luns, 14 de marzo de 2022

O mar e a tecnoloxía

Os faros foron unha solución, que aparece hai moitos anos, para tratar de aumentar a seguridade no mar, para comunicarse a grandes distancias, controlar o paso dos barcos nalgúns lugares, como torres de viaxiancia... aínda que tamén é certo que nalgunha ocasión foron usados como estratexias para facer naufragar barcos. Ao longo do mundo hai diversos tipos de faros que foron evolucionando tanto na ubicación, na tecnoloxía usada, como no tipo de construción. Esta semana vois animamos a que aprendades máis sobre os faros procurando a información necesaria para respomder ás preguntas do concurso.

Estas eran as preguntas da semana anterior:

1. Jeanne Baret foi a primeira muller da historia en dar a volta ao mundo desafiando as leis do seu país. Ao servizo de que país realizou esta viaxe de circunnavegación?

Francia foi o país que promoveu esta viaxe capitaneada por Bougainville.

2. Jean tivo que disfrazarse de home para poder participar na expedición, onde se cre que descubriron que era unha muller?

Estímase que foi en Tahití no lugar que descubriron que era unha muller, aínda que estivon a piques de ser descuberta en outras paradas desta viaxe.

3. Sylvia Earle é unha gran activista no coidado e conservación dos océanos. Ademais de exploradora e de realizar documentais para National Geographic, cal é a súa profesión?

Bióloga mariña é a profesión de Sylvia Earle.

4. Laura Dekker, muller neozelandesa que deu a volta ao mundo nun veleiro, cantos días tardou en completala?

Esta viaxe levoulle un total de 518 días.

5. Nomeade a unha muller que sexa importante para vós e explicade o motivo.

Estas son as preguntas desta semana:

EMILIA PARDO BAZÁN, é importante para nós porque da o nome ao noso colexio, porque foi unha muller que rompeu as leis e as normas, porque loitou pola nosa lingua e ademáis escribiu moitos libros e contos.

A miña nai porque:

- Fai máis por min que por ela.

- Fai de min mellor persoa.

- É o meu apoio fundamental.

- Quéreme incondicionalmente.

- Axúdame en todo momento.

- É quen de sacarme un sorriso.

A miña avoa:

- Deixou o seu traballo para coidarme.

- Antepón o meu coidado ao seu descanso.

- Demóstrame día a día que podo contar co seu apoio.

- Está sempre ao meu carón aínda que estea lonxe fisicamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario