En todas as culturas xurdiron ao redor do mar lendas e seres mitolóxicos que xustificaban naufraxios, raptos ou outro tipo de acontecementos. Esta semana teredes que procurar información sobre seres mitolóxicos relacionados co mar.
Estas eran as preguntas da semana anterior:
1. A hipótese da orixe dos faros remóntase ao 700 ac, xa que aparece en obras de Homero. Como eran nesa época os faros?
A hipótese que, segundo os expertos, ten máis probabilidade é que se usaban lumes que servían para guiar aos mariñeiros e para sinalizar a terra aos barcos.
2. Cal foi o faro promovido por Ptolomeo?
En Exipto construíuse o Faro de Alexandría.
3. Que orixe ten a Torre de Hércules?
O faro en funcionamento máis antigo ten orixe romana.
4. Cal destes faros non está en Galicia?
O Farol de Sagres atópase en Portugal.5. Describe coas túas palabras como funciona un faro.
Ten no interior da torre unha bombilla xigante que xira a través dun mecanismo para alumear aos barcos cando hai néboa ou non se pode ver.Estas rodas que xiran son engranaxes.
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario