martes, 23 de xuño de 2026

PILAR NOS CONTA COUSAS SOBRE O BARRIO DOS ROSALES

O pasado luns 15 de xuño a nosa veciña Pilar visitou o grupo de 4ºC para contarlles como era o barrio vai 70 anos. 

O que máis lles chamou a atención foi que era unha pequena aldea con casiñas de pedra e as súas lareiras e cuadras para os animais. Tiñan que recoller a auga na fonte con sellas e para pasar á cidade a vender tiñan que pagar un "fialato". 

E a que non sabedes que o noso cole era unha canteira? Para chamar por teléfono ían ao Bar La Parra e tamén recibían os recados alí pero tamén sabían novas grazas ás campás da igrexa. 

Pilar dixo que agora estaba contenta no barrio porque tiña moitas cousas: centro médico, colexios, comercios... pero que votaba en falta a colaboración entre veciños e veciñas porque se coñecían todos e a aos alumnos e alumnas de 4º o que máis lles gustou foi imaxinar os xogos en tanto espazo como tiñan.

O grupo de 4ºC agradécelle a Pilar a súa visita  xa que reviviron con ela aquela época na que comezaba todo no barrio dos Rosales.


Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario