caso no ámbito marítimo.

Estas eran as preguntas da anterior semana:

1. Que palabra denomina o fío moi resistente, xeralmente de nailon, que se utiliza para pescar con cana ou á liña?

A opción correcta era a palabra sedela.

2. Como se chama o lado dereito do barco?

A parte esquerda é babor, a parte dianteira é proa, a traseira é popa, polo tanto a correcta era estribor.

3. A marusía é...

A definición correcta é "Mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación".

4. Cal destas palabras non se corresponde cunha vela dun barco?

Entre as palabras que había como opcións todas eran tipos de vela agás mastro, que é o "poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc."

5. Escribe un poema utilizando dúas palabras das propostas nas preguntas anteriores.



Estas son as poesías que nos enviastes:

Viramos todo a estribor,
partindo ao solpor,
vendo ondas e mareas,
pescando soños con sedelas.

Deixamos atrás A Coruña,
debuxando unha longa estela,
pola noite viaxamos a motor,
seguindo sempre a mesma estrela.

Dixo o capitán:
"navegade sen temor"
e así izamos a nosa vela
con ousadía e valor.

Na longa travesía,
un doce canto escoitamos.
Viña dunha fermosa serea
da cal todos namoramos.


Tiramos a nosa áncora,
comezamos a bailar,
xuntamos as nosas mans

e os seus ollos iluminaron o mar.

Na proa do meu barquiño
l
evo hoxe o meu peixiño.
A relinga lucidora
suxeita a vela a toda hora.




O capitán do barco
non ten mapa nin coñece o mar
a babor os covardes
e a estribor os demais.


Eu vou vixiando na proa
as tormentas chegarán
teño medo aos monstros
que ao noso barco atacarán.




O capitán do barco
non ten bruxula
a babor os covardes
e a estribor os demais.

Eu vou vixiando na proa
as tormenta chegarán
teño medo aos monstros
que ao noso barco atacarán.

Estas son as preguntas desta semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario