luns, 28 de marzo de 2022

Mares e océanos

Como xa sabedes, na Terra a maior parte da súa superficie está ocupada por auga, esta organízase, entre outras, en mares e océanos. Esta semana deberedes procurar nos recursos dixitais sobre "xeografía" que tedes no repositorio e tamén nos libros que tedes na exposición para poder responder ás preguntas que se propoñen.

Estas eran as preguntas da semana anterior:

1. Como se chama o deus grego do mar?

A opción correcta era a de Poseidón.

2. Cal destes seres mitolóxicos non é unha serea?

Entre as opcións que se propoñían era o Leviatán, que é un ser mítico que aparece na Biblia, o único que non era unha serea.

3. Que é o Ahuitzotl?

O Ahuitzotl era unha criatura mitolóxica da cultura maia que vivía nun lago.

4. Que é o tritón?

O tritón era un serr mitolóxico da cultura grega coa metade superior de home e a metade inferior de peixe.

5. Describe un ser mitolóxico relacionado co mar que che guste.

Salacia: É a deusa divina do mar. Foi a muller do rei Neptuno. Pertence á mitoloxía romana. É a personificación tranquila e solleira do mar. Salacia en latín significa "sal". Represéntase como unha ninfa coroada con algas mariñas, vestida cunha túnica de raíña con redes no seus cabelos. Aparece ás veces con Neptuno, nun carro adornado con perlas e golfiños, cabaliños de mar ou outras criaturas fabulosas das profundidades do mar. Igual que o resto das ninfas, ten a capacidade de controlar a auga (hidroquinese) e os animais mariños. Tamén se coñece como a deusa dos mananciais.

Poseidón é o deus do mar. Ten un tridente co que pode facer tsunamis, tormentas...Ten un fillo que se chama Tritón e o seu carro vai tirado por hipocampos. O seu corpo é metade home, metade peixe. Tivo rivalidade coa deusa Atenea. Tivo moitos amores e varios descendentes coma o cíclope, Pegaso...

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario