mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro. Como xa se publicou semanas atrás esta celebración, que ata agora se facía o 24 de febreiro, debido ao recente descubrimento fai que esta data se traslade a un día antes, podedes acceder á información na páxina web da Fundación Rosalía de Castro.

Á xa tradicional Alborada que soa pola megafonía do centro no momento de saír, hoxe engadirase a melodía de Uxía "Rosalía Pequeniña". Convidámosvos a que vos pasedes pola exposición diante da biblioteca e leades na clase algún poema da autora galega.

Desde a Asociación de escritoras e escritores en ligua galega (AELG) distribuíron un manifesto escrito por Beatriz Maceda titulado Pensar[TE] libre. Tamén podedes acceder a algunhas das súas propostas na páxina web da Asociación.

Tamén vos podedes animar a participar no concurso de Mérgúllate na información e escribir un poema igual que facía Rosalía de Castro. Tamén podedes acceder ao repositorio con actividades que realizou o EDLG na páxina web do centro.

Feliz Día de Rosalía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario